Bandeira de Asturias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 10:
A '''bandeira de [[Asturias]]''' é a tradicional rectangular coa [[Cruz da Vitoria]] en [[amarelo]] sobre fondo [[azul]], segundo se establece no [[Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias]], no seu artigo 3.1. Dos brazos da cruz colgan as letras gregas [[alfa]] maiúscula e [[omega]] minúscula, que significan o principio e a fin (a infinita extensión de [[Deus]]). A letra omega é minúscula e non maiúscula porque así se atopa representado nas ilustracións máis antigas que se coñecen, como as pinturas de [[San Xulián dos Prados]].
 
O eixo vertical da Cruz da Vitoria está a unha distancia da vaina de media anchura da bandeira. Na súa forma de gala ou respecto, a bandeira confecciónase con tafetán de seda coa [[Cruz da Vitoria]] de ouro e pedras preciosas, mentres que nos demais casos fanse con tecido forte de la ou fibra sintética, levando a Cruz da Vitoria estampada o sobreposta. Na versión da bandeira «para uso distinto da su colocación no mastro», a Cruz da Vitoria sitúase no centro.
 
Algúns sectores políticos utilizan a denominación de «[[Asturina]]» para referirse a ela. A orixe do término está no empregado por [[Conceyu Bable]] e o [[nacionalismo asturiano]] (o primeiro partido que a usou foi o [[Conceyu Nacionalista Astur]]) para referirse á bandeira asturiana nos anos setenta.