Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite news; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Diagrama de los pulmones.svg|miniatura|dereita|Aparato respiratorio. O número 1 é a traquea.]]
[[Ficheiro:Gray961.png|miniatura|dereita|Larinxe, traquea e árbore bronquial.]]
Nos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s a '''traquea''' (do grego ''tracheia artería'', "áspero tubo ou canle" <ref>Enciclopedia Galega Universal. Tomo 16. Páxina 143. ISBN 84-7680-583-7</ref>) é o tubo [[cartilaxe|cartilaxinoso]] e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a [[larinxe]] ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. Está reforzada por aneis cartilaxinosos e tapizada por [[epitelio]] ciliado.
 
== A traquea humana ==
A '''traquea''' humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16 &nbsp;cm de lonxitude e uns 25 &nbsp;mm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior da cartilaxe [[cricoide]] da [[larinxe]] a nivel da sexta vértebra cervical, descende por diante do [[esófago]], que a separa da [[columna vertebral]], e remata bifurcándose nos dous bronquios principais a nivel da 5ª vértebra torácica, pero os movementos respiratorios poden facela subir ou baixar ata dúas vértebras. Na zona do pescozo está cuberta por parte da fascia cervical profunda, polos músculos [[esternohioideo]] e [[esternotiroideo]] e a [[tiroide]]. Na súa zona final onde se empezan a bifurcar os bronquios, a traquea contacta co caxato da [[aorta]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 538-539. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
 
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os extremos dos aneis incompletos e contráese ao [[tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de [[moco]], que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epiglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.
 
=== Histoloxía ===
A parte interna da traquea está revestida por un epitelio ciliado cilíndrico pseudoestratificado. Este epitelio contén células ciliadas cun bordo de ''[[microvilli]]'' do que sobresaen os [[cilio]]s. Entre elas hai [[célula caliciforme|células caliciformes]] produtoras de ''[[mucus]]''. Entre as bases das células cilíndricas hai células basais piramidais.<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 741-742. ISBN 84-7605-361-4 </ref>
 
Debaixo do epitelio ciliado hai un tecido conxuntivo laxo moi rico en fibras elásticas, que contén moitas glándulas submucosas, formadas por [[acino]]s e túbulos que se abren na superficie do epitelio e producen unha secreción [[mucina|mucosa]] e serosa [[glicoproteína|glicoproteica]]. A lámina de moco que se forma sobre o epitelio ten función protectora, xa que o po e outras partículas inhaladas quedan pegadas a el, e despois é arrastrado polos cilios ata a farinxe, onde será tragado.
Liña 22:
 
* Naso-traqueal: a través das [[fosas nasais]]. Adoita utilizarse en intubacións programadas ([[anestesia]], [[dificultade respiratoria]] en aumento...).
* Oro-traqueal: a través da boca. Adoita facerse en intubacións dificultosas ou de urxencia ([[reanimación cardiopulmonar]]), xa que é a máis rápida.
 
Outro procedemento frecuente é a [[traqueotomía]], por medio da cal se abre unha vía na parte anterior da garganta, inserindo un curto tubo que chega ata a traquea, por debaixo da larinxe e as [[cordas vocais]].
Liña 42:
 
=== Transplante ===
En 2008, foille transplantada a traquea a unha muller en Barcelona utilizando unha traquea de cadáver á que lle foron eliminadas as células e substituídas por células derivadas de [[célula nai|células nais]] da paciente para evitar o rechazo. <ref>{{Cita novas| url=http://www.cnn.com/2008/HEALTH/12/26/year.review.health/index.html | work=CNN | title=The top health stories of 2008 - CNN.com | date=2008-12-26 | accessdate=2010-05-27}}</ref> En 2011, un equipo de cirurxiáns liderados polo profesor Paolo Macchiarini do hospital da Universidade Karolinska realizaron o primeiro transplante dunha traquea sintética a un home de 36 anos. <ref>{{Cita novas| url=http://www.bbc.co.uk/news/health-14047670 | date=2011-07-07 | accessdate=2011-07-07 | work=BBC News | title=Surgeons carry out first synthetic windpipe transplant}}</ref><ref>[http://www.karolinska.se/en/OM/press-nyheter/nyhetslista/First-Successful-Transplantation-of-a-Synthetic-Tissue-Engineered-Windpipe-/ First Successful Transplantation of a Synthetic Tissue Engineered Windpipe]. Karolinska University Hospital website, retrieved 8/7/2011.</ref>
 
== A traquea noutros vertebrados terrestres ==
A traquea noutros [[mamífero]]s é similar á humana. En xeral, a traquea dos réptiles é tamén bastante similar. <ref name=VB>{{cita libro |autor=Romer, Alfred Sherwood, Parsons, Thomas S.|ano=1977 |título=The Vertebrate Body |editor=Holt-Saunders International |lugar= Philadelphia, PA|páxinas= 336–337|isbn= 0-03-910284-X}}</ref>
 
Nas [[aves]] a traquea vai da [[farinxe]] á [[sirinxe]], a partir da cal diverxen os bronquios principais. Os [[cisne]]s teñen unha traquea inusualmente alongada, parte da cal está enroscada detrás do [[esterno]], o que fai que poida actuar como un resoador que amplifica o son. Nalgunhas aves, os aneis cartilaxinosos son completos, e poden mesmo osificarse. <ref name=VB/>
 
Nos [[anfibio]]s, a traquea é normalmente moi curta, e chega directamente aos pulmóns, sen presentar uns bronquios primarios ben definidos. Porén, traqueas máis longas atópanse nalgunhas [[píntega]]s de pescozo longo, e nas [[cecilia]]s. A traquea dos anfibios ten nódulos cartilaxinosos irregulares, pero non forma os aneis cartilaxinosos que se encontran nos vertebrados [[amniota]]s. <ref name=VB/>
 
== Notas ==