Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
máis
m Arranxos varios using AWB
Liña 39:
É considerada pola ''[[American Film Institute]]'' como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos.
 
Nada en [[Ixelles]], un distrito de [[Bruxelas]], Hepburn pasou a súa infancia entre [[Bélxica]], [[Inglaterra]] e os [[Países Baixos]], incluíndo a [[Arnhem]] que estivo ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. En [[Ámsterdam]], estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con [[Marie Rambert]] e traballar como corista nas producións musicais de West End.
 
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, ''Gigi'', Hepburn interpretou o papel principal de ''[[Vacacións en Roma|Roman Holiday]]'' (1953), o cal valeulle un [[Oscar á mellor actriz]]. Máis tarde actuando en películas de éxito como ''[[Sabrina (1954)|Sabrina]]'' (1954), ''[[Historia dunha monxa (película)|The Nun's Story]]'' (1959), ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961), ''[[Charada|Charade]]'' (1963), ''[[My Fair Lady (película de 1964)|My Fair Lady]]'' (1964) e ''[[Wait Until Dark]]'' (1967), Hepburn recibiu nominacións aos premios Oscar, [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] e [[Premios BAFTA|BAFTA]] e devindicou un [[Premios Tony|premio Tony]] pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, ''[[Ondina (obra de teatro)|Ondina]]''. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: ''Roman Holiday'' en 1954.
Liña 49:
Nada como '''Audrey Kathleen Ruston''' en [[Ixelles|Ixelles/Elsene]], un [[concello|municipio]] de [[Bruxelas]], [[Bélxica]]. Era a única filla do inglés Joseph Victor Anthony Ruston e da súa segunda esposa, a baronesa Ella Van Heemstra, unha aristócrata [[Países Baixos|holandesa]] que era filla do ex gobernador da [[Güiana Holandesa]] ([[Suriname]]), o barón Aarnoud van Heemstra. O pai da futura actriz engadiu máis adiante o apelido da súa avóa materna, Catherina, á familia; e o seu apelido converteuse en Hepburn-Ruston. Tiña dous irmáns de nai, froito dun primeiro matrimonio da súa nai co ''jonkheer'' (''Señor'') Hendrik Gustaaf Adolf Quarles van Ufford: ''jonkheer'' Arnoud Roberto Alexander ”Alex” Quarles van Ufford e ''jonkheer'' Ian Edgar Bruce Quarles van Ufford. Ella van Heemstra era descendente do rei [[Eduardo III de Inglaterra]] e do consorte escocés [[James Hepburn|James Hepburn, cuarto Conde de Bothwell]], de quen [[Katharine Hepburn]] tamén se considera descendente.
 
O pai de Hepburn traballou cunha compañía de seguros en Gran Bretaña, o cal significou que a familia tivo a oportunidade de viaxar a miúdo entre Bruxelas, Inglaterra e os Países Baixos. Entre 1935 e 1938 Hepburn estudou nunha academia privada e feminina en [[Kent, Inglaterra|Kent]], Inglaterra.
 
En 1935 os seus pais divorciaronse, e o seu pai, simpatizante [[Nazismo|nazi]], abandonou á familia. Ambos os pais eran membros da unión británica de fascistas a mediados dos anos trinta, segundo Unity Mitford, amiga de Ella van Heemstra e seguidora de [[Adolf Hitler]]. Audrey chamou máis adiante a este feito «o momento máis traumático da súa vida». Non sería ata moito máis adiante cando conseguiu localizar ao seu pai en [[Dublín]] a través da [[Cruz Vermella]]. Desde entón permaneceu en contacto con el e apoiouno financeiramente ata a súa morte.
 
En 1939 trasladouse coa súa nai e os seus dous irmáns de nai á casa do seu avó en [[Arnhem]], Países Baixos. Pensaban que Holanda era un lugar seguro para evitar ao exército nazi. Hepburn acudiu ao conservatorio de Arnhem entre 1939 e 1945, onde estudou [[piano]] e [[ballet]] clásico, os cales compaxinaba cos seus estudos escolares.
Liña 85:
Logo dos catro meses de rodaxe de ''Roman Holiday'' viaxou a [[Nova York]] para seguir coas funcións de ''Gigi''. Antes de incorporarse ao rodaxe de ''Roman Holiday'', Audrey estivo actuando co musical nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] e [[San Francisco]]. Isto foi posible xa que tiña un contrato coa [[Paramount Pictures|Paramount]] que lle permitía ter doce meses entre película e película para dedicarse ao teatro.
 
Durante os anos seguintes, Audrey converteríase nunha das actrices máis recoñecidas pola súa inigualable beleza natural, icona da sencillez na elegancia feminina e transparencia de personalidade. Foi considerada entre as máis queridas e populares da meca do cine e gozou da amizade de case todos os seus compañeiros de rodaxe.
 
Durante estes anos protagonizó ''[[Two for the road]]'' (''Dous na estrada''), ''How to Steal a Million'' (''Como roubar un millón''), ''Funny Face'', ''[[My Fair Lady]]'' (1964), o famoso musical multioscarizado, e o que se considera o papel da súa carreira, a [[Holly Golightly]] de ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961). Pero para Audrey o seu mellor papel foi, sen dúbida, o da irmá Lucas en ''The Nun's Story''. Ese papel, o coñecer ao seu protagonista real, as similitudes -ambas eran belgas e sufriran a guerra- fixo que Audrey recapacitara moito e se entregase máis aos seus labores humanitarios. É, sen dúbida, unha das mellores películas de Audrey e do cine, pero moitas persoas só ven a Audrey como un icona de moda pola súa actuación como Holly en ''Breakfast at Tiffany's''.
Liña 302:
* {{IMDb|0000030}}
 
{{ORDENAR:Hepburn, Audrey}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Hepburn, Audrey}}
[[Categoría:Actores de cine de Bélxica]]
[[Categoría:Actores de cine do Reino Unido]]