Fibrocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m DRAG
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
O termo ''fibrocito'' contrasta co termo ''[[fibroblasto]]''. Un fibrocito pode ser considerado como un fibroblasto en repouso. Os fibroblastos son células activas do [[tecido conectivo]] caracterizadas pola síntese de proteínas da [[matriz extracelular]] fibrosa, especialmente [[coláxeno]]s. Cando o tecido sofre danos, as células mesenquimáticas predominantes, os fibroblastos, críase que derivaban dos fibrocitos ou de células do [[músculo liso]] que revisten os vasos sanguíneos ou glándulas. Normalmente, os fibroblastos expresan a proteína [[actina]] do músculo liso, unha forma de actina que se atopou primeiro nas células musculares lisas e non se atopa nos fibrocitos inactivos. Os fibroblastos que expresan esta forma de actina denomínanse "[[miofibroblasto]]s" <ref>Boris Hinz, Sem H. Phan, Victor J. Thannickal, Andrea Galli, Marie-Luce Bochaton-Piallat, Giulio Gabbiani. The Myofibroblast. One Function, Multiple Origins.
Am J Pathol. 2007 June; 170(6): 1807–1816. doi: 10.2353/ajpath.2007.070112 PMCID: PMC1899462 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1899462/]</ref>.
 
Recentemente o termo "fibrocito" foi aplicado tamén a células transportadas polo sangue que poden abandonar a circulación, entran nos tecidos e convértense en fibroblastos <ref>Robert M. Strieter, Ellen C. Keeley, Marie D. Burdick, Borna Mehrad. The Role of Circulating Mesenchymal Progenitor Cells, Fibrocytes, in Promoting Pulmonary Fibrosis. Trans Am Clin Climatol Assoc. 2009; 120: 49–59. PMCID: PMC2744511 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2744511/]</ref> <ref>
Phillips RJ, Burdick MD, Hong K, Lutz MA, Murray LA, Xue YY, Belperio JA, Keane MP, Strieter RM.
Circulating fibrocytes traffic to the lungs in response to CXCL12 and mediate fibrosis.
Liña 10:
 
==Nomenclatura==
A nomenclatura fibrocito/fibroblasto foi un pouco confusa na literatura. A terminación blasto utilízase xeralmente para designar células indiferenciadas, pero o fibroblasto é unha célula diferenciada. A terminación cito utilízase xeralmente para designar células diferenciadas, pero o fibrocito é unha célula indiferenciada ou en repouso. Orixinariamente o termo fibroblasto creouse para describir unha célula "creadora de fibras" do tecido conxuntivo e non para nomear unha célula inmadura. Algúns autores usaron como sinónimos os dous termos para denominar as células diferenciadas. Outros distinguen o fibrocito como célula indiferenciada ou en repouso e o fibroblasto como diferenciada, que é o máis común. <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 151-152. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
Hai unha tendencia a utilizar só fibroblasto. O uso máis recente de fibrocito é o de célula que circula polo sangue e se diferencia en fibroblasto nos tecidos.
 
Liña 17:
 
{{Células humanas derivadas do mesoderma}}
 
 
[[Categoría:Histoloxía]]