Historia de Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
mercadores
Liña 275:
Tras o fracaso da cuarta cruzada, o espírito cruzado apagárase case por completo, aínda que algúns reis e papas trataban de reavivalo. Se os estados francos sobreviviron até [[1291]] foi pola intervención dos [[Imperio Mongol|mongois]], que ao acabar co [[Abbásida|Califato abbasí]] en [[1258]] e conquistar a rexión de Oriente Medio, deron un respiro aos latinos, a non ser os mongois hostís ao cristianismo. A primeira das cruzadas menores, a V, foi organizada por [[Inocencio III]] e partiu en [[1218]]. Como a IV, tiña como obxectivo conquistar Exipto. Tras o éxito inicial da conquista de [[Damietta]] na desembocadura do [[Nilo]], que aseguraba a supervivencia dos estados francos, aos cruzados púidolles a ambición e intentaron atacar [[O Cairo]], fracasando e debendo abandonar incluso o que conquistaran, en [[1221]]. O papa ordenara ao emperador [[Federico II Hohenstaufen]] que fora ás cruzadas como penitencia. O emperador asentira, pero foi demorando a partida, o que lle valeu a excomuñón. Finalmente, Federico II (que tiña pretensións propias sobre o trono de Xerusalén) partiu en [[1228]] sen o permiso papal. Sorprendentemente, o emperador conseguiu recuperar Xerusalén mediante un acordo diplomático. Tamén obtivo [[Belén]] e [[Nazaret]].
 
En [[1244]] caeu de novo Xerusalén (esta vez de modo definitivo), o que moveu o devoto rei [[Luís IX de Francia|Luís IX]] de Francia (San Luís) a organizar unha nova cruzada, a sétima. Como a V, dirixiuse contra Damietta, pero foi derrotado e feito prisioneiro en [[Masura]] (Exipto) con todo o seu exército. Volveu a Francia, e emprendeu a chamada VIII Cruzada ([[1270]]), contra [[Tunisia]], aínda que en realidade, máis que unha cruzada, era unha campaña para apoiar os intereses do seu irmán [[Carlos de Anjou]], rei de [[Nápoles]], que quería evitar a competencia dos mercaderesmercadores tunesinos. A peste rematou co rei Luís e con gran parte do seu exército.
 
Aínda que algúns papas intentaron predicar novas cruzadas, xa non se organizaron máis e no [[1291]] os cruzados evacuaron a súas derradeiras posesións en [[Tiro]], [[Sidón]] e [[Beirut]], coa caída de [[San Xoán de Acre]].