Lisozima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
As '''lisocimas''' (ou '''lisozimas'''), tamén chamadas muramidases ou N-acetilmuramida glicanhidrolases, son [[encima]]s do grupo das [[glicósido hidrolases]] ([[número EC|EC]] 3.2.1.17) que danan a [[parede celular]] [[bacteria]]na formada por [[peptidoglicano]] ao [[catálise|catalizaren]] a [[hidrólise]] dos [[enlace glicosídico|enlaces glicosídicos]] β(1-4) entre os residuos de [[ácido N-acetilmurámico]] e [[N-acetilglicosamina|N-acetil-D-glicosamina]] do peptidoglicano, e tamén entre os residuos de N-acetil-D-glicosamina da [[quitina]] das paredes dos [[fungos]] <ref>J. Skujiņš, A. PuĶite and A. D. McLaren.
Adsorption and reactions of chitinase and lysozyme on chitinMolecular and Cellular Biochemistry.
Volume 2, Number 2 (1973), 221-228, DOI: 10.1007/BF01795475. [http://www.springerlink.com/content/t3478x0111080625/]</ref>.
 
A lisocima abunda en certas secrecións corporais humanas como as [[bágoa]]s, [[saliva]], [[leite humano]] e [[moco]]. Tamén está presente en [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] [[citoplasma|citoplasmáticos]] dos [[neutrófilo]]s polimorfonucleares do sangue (PMN). Poden atoparse grandes cantidades de lisocima na clara dos [[Ovo (bioloxía)|ovos]]. As lisocimas de tipo C están moi relacionadas coa [[alfa-lactalbumina]] en secuencia e estrutura, e forman parte da mesma familia de moléculas.
Liña 26:
== Patoloxía ==
 
A lisocima forma parte do [[sistema inmunitario innato]]. Os niveis reducidos de lisocima foron asociados con [[displasia broncopulmonar]] nos neonatos. <ref name="pmid1640295">{{Cita publicación periódica | author = Revenis ME, Kaliner MA | title = Lactoferrin and lysozyme deficiency in airway secretions: association with the development of bronchopulmonary dysplasia | journal = J. Pediatr. | volume = 121 | issue = 2 | pages = 262–70 | year = 1992 | pmid = 1640295 | doi = 10.1016/S0022-3476(05)81201-6| url =}}</ref> Os leites maternizados en po para a alimentación de meniños carecen de lisocima, que si está presente no [[leite materno]], e os meniños alimentados con estes preparados teñen 3 veces máis probabilidades de ter diarreas. <ref name="pmid12812151">{{Cita publicación periódica | author = Lönnerdal B | title = Nutritional and physiologic significance of human milk proteins | journal = Am. J. Clin. Nutr. | volume = 77 | issue = 6 | pages = 1537S–1543S | year = 2003 | pmid = 12812151 | doi = | url =}}</ref> Como a lisocima é unha forma natural de protección de [[patóxeno]]s Gram-positivos como ''[[Bacillus]]'' e ''[[Streptococcus]]'',<ref>Microbiology: A human perspective. Nester, Anderson, Roberts, Nester. 5th Ed. 2007</ref> unha deficiencia na alimentación do neno en lisocima podería explicar o incremento da incidencia da enfermidade.
 
A pel é unha barreira protectora contra moitas bacterias debido á súa acidez e sequidade, pero a membrana [[conxuntiva]] do [[ollo]] está protexida pola secreción de encimas, principalmente lisocima e [[defensina]]. Se esta protección falla pode producirse [[conxuntivite]].
Liña 32:
En certos [[cancro]]s (especialmente leucemia mielomonocítica) a excesiva produción de lisocima polas células cancerosas poden levar a niveis tóxicos de lisocimas no sangue. Niveis altos de lisocima no sangue poden orixinar insuficiencia renal e diminución do potasio sanguíneo.
 
Algunhas formas de [[amiloidose]] teñen como causa a [[mutación]] do [[xene]] da lisocima, o que orixina a acumulación deste encima en varios tecidos. <ref>OMIM - 105200 [http://omim.org/entry/105200 OMIM - 105200]</ref>
 
== Historia ==
 
As propiedades antibacterianas da clara do ovo, debidas á lisocima que contén, foron observadas primeiro por [[Laschtschenko]] en 1909, <ref name = "Laschtschenko">{{Cita publicación periódica|author = Laschtschenko P | title = Über die keimtötende und entwicklungshemmende Wirkung Hühnereiweiß | journal = Z. Hyg. InfektKrankh. | year = 1909 | volume = 64 |pages = 419–427 | language = German|doi = 10.1007/BF02216170}}</ref> aínda que non foi ata 1922 que se empezou a utilizar o nome "lisocima", acuñado por [[Alexander Fleming]] (1881–1955), o descubridor da [[penicilina]]. <ref name="Fleming_1922">{{Cita publicación periódica | author = Fleming A | title = On a remarkable bacteriolytic element found in tissues and secretions | journal = Proc Roy Soc Ser B | volume = 93 | issue = 653 | pages = 306–317 | date=1 May 1922| pmid = | doi = 10.1098/rspb.1922.0023| url = http://www.jstor.org/pss/80959}}</ref> Fleming observou a acción antibacteriana da lisocima cando trataba cultivos bacterianos con [[mucosidade]] nasal dun paciente que sufría un arrefriado. <ref name="Fleming_1922" />
 
A estrutura tridimensional da lisocima da clara do ovo de galiña foi descrita por [[David Chilton Phillips]] (1924–1999) en 1965, ano en que obtivo o primeiro modelo deste encima con resolución de 2 [[angstrom|Å]] por cristalografía de raios X. <ref>{{Cita publicación periódica | journal=Nature | volume=206 | issue=4986 | pages=757–61 | year=1965 | author=Blake CC, Koenig DF, Mair GA, North AC, Phillips DC, Sarma VR. | title=Structure of hen egg-white lysozyme. A three-dimensional Fourier synthesis at 2 Angstrom resolution | pmid=5891407 | doi = 10.1038/206757a0}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica | journal=Nature | volume=206 | issue=986 | pages=761–3 | year=1965 | author=Johnson LN, Phillips DC. | title=Structure of some crystalline lysozyme-inhibitor complexes determined by X-ray analysis at 6 Angstrom resolution | pmid=5840126 | doi = 10.1038/206761a0}}</ref> A estrutura foi presentada publicamente na ''Royal Institution'' en 1965. <ref name="Johnson1998">{{Cita publicación periódica | journal=Nat Struct Mol Biol | volume=5 | issue=11 | pages=942–944 | year=1998 | author=Johnson, LN | pmid=9808036 | title=The early history of lysozme | doi=10.1038/2917}}</ref>
A lisocima foi a segunda estrutura proteica e a primeira encimática en ser resolta por métodos de difracción de raios X, e o primeiro encima en ser completamente secuenciado que contiña todos os 20 [[aminoácido proteinoxénico|aminoácidos proteinoxénicos]] comúns. <ref name="Canfield1963">{{Cita publicación periódica | journal=J Biol Chem | volume=238 | issue=8 | pages=2698–2707 | year=1963 | author=Canfield, RE | title=The Amino Acid Sequence of Egg White Lysozyme | pmid=14063294 | url = http://www.jbc.org/content/238/8/2698.short}}</ref>
Grazas a estes traballos de Phillips, o lisocima foi o primeiro encima para o que se suxeriu un mecanismo detallado e específico de catálise. <ref>Proc R Soc Lond B Bio 167 (1009): 389–401. 1967.</ref> Isto levou a Phillips a proporcionar unha explicación de como os [[encima]]s aceleran unha reacción química en termos das súas estruturas físicas. O mecanismo orixinal proposto por Phillips foi revisado posteriormente. <ref>{{Cita publicación periódica | journal=Nature | volume=412 | issue=6849 | pages=835–8 | year=2001 | author=Vocadlo DJ, Davies GJ, Laine R, Withers SG. | title=Catalysis by hen egg-white lysozyme proceeds via a covalent intermediate | pmid=11518970 | doi = 10.1038/35090602}}</ref>
 
[[Howard Florey]] (1898–1968) e [[Ernst B. Chain]] (1906–1979) tamén fixeron investigacións sobre lisocimas.