Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 17:
}}
[[Ficheiro:Dinophysis acuminata.jpg|thumb|dereita|O dinoflaxelado ''Dinophysis acuminata''.]]
Os '''dinoflaxelados''' ou '''''Dinoflagellata''''' (do grego δῖνος, ''dinos'', "xiro, rotación" <ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 7. Páxina 337. ISBN 84-7680-295-1 (do tomo)</ref>, e do latín ''flagellum'', "látego") son un importante grupo de [[protista]]s [[flaxelado]]s. A maioría son especies [[plancto|planctónicas]] mariñas, pero tamén son abondosas en augas doces, salobres e mesmo na neve e xeo. As súas poboacións están distribuídas dependendo da temperatura da auga, salinidade e profundidade. Moitos dinoflaxelados son [[fotosíntese|fotosintéticos]], pero unha gran parte deles son en realidade [[mixotrofía|mixotróficos]], é dicir, combinan a fotosíntese coa inxestión de presas. <ref>Stoecker D K. [http://www.hpl.umces.edu/faculty/stoeckercv.html "Mixotrophy among dinoflagellates."] J Eukaryotic Microbiol, 46(4): 397-401, 1999.</ref> Os dinoflaxelados son o principal grupo de [[Célula eucariótica|eucariotas]] mariños xunto coas [[diatomea]]s. O feito de seren produtores primarios fai deles unha parte importante das cadeas alimenticias acuáticas. Algunhas especies, chamadas [[zooxantela]]s, son [[endosimbiose|endosimbiontes]] de animais mariños e xogan un papel importante na bioloxía dos [[arrecife de coral|arrecifes de coral]]. Outros dinoflaxelados son predadores incoloros doutros protozoos, e unhas poucas formas son [[parasito|parasitas]] (por exemplo, ''[[Oodinium]]'' ou ''[[Pfiesteria]]''). Os dinoflaxelados presentan estados de repouso chamados cistos ou [[quiste de dinoflaxelado|quistes de dinoflaxelados]] ou [[dinoquiste]]s, como parte dos seus ciclos de vida.
 
Os dinoflaxelados son considerados [[protista]]s, clasificados na súa propia división, os Dinoflagellata.<ref name="Fens1993">Fensome R. A., F. J. R. Taylor, G. Norris, W. A. S. Sarjeant, D. I. Wharton, and G. L. Williams. 1993. A classification of living and fossil dinoflagellates. Micropaleontology Special Publication 7, Sheridan Press, Hanover, Pennsylvania, USA.</ref>
 
Foron descritas arredor de 1.555 especies de dinoflaxelados mariños de vida libre. <ref name="GÓMEZ, F 2005">GÓMEZ, F. 2005. A list of free-living dinoflagellate species in the world’s oceans. Acta Botanica Croatica, 64 (1): 129-212.</ref> Outra estimación máis ampla suxire a existencia de preto de 2.000 especies, das cales máis de 1.700 son mariñas e unhas 220 de augas doces. <ref>Taylor, F. J. R., M. Hoppenrath, and J. F. Saldarriaga. 2008. Dinoflagellate diversity and distribution. Biodiv. Cons. 17:407-418.</ref>
 
Nas floracións de algas ([[marea vermella|mareas vermellas]]) os dinoflaxelados poden orixinar unha coloración visible das augas, o que explica a denominación marea vermella.
 
Escribíronse moitos resumos (''revisións'') da información coñecida sobre os dinoflaxelados. <ref name="Fens1993"/><ref>Spector, D. L., ed. 1984. Dinoflagellates. New York, Academic Press.</ref><ref>Taylor, F.J.R. (ed.), 1987: The Biology of Dinoflagellates. Botanical Monographs, Volume 21 . Oxford: Blackwell Scientific Publications, 785 pp.</ref><ref>Edwards, L.E., 1993: Chapter 7: Dinoflagellates. In: Lipps, J.H. (ed.), Fossil Prokaryotes and Protists. Boston: Blackwell Scientific Publications, 105-129.</ref>
 
== Historia ==
 
En 1753, os primeiros dinoflaxelados modernos foron descritos por Henry Baker como "Animálculos que causan os escintileos de luz no mar",<ref>Baker, M., 1753. Employment for the microscope. Dodsley, London, 403 pp.</ref> e deulles o seu nome [[Otto Friedrich Müller]] en 1773.<ref> Müller, O.F. 1773. Vermium terrestrium et fluviatilium, seu Animalium Infusoriorum, Helmithicorum et Testaceorum, non marinorum, succincta historia, vol. 1. Pars prima. p. 34, 135. Faber, Havniae, et Lipsiae 1773.</ref> O termo deriva de δῖνος (''dinos''), que significa "xiro, rotación" en grego (non confundir con ''dinein'', "terrible", como no termo dinosauro), e de ''flagellum'', que significa "látego" en latín.
 
Na década de 1830, o microscopista alemán C.G. Ehrenberg examinando moitas mostras de auga e [[plancto]], propuxo varios xéneros de dinoflaxelados que aínda se usan hoxe, como ''[[Peridinium]], Prorocentrum'' e ''Dinophysis''.
 
Estes dinoflaxelados foron situados por [[Otto Bütschli]] en 1885 na orde de [[flaxelado]]s Dinoflagellida. <ref>Bütschli O. (1885) 3. Unterabtheilung (Ordnung) Dinoflagellata. – In: Dr. H.G. Bronn’s Klassen und Ordnungen des Thier-Reichs, wissenschaftlich dargestellt in Wort und Bild. Erster Band Protozoa. – C.F. Winter’sche Verlagshandlung, Leipzig und Heidelberg. Pp. 906-1029; Pl.</ref> Os botánicos tratáronos como unha división das algas, que denominaron '''Pyrrhophyta''' ("algas de lume" en grego) debido ás formas [[bioluminescencia|bioluminescentes]] do grupo, ou '''Dinophyta'''. En diversos momentos, as clasificacións incluíron entre eles ás [[criptomónada]]s, [[ebriída]]s, e [[ellobiópsida]]s, pero só as últimas se consideran hoxe emparentadas con eles. Os dinoflaxelados teñen a capacidade de transformarse de formas non formadoras de quistes a formadoras, o cal fai que tracexar a súa historia evolutiva sexa moi difícil.
 
== Clasificación ==
Liña 40:
A maioría, pero non todos, dos dinoflaxelados teñen un dinocarion, descrito na sección do "ciclo de vida" de máis abaixo. Os dinoflaxelados con dinocarion clasifícanse como [[Dinokaryota]], e os dinoflaxelados sen dinocarion clasifícanse como [[Syndiniales]].
 
Aínda que se clasifican como [[Célula eucariótica|eucariotas]], os núcleos dos dinoflaxelados non son os núcleos eucarióticos característicos, xa que carecen de [[histona]]s, [[nucleosoma]]s e manteñen os cromosomas permanentemente condensados durante a [[mitose]]. De feito, Dodge (1966) <ref>Dodge (1966). Cited but unreferenced in Steidinger, K.A. and Jangen, K. (1996). Dinoflagellates, p.387-584. In: Tomas, C.R. (1997). Identifying Marine Diatoms and Dinoflagellates. Academic Press.</ref> denominou o núcleo dinoflaxelado como "mesocariótico", debido a que presenta características intermedias entre as áreas de ADN enroladas das [[bacteria]]s ([[procariota]]s) e o núcleo ben definido eucariótico. Porén, este grupo contén [[orgánulo]]s tipicamente eucarióticos, como o [[aparato de Golgi]], [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s. <ref>Steidinger, K.A. and Tangen, K. (1996). Dinoflagellates, p.387-584. In: Tomas, C.R. (1997). Identifying Marine Diatoms and Dinoflagellates. Academic Press.</ref>
 
Jakob Schiller (1931–1937) fixo a descrición de todas as especies mariñas e de auga doce coñecidas no seu tempo. <ref>SCHILLER, J., 1931–1937: Dinoflagellatae (Peridinineae) in monographischer Behandlung. In: RABENHORST, L. (ed.), Kryptogamen-Flora von Deutschland, Österreichs und der Schweiz. Akad. Verlag., Leipzig. Vol. 10 (3): Teil 1 (1–3) (1931–1933): Teil 2 (1–4)(1935–1937).</ref> Posteriormente, Alain Sournia (1973, 1978, 1982, 1990, 1993) listou as novas entradas taxonómicas publicadas despois de Schiller (despois de 1937) <ref>Sournia, A., 1973: Catalogue des espèces et taxons infraspécifiques de dinoflagellés marins actuels publiés depuis la révision de J. Schiller. I. Dinoflagellés libres. Beih. Nova Hedwigia 48, 1–92.</ref><ref>Sournia, A., 1978: Catalogue des espèces et taxons infraspécifiques de dinoflagellésmarins actuels publiés depuis la révision de J. Schiller. III (Complément). Rev. Algol.,n.s. 13, 3–40 +erratum 13, 186.</ref><ref>Sournia, A., 1982: Catalogue des espèces et taxons infraspécifiques de dinoflagellésmarins actuels publiés depuis la révision de J. Schiller. IV. (Complément). Arch. Protist.126, 151–168.</ref><ref>Sournia, A., 1990: Catalogue des espèces et taxons infraspécifiques de dinoflagellésmarins actuels publiés depuis la révision de J. Schiller. V. (Complément). Acta Protozool.29, 321–346.</ref>
.<ref>Sournia, A., 1993: Catalogue des espèces et taxons infraspécifiques de dinoflagellésmarins actuels publiés depuis la révision de J. Schiller. VI. (Complément). Cryptog.Algol. 14, 133–144.</ref> Sournia (1986) fixo as descricións e ilustracións dos xéneros mariños de dinoflaxelados, pero excluíndo información a nivel de especie.<ref>SOURNIA, A., 1986: Atlas du Phytoplancton Marin. Vol. I: Introduction, Cyanophycées,Dictyochophycées, Dinophycées et Raphidophycées. Editions du CNRS, Paris.</ref> Os últimos índices foron elaborados por Gómez.<ref name="GÓMEZ, F 2005"/>
 
== Identificación ==
Hai monografías para a identificación de gran número de especies propias do golfo de México,<ref>Steidinger, K. A., and J. Williams. 1970. Memoirs of the Hourglass Cruises. Vol. II, Marine Res. Lab., Florida.</ref> océano Índico,<ref>Taylor, F. J. R. 1976. Dinoflagellates from the International Indian Ocean Expedition. Biblioteca Botanica 132:1-234, pls. 1-46.</ref> as Illas Británicas, <ref>Dodge, J. D. 1982. Marine Dinoflagellates of the British Isles. Her Majesty’s Stationary Office, London.</ref> o Mediterráneo <ref>Gómez, F. 2003. Checklist of Mediterranean free-living dinoflagellates. Bot. Mar. 46:215-242.</ref> e o mar do Norte. <ref>Hoppenrath, M.; Elbrächter, M.; Drebes, G. (2009). Marine phytoplankton: selected microphytoplankton species from the North Sea around Helgoland and Sylt. E. Schweizerbart'sche Verlagsbuchhandlung (Nägele und Obermiller): Stuttgart. ISBN 978-3-510-61392-2. 264 pp.</ref>
 
A principal fonte de identificación dos dinoflaxelados de auga doce é a ''Süsswasser Flora''. <ref>POPOVSKÝ J. & PFIESTER L.A. 1990. Dinophyceae (Dinoflagellida). In: Süßwasserflora von Mitteleuropa. Begründet von A. Pascher. Band 6 (Ed. by H. Ettl,J. Gerloff,H. Heynig. & D. Mollenhauer). Gustav Fischer Verlag, Jena, 272 pp.</ref>
 
== Morfoloxía ==
[[Ficheiro:dinoflagellata theca cingulum sulcus.svg|miniatura|esquerda|200px|Estrutura dun dinoflaxelado: 1-Placa da teca, 2-Cíngulo co flaxelo transversal, 3-sulco co flaxelo lonxitudinal.]]
[[Ficheiro:Dinoflagellata.svg|miniatura|esquerda|200px|Representación esquemática de tres especies de dinoflaxelados.]]
 
 
Os dinoflaxelados son organismos unicelulares con dous [[flaxelo]]s distintos que saen da súa parte central ('''flaxelación dinoconta'''). Teñen un flaxelo transversal similar a unha fita ondulada que bate cara á parte esquerda da célula, e outro con características máis normais lonxitudinal, que bate na parte posterior.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Taylor FJR |title=Non-helical transverse flagella in dinoflagellates |journal=Phycologia |volume=14 |pages=45–7 |date=March 1975 |doi=10.2216/i0031-8884-14-1-45.1 |url=http://www.phycologia.org/doi/abs/10.2216/i0031-8884-14-1-45.1}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |author=Leblond PH, Taylor FJ |title=The propulsive mechanism of the dinoflagellate transverse flagellum reconsidered |journal=BioSystems |volume=8 |issue=1 |pages=33–9 |date=April 1976 |pmid=986199 |doi=10.1016/0303-2647(76)90005-8|last2=Taylor}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |author=Gaines G, Taylor FJR |title=Form and function of the dinoflagellate transverse flagellum |journal=J. Protozool. |volume=32 |issue=2 |pages=290–6 |date=May 1985 |doi=10.1111/j.1550-7408.1985.tb03053.x |url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1550-7408.1985.tb03053.x/abstract|last2=Taylor}}</ref> No flaxelo transversal con forma de fita só o bordo externo da fita ondula desde a base ao extremo, debido á acción do axonema que o percorre. O seu bordo axonemal ten pelos simples que poden variar en lonxitude. O flaxelo lonxitudinal é bastante convencional e ten poucos ou ningúns pelos, e bate con só un ou dous períodos na súa onda. Os flaxelos están xeralmente situados en sucos que hai na superficie celular, aínda que nas especies con '''flaxelación desmoconta''' (como ''Porocentrum''), estes non están asociados a sucos. Estes dous sucos reciben os nomes de sulco (''sulcus''), para o flaxelo lonxitudinal, e cíngulo (''cingulum''), para o flaxelo transversal. O flaxelo transversal é o que proporciona a maior parte da forza propulsora da célula, e a miúdo dálle á célula un característico movemento xiratorio, do cal este grupo recibe o seu nome (''dinos'', xirar). O flaxelo lonxitudinal actúa principalmente como un temón, pero tamén proporciona unha pequena cantidade de forza propulsora.
 
Os dinoflaxelados presentan unha complexa cuberta celular chamada [[anfiesma]], composta de [[vesícula]]s aplanadas chamadas alvéolos. Nos dinoflaxelados con armadura, esta cuberta sostén placas de [[celulosa]] superpostas que crean unha especie de armadura chamada teca, que os diferencia dos dinoflaxelados espidos. A teca pode ter varias formas e disposicións, dependendo das especies e ás veces do estado no que se encontre o dinoflaxelado. Convencionalmente, tense usado o termo [[tabulación]] para referirse a estas diferentes disposicións das placas tecais. Existen seis tipos de tabulacións: ximnodinoide, suessoide, goniaulacoide-peridinioide, nanoceratopsioide, dinofisioide e prorocentroide. A formación das placas da teca foi examinada en detalle por medio de estudos ultraestruturais. <ref>Netzel, H., and G. Dürr. 1984. Dinoflagellate cell cortex. In Spector, D. L., ed. Dinoflagellates. Chapt. 3. New York: Academic Press.</ref>
A teca dos dinoflaxelados pode afundirse rapidamente ata o leito do mar en forma da chamada [[neve mariña]]. <ref>Alldredge et al., 1998
A.L. Alldredge, U. Passow, S.H.D. Haddock
The characteristics and transparent exopolymer particle (TEP) content of marine snow formed from thecate dinoflagellates
J. Plankton Res., 20 (1998), pp. 393–406.</ref>
 
Tamén se encontran [[extrusoma]]s fibrosos de moitas formas. Xunto con outros detalles xenéticos e estruturais, esta organización indica unha estreita relación entre os dinoflaxelados, os [[Apicomplexa]], e os [[ciliado]]s, agrupados no supergrupo [[alveolado]]s. <ref> CAVALIER-SMITH, T. 1991. Cell diversification in heterotrophic flagellates. In D. J. Patterson and J. Larsen [eds.], The biology of free-living heterotrophic flagellates, 113–131. Clarendon Press, Oxford, UK. </ref>
 
Os [[cloroplasto]]s da maioría dos dinoflaxelados fotosintéticos están envoltos por tres membranas, o que suxire que probablemente se orixinaron a partir de algas inxeridas. A maioría das especies fotosintéticas conteñen [[clorofila]]s [[clorofila a|''a'']] e [[clorofila c|''c2'']], o [[carotenoide]] [[beta-caroteno]], e un grupo de [[xantofila]]s que parece ser exclusivo dos dinoflaxelados, tipicamente [[peridinina]], dinoxanthina, e diadinoxantina. Estes [[pigmento biolóxico|pigmentos]] danlle a moitos dinoflaxelados a súa distintiva cor castaña dourada. Porén, algún dinoflaxelados adquiriron outros pigmentos por medio de [[endosimbiose]], como a [[fucoxantina]] <ref> Hackett, J. D. et al. 2004. “Dinoflagellates: a remarkable evolutionary experiment.” American Journal of Botany 91: 1523-1534. </ref>.
Isto suxire que os seus cloroplastos foron incorporados en varios eventos endosimbióticos que implicaron a formas xa pigmentadas ou que secundariamente perderan a cor. A descuberta de [[plasto]]s nos [[Apicomplexa]] fixo que algúns suxerisen que os herdaron dun antepasado común aos dous grupos, pero ningunha das liñas basais os ten.
A célula dos dinoflaxelados consta dos orgánulos máis comúns como o [[retículo endoplasmático]] rugoso e liso, [[aparato de Golgi]], [[mitocondria]]s, lípidos e [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] de [[amidón]] e [[vacúolo]]s alimenticios. Algúns teñen un orgánulo sensible á luz, o punto ocular ou estigma, ou un gran [[núcleo celular|núcleo]] que contén un prominente [[nucléolo]]. O dinoflaxelado ''Erythropsidium'' ten o ollo máis pequeno coñecido. <ref name="Schwab">{{Cita publicación periódica | last=Schwab | first=IR | title=You are what you eat | journal=British Journal of Ophthalmology | volume=88 | issue=9 | pages=1113 | publisher=BMJ Group | year=2004 | pmid=15352316 | doi=10.1136/bjo.2004.049510 | pmc=1772300}}</ref>
 
Algunhas especies teñen un esqueleto interno que consiste en dous elementos silíceos con forma estrelada con función descoñecida, e poden atoparse tamén como [[microfósil]]es. Tappan<ref> Tappan, H. 1980. The Paleobiology of Plant Protists. Freeman and Company, San Francisco, 1028 pp. </ref> fixo un amplo estudo dos dinoflaxelados con esqueletos internos, que inclúe a primeira descrición detallada dos [[pentáster]]es en ''Actiniscus pentasterias'', baseada en observacións con microscopio electrónico de varrido.
 
== Endosimbiontes ==
A maioría das [[zooxantela]]s son dinoflaxelados. A asociación entre dinoflaxelados e os [[Coral (animal)|corais]] de arrecife é moi coñecida, pero os endosimbiontes dinofaxelados viven nun gran número doutros invertebrados e protistas, por exemplo moitas [[actiniarios|anemones]], [[augamar]]es, [[nudibranquio]]s, e a ameixa xigante ''[[Tridacna]]'', e en varias especies de [[radiolarios]] e [[foraminífero]]s. <ref>Trench, R. K. 1997. Diversity of symbiotic dinoflagellates and the evolution of microalgal-invertebrate symbioses. In Lessios, H. A., and I. G. MacIntyre eds. Proceedings of the eighth international coral reef symposium 2:1275-1286. Smithsonian Tropical Research Institute, Balboa, Panama.</ref> Moitos dos dinoflaxelados existentes son [[parasito]]s (aquí definidos como organismos que comen a súa presa desde o interior, é dicir, [[endoparasito]]s, ou que permanecen unidos ás súas presas durante longos períodos de tempo, é dicir, [[ectoparasito]]s). Poden parasitar hóspedes animais ou protistas. ''Protoodinium'', ''Crepidoodinium'', ''Piscinoodinium'' (ou ''Oodinium'') e ''Blastodinium'' reteñen os seus [[plasto]]s mentres se alimentan nos seus hóspedes peixes ou zooplanctónicos. Na maioría dos dinoflaxelados parasitos o estadio infectivo parécese a unha célula móbil típica de dinoflaxelado.
 
== Modo de alimentación ==
Entre os dinoflaxelados hai especies autótrofas, fagótrofas, simbiontes e parasitas; a metade das especies son fotosintéticas e a outra metade non. Porén, as especies completamente autótrofas son moi raras. <ref>Schnepf, E., and M. Elbrächter. 1992. Nutritional strategies in dinoflagellates: a review with emphasis on cell biological aspects. Eur. J. Protistol. 28:3-24.</ref> Algúns [[taxon]]s teñen máis dunha estratexia nutricional (mixotróficas); por exemplo, as especies do xénero ''Protoperidinium'' poden ser tanto parasitas coma fotosintéticas. <ref name="Fens1993"/>
 
As inclusións alimenticias atopadas nos dinoflaxelados conteñen bacterias, cianobacterias, diatomeas, ciliados e outros dinoflaxelados. <ref>Kofoid, C. A. and O. Swezy: The free-living unarmoured dinoflagellata. Mere. Univ. Calif. 5, 1-538</ref><ref name="ReferenceA">Barker, H. A.: The culture and physiology of the marine dinoflagellates. Arch. Mikrobiol. 6, 157-181.</ref><ref>Biecheler, B.: Recherches sur les Peridiniens, Bull. biol. Fr. Belg.
36 (Suppl.), 1-149</ref><ref name="ReferenceB">Bursa, A_ S.: The annual oceanographic cycle at Igloolik in the Canadian Arctic. II. The phytoplankton. J. Fish. Res. Bd Can. 18, 563-615</ref><ref>Norris, D. R.: Possible phagotrophic feeding in Ceratium lunula Schimper. Limnol. Oceanogr. 14, 448-449</ref><ref name="ReferenceC">Dodge, J. D. and R. M. Crawford: The morphology and fine structure of Ceratium hirundinella (Dinophyceae). J. Phycol. 6, 137-149</ref><ref>Elbrachter, M.: On the taxonomy of unarmored dinophytes (Dinophyta) from the Northwest African upwelling region. "Meteor" ForschErgebn. (Ser. D) 30, 1-22</ref>
 
Os mecanismos de captura e inxestión nos dinoflaxelados son bastante diversos. Varios dinoflaxelados, tanto tecados (por exemplo, ''[[Ceratium]] hirundinella'',;<ref name="ReferenceC"/> ''[[Peridinium]] globulus'',<ref name="ReferenceB"/>) coma non tecados (como ''[[Oxyrrhis marina]]'',;<ref name="ReferenceA"/> ''[[Gymnodinium]]'' sp.,;<ref>Frey, L. C. and E. F. Stoermer: Dinoflagellate phagotrophy in the upper Great Lakes. Trans. Am. microsc. Soc. 99, 439-444.</ref> e ''Kofoidinium'' spp.,<ref>Cachon, P. J. et M. Cachon: Le systeme stomatopharyngien de Kofoidinium Pavillard. Comparisons avec celui divers Peridiniens fibres et parasites. Protistologica 10, 217-222</ref>), atraen as presas á rexión sulcal da célula (por medio da creación de correntes de auga polo movemento flaxelar ou pola extensión de [[pseudópodo]]s) e inxiren a presa a través do suco. ''Protoperidinium conicum'' saca un gran veo de alimentación para capturar presas, que son despois dixeridas extracelularmente. <ref>Gaines, G. and F. J. R. Taylor: Extracellular digestion in marine
dinoflagellates. J. Plankton Res. 6, 1057-1061</ref> ''Katodinium (Gymnodinium) fungiforme'', que se encontra comunmente como un contaminante en cultivos de algas ou ciliados, aliméntase uníndose á súa presa e inxerindo o citoplasma das presas por medio dun pedúnculo extensible. <ref>Spero, H. J.: Phagotrophy in Gymnodinium fungiforme (Pyrrophyta): the peduncle as an organelle of ingestion. L Phycol. 18, 356-360</ref> Os mecanismos de alimentación dos dinoflaxelados oceánicos non se coñecen, pero observáronse extensións de pseudópodos en ''Podolampas bipes''. <ref>Schutt, F.: Die Peridineen der Plankton-Expedition. 2. Teil, Studien iiber die Zellen der Peridineen, Ergebn. Atlant. Ozean Planktonexped. Humboldt-StiR. 4, 1-170.</ref>
 
== Ciclo de vida ==
[[Ficheiro:Dinoflagellata Life Cycle.svg|miniatura|dereita|300px|Ciclo de vida dun dinoflaxelado: 1-Fisión binaria, 2-Reprodución sexual, 3-Planocigoto, 4-Hipnocigoto, 5-Planomeiocito.]]
 
A maioría dos dinoflaxelados teñen unha forma peculiar do [[núcleo celular]], chamada '''dinocarion''', no cal os [[cromosoma]]s están unidos á membrana nuclear. Os cromosomas carecen de [[histona]]s e permanecen condensados a través de toda a [[interfase]] en vez de só durante a [[mitose]], que é pechada (dentro da [[envoltura nuclear]]) e implica un único [[fuso acromático]] externo <ref> Spector, D. L. 1984. Dinoflagellate nuclei. In D. L. Spector [ed.], Dinoflagellates,
107–147. Academic Press, Inc., Orlando, Florida, USA.</ref>. Este tipo de núcleo era antes considerado unha forma intermedia entre a rexión [[nucleoide]] dos [[procariota]]s e o núcleo verdadeiro dos [[Célula eucariótica|eucariotas]], polo que foi denominado mesocariótico, pero agora considérase que ten características avanzadas en vez de primitivas.
 
Na maioría dos dinoflaxelados, o núcleo é [[dinocariótico]] en todo o seu ciclo de vida. Son especies xeralmente [[haploide]]s, e reprodúcense principalmente a través de [[fisión binaria]], pero tamén se realiza a [[reprodución sexual]]. <ref>Rapport, Josh. [http://www.mbari.org/staff/conn/botany/dinos/repro.htm "Dinoflagellate reproduction."] DinoflagellateHabitat, Ecology, and Behavior (05 Jan. 2005). URL accessed on 5 February 2006.</ref> Esta ten lugar por fusión de dous individuos para formar iun [[cigoto]], que pode conservar a mobilidade á maneira típica dos dinoflaxelados ou pode orixinar un estado de repouso, o chamado [[quiste de dinoflaxelado]] ou [[dinoquiste]], que posteriormente sofre a [[meiose]] para producir novas células haploides.
 
Cando as condicións son desfavorables, normalmente cando os nutrientes se van esgotando ou non hai luz dabondo, algunhas especies de dinoflaxelados alteran os seus ciclos de vida substancialmente. Dúas células vexetativas fusiónanse formando un planocigoto (móbil). Despois pásase a un estadio que non é moi diferente a unha hibernación chamado hipnocigoto, no que o organismo acumula un exceso de graxas e aceites (reserva enerxética). Ao mesmo tempo, o seu corpo alóngase e a cuberta faise máis dura. Ás veces mesmo se lle forman espículas na superficie. Cando a climatoloxía o permite, estes dinoflaxeldos rompen as súas cubertas e pasan a un estadio temporal chamado planomeiocito, no que reforman rapidamente a súa teca e tornan a ser dinoflaxelados como os do principio do proceso.
Liña 97 ⟶ 96:
Os dinoflaxelados ás veces poden orixinar floracións explosivas de algas en concentracións de máis dun millón de células por mililitro. Algunhas especies producen [[neurotoxicidade|neurotoxinas]], que en tales cantidades matan o peixe e acumúlanse en animais que se alimentan por filtración como moitos [[bivalvo]]s ([[mexillón]] por exemplo), polo que a toxina pode pasar á xente que os coma. Este fenómeno denomínase [[marea vermella]] debido á cor que adquiren as augas onde se produce esta proliferación de dinoflaxelados. Algúns dinoflaxelados non [[pigmento|pigmentados]] poden tamén orixinar floracións tóxicas, como ''[[Pfiesteria]]''. Algunhas floracións de dinoflaxelados non son perigosas. Algúns escintileos de luz visibles na auga do océano pola noite proceden de floracións de dinoflaxelados [[bioluminescencia|bioluminescentes]], que emiten curtas emisións de luz condo son perturbados.
 
As mareas vermellas mencionadas prodúcense xeralmente cando os dinoflaxelados poden reproducirse de forma rápida e intensa ao abundaren os nutrientes na auga. <ref>{{cita libro
|autor=Faust, M.A.; Gulledge, R.A.
|título=Identifying Harmful Marine Dinoflagellates
Liña 108 ⟶ 107:
|accessdate=2007-05-18
}}</ref> Un portador específico das toxinas dos dinoflaxelados son os bivalvos, o consumo dos cales pode producir enfermidades letais ou menos graves. Unha das toxinas é a [[saxitoxina]], un poderoso paralizador. Os vertidos humanos de fosfatos nas augas favorecen estas mareas vermellas.
A ecoloxía das floracións de algas tóxicas foi moi estudada. <ref>Granéli, E., and J. T. Turner. eds. 2006. Ecology of harmful algae. Ecological Studies, Vol. 189. Berlin Heidelberg, Springer Verlag.</ref>
 
== Produción de lípidos e esterois ==
Os dinoflaxelados producen lípidos e [[esterol|esterois]] característicos <ref> WITHERS, N. 1987. Dinoflagellate sterols. In F. J. R. Taylor [ed.], The biology
of dinoflagellates, 316–359. Blackwell, Oxford, UK. </ref>. Un destes esterois é típico dos dinoflaxelatos e denomínase [[dinosterol]].
 
== Bioluminescencia ==
[[Ficheiro:Noctiluca scintillans.jpg|miniatura|dereita|Bioluminescencia de ''[[Noctiluca scintillans]]''.]]
Pola noite, ás veces a auga pode ter unha aparencia escintilante debido á [[bioluminescencia]] dos dinoflaxelados. <ref>{{cita libro|autor=Castro, Peter; Huber, michael E.|título=Marine Biology|ano=2010|editor=McGraw Hill|lugar=New York|páxinas=95|edición=8}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|last=Hastings|first=J. Woodland|title=Chemistries and colors of bioluminescent reactions: a review|journal=Gene|year=1996|volume=172|issue=1|pages=5–11}}</ref> Polo menos 18 xéneros de dinoflaxelados son bioluminescentes, e a maioría deles (como [http://www.mbari.org/staff/conn/botany/dinos/alimon/biolumin.htm ''Gonyaulax'']) emiten unha [[lonxitude de onda]] verde-azulada. Por tanto, cando son estimulados mecanicamente polo paso dun barco, a natación ou as ondas do mar, pode verse por exemplo un escintileo azul que emana da superficie do mar. <ref name="haddock">{{Cita publicación periódica|last=Haddock|first=Steven H.D.|coauthors=Moline,M.A., Case, J.F|title=Bioluminescence of the sea|journal=Annual Review of Marine Science|date=1|year=2009|volume=2|pages=443–493|doi=10.1146/annurev-marine-120308-081028}}</ref> A reacción [[luciferina]]-[[luciferase]] responsable desta bioluminescencia é sensible ao [[pH]]. <ref name="haddock"/> Cando cae o pH (maior acidez), o encima [[luciferase]] cambia a súa forma, permitindo que a molécula bioluminescente [[luciferina]] se una. <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden utilizar a bioluminescencia como un mecanismo de defensa. Poden asustar aos seus depredadores cos seus escintileos de luz ou poden protexerse dos seus predadores potenciais indirectamente por un efecto de "alarma antirroubo". <ref name="haddock"/> Os dinoflaxelados poden usar a súa bioluminescencia para atraer a atención sobre o seu depredador, que pode así ser vulnerable a outros depredadores de cadeas tróficas máis altas.<ref name="haddock"/>
 
As baías onde abundan os dinoflaxelados bioluminescentes están entre os [[ecosistema]]s máis fráxiles e raros. <ref>[http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=bright-microbes Bright Microbes; Scientists uncover new clues to bioluminescence] April 24, 2012</ref>
 
== Rexistro fósil ==
 
Os dinoflaxelados representados por dinoquistes fósiles, teñen un rexistro fósil que se remonta ao [[Triásico]] medio, <ref>MacRae, R.A., Fensome, R.A. and Williams, G.L., 1996. Fossil dinoflagellate diversity, originations, and extinctions and their significance. Can. J. Bot. 74, 1687-1694.</ref> pero os marcadores bioquímicos atopados suxiren a súa presenza xa a comezos do [[Cámbrico]]. <ref>Moldowan, J.M. and Talyzina, N.M., Biogeochemical evidence for dinoflagellate ancestors in the Early Cambrian. Science 281, 1168-1170.</ref>
 
== Xenómica ==
 
Unha das características máis sorprendentes dos dinoflaxelados é a gran cantidade de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] celular que conteñen. A maioría das algas eucariotas conteñen como media arredor de 0,54 pg de ADN/célula, pero os dinoflaxelados estímase que conteñen de 3 a 250 pg/célula <ref> Spector, D. L. 1984. Dinoflagellate nuclei. In D. L. Spector [ed.], Dinoflagellates, 107–147. Academic Press, Inc., Orlando, Florida, USA. </ref>, o que corresponde aproximadamente a 3.000–215.000 [[par de bases|Mb]] (en comparación, o [[xenoma]] haploide humano ten 3.180 Mb e o do trigo hexaploide é de 16.000 Mb). Aínda que se suxeriu que a [[poliploidía]] ou a [[cromosoma politénico|politenia]] podería explicar este gran contido de ADN <ref> BEAM, J., AND M. HIMES. 1984. Dinoflagellate genetics. In D. L. Spector
[ed.], Dinoflagellates, 263–298. Academic Press, Inc., Orlando, Florida, USA. </ref>, os estudos realizados de cinética de reasociación do ADN non apoian esta hipótese.
 
Ademais do seu desproporcionadamente grande xenoma, os núcleos dos dinoflaxelados son únicos na súa morfoloxía, regulación e composición.
 
Os dinoflaxelados comparten unha organización moi rara do xenoma mitocondrial cos [[Apicomplexa]]. <ref name=Jackson2011>Jackson CJ, Gornik SG, Waller RF (2011) The mitochondrial genome and transcriptome of the basal dinoflagellate ''Hematodinium'' sp.: character evolution within the highly derived mitochondrial genomes of dinoflagellates. Genome Biol Evol</ref> Ambos os grupos teñen xenomas mitocondriais moi reducidos (~6 kb nos Apicomplexa). Os xenes nos xenomas dos dinoflaxelados sufriron varias reorganizacións, como unha masiva amplificación do xenoma e recombinación, o cal resulta na formación de múltiples copias de cada xene e a unión de fragmentos xénicos en múltiples combinacións. Ten lugar a perda dos [[codón de terminación|codóns de stop]] estándar, [[trans-splicing]] dos [[ARNm]] para o ARNm de cox3 e unha extensa recodificación por modificación (''editing'') do ARN da maioría dos xenes. As razóns de todas estas transformacións descoñécense.
 
== Exemplos ==
Liña 141 ⟶ 140:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==