Diferenzas entre revisións de «Serra Madre Occidental»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Sierra Madres of Mexiko.jpg|miniatura|Localización das principais cadeas montañosas de [[México]]]]
A '''Serra Madre Occidental''', en [[Lingua castelá|castelán]] '''''Sierra Madre Occidental''''', é unha cadea [[montaña|montañosa]] que abarca todo o oeste [[México|mexicano]] e o extremo suroccidental dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>{{cita web |url=http://www.worldwildlife.org/wildworld/profiles/terrestrial/na/na0302_full.html#location |título=Sierra Madre Occidental pine-oak forests |dataacceso=31 de agosto 2008 |autor=Worldwildlife.com |lingua= inglés}}</ref> Nos seus 1500&nbsp;km de lonxitude percorre [[Arizona]], parte de [[Sonora]], [[estado de Chihuahua|Chihuahua]], [[Sinaloa]], [[Estado de Durango|Durango]], [[Estado de Zacatecas|Zacatecas]], [[Estado de Aguascalientes|Aguascalientes]], [[Nayarit]], e [[Xalisco]], lugar onde se une ao [[Eixo Volcánico Transversal de México]]. Cobre 289&nbsp;000 [[quilómetro cadrado|km&sup2;]] e ocupa a sexta parte do territorio mexicano. O seu punto máis alto é o Cerro Gordo en [[estado de Durango|Durango]], a súa anchura media é de 150 &nbsp;km, con alturas de até 3000 [[msnm|metros sobre o nivel do mar]].
 
== Xeoloxía ==
[[Ficheiro:Sierra madre mountains by mexikids.jpg|250px|miniatura]]
Desde un punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]], non é unha serra, senón unha [[meseta]], sucada por numerosos canóns que lle proporcionan a aparencia de serra. A partir do vulcanismo depositáronse capas de materiais [[rocha ígnea|ígneos]], como cinzas, gravas e derrames volcánicos, de composición riolítica (rochosa), formando unha xigantesca meseta. Intégrana sete barrancas; as máis espectaculares son a [[barranca do Cobre|Barranca de El Cobre]] e a [[barranca de Urique|Barranca de Urique]] —que descende até os 1879&nbsp;m de altura—, que posúen grandes ríos, entre eles o [[río Conchos|Conchos]], que irriga gran parte do estado de [[estado de Chihuahua|Chihuahua]].
 
O terreo é abruptamente escarpado en varias rexións, o que provoca variacións de temperatura extremas. No cumio das barrancas, o clima é frío (chegando no inverno aos -20&nbsp;°C e no verán aos 20&nbsp;°C de promedio), e no val temperado ou cálido (en inverno 10&nbsp;°C de promedio, alcanzando os 40&nbsp;°C no verán).
Na Serra existen polo menos 517 especies de fauna: 290 de [[aves]], 70 de [[mamífero]]s, 87 de [[réptil]]es, 20 de [[amphibia|anfibios]] e 50 de [[peixes]]. Entre os mamíferos sobresaen o [[esquío]], a [[mofeta]], varias especies de [[morcegos]], o [[coiote]], o [[Meleagris|pavo]] salvaxe, o [[Dasypodidae|armadillo]], o [[veado de cola branca]], a [[donicela]], o [[xabaril]], o [[teixugo americano|teixugo]], o [[puma]], o [[xaguar]], o [[ocelote]] e o [[gato montés]]. Aínda que están en perigo de extinción, aínda existen no máis recóndito da [[Serra Tarahumara|Tarahumara]] o [[puma]], e o [[oso negro]].
 
Das aves, 24 especies son endémicas. 10 están en perigo de extinción; entre elas, a [[Ara militaris|arara verde]], o [[Rhynchopsitta pachyrhyncha|papagaio da serra]], a [[coa]], a [[aguia real]] e o [[falcón peregrino]]. Certos estudos inclúen tamén o [[trogón orellón]], o [[bufo manchado]] e a [[chara pinta]] entre as aves en perigo de extinción.
 
Dos réptiles, 22 especies son endémicas e dos anfibios doce teñen ese carácter. Entre os peixes de auga doce, algúns comestibles, destacan a [[troita arco da vella]], [[Eleotris picta]], a [[Cichlasoma beani]] e peixes da familia [[poeciliidae]] e [[Eleotridae]].
393.002

edicións