Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
O '''receptor de células B''' ('''BCR''') é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos [[linfocito B|linfocitos B]] (células inmunitarias produtoras de [[anticorpo]]s). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un [[linfocito B]] se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de [[célula plasmática|células plasmáticas B]] de grandes [[retículo endoplasmático|retículos endoplasmáticos rugosos]] produtoras e secretoras de anticorpos, e [[célula B de memoria|células B de memoria]], que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.
 
O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a [[transdución de sinais]], que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno, péptidos do cal serán despois presentados na superficie celular ás [[linfocito CD4+|células T colaboradoras]] ou T<sub>H</sub>. As funcións do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar [[inmunodeficiencia]], <ref>{{Cita publicación periódica|last=Conley|first=Mary Ellen|coauthors= A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana|title=Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts|journal=Annual Review of Immunology|year=2009|volume=27|url=http://www.annualreviews.org/DOI: 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url}}</ref>, [[autoinmunidade]] <ref>{{Cita publicación periódica|last=Goodnow|first=Christopher| |title=Multistep pathogenesis of autoimmune disease|journal=Cell|year=2007|volume=130|issue=1|}} [http://www.molim.uni-erlangen.de/downloads/Teaching/Hauptseminar_Aspekte/Manuskripte_SS2011/Tag4_(Trex1)/goodnow_cell_review_2007.pdf]</ref>, e tumores de células B <ref>{{Cita publicación periódica|last=Corcos|first=D|coauthors= MJ Osborn, LS Matheson|title=B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?|journal=Blood|year=2011|volume=117| issue=26|}} PMID 21508409. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21508409]</ref>.
 
== Compoñentes do receptor de células B ==
O receptor de células B está composto por dúas partes <ref>{{Cita libro | autor=Kindt, Thomas J.; Goldsby, Richard A.; Osborne, Barbara A.; Kuby, Janis | authorlink= | coauthors= | título=Kuby immunology | ano=2007 | editor =W.H. Freeman - New York | isbn=1-4292-0211-4 | pages=}}[http://www.amazon.com/Kuby-Immunology-Richard-A-Goldsby/dp/0716733315]</ref>:
# ''Residuo de unión ao [[ligando]]:'' É unha molécula de [[inmunoglobulina]] ([[anticorpo]]) ligada á membrana dun só [[isotipo (inmunoloxía)|isotipo]] ([[IgD]], [[IgM]], [[IgA]] ou [[IgE]]). É idéntica ás formas segregadas libres deses anticorpos coa excepción de que ten un dominio especial para integrarse na membrana.
# ''Residuo para a transdución de sinais:'' É un [[heterodímero]] chamado [[CD79]] (ou tamén [[CD79A]]/[[CD79B]], antes denominado [[CD79A|Ig-α]]/[[CD79B|Ig-β]]), que se mantén unido por [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]] <ref>Immunology [http://wenliang.myweb.uga.edu/mystudy/immunology/ScienceOfImmunology/B-cellreceptor(BCR)andAccessoryMolecules.html. Immunology]</ref> Cada membro deste [[dímero]] esténdese por todo o grosor da membrana e ten unha cola citoplasmátiica que leva un ''[[motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor]] (ITAM)''.
 
== Vías de sinalización do receptor de células B ==
* O PKCβ [[fosforilación|fosforila]] (directa ou indirectamente) ao [[complexo proteico]] de sinalización de [[NF-κB]] chamado [[CARMA1]] (o complexo consta de CARMA1, [[Bcl10]], e [[MALT1]]). Isto ten como resultado o recrutamento da IKK ([[IκB quinase]]), [[TAK1]] por varios encimas que realizan [[ubiquitina#Ubiquitinación|ubiquitilacións]] tamén asociados co complexo CARMA1/Bcl10/MALT. O MALT1 é unha proteína similar a unha [[caspase]] que corta a A20, unha proteína inhibitoria da sinalización por NF-κB (a cal actúa [[ubiquitina#Ubiquitinación|desubiquitilando]] os [[substrato encimático|substratos]] de ubiquitilacion de NF-κB, e ten un efecto inhibitorio). O TAK1 fosforila o trímero IKK despois de que este tamén foi recrutado no complexo de sinalización polos seus encimas de ubiquitilación asociados.
* O IKK despois fosforila a [[IκBα]] (que se une e inhibe a NF-κB), o cal induce a destrución de IκB ao marcalo para a degradación [[proteólise|proteolítica]], liberando [[NF-κB]] citosólico.
* O NF-κB migra agora ao [[núcleo celular]] onde se une a elementos de resposta específicos do ADN, causando o recrutamento de moléculas de transcrición e comezando o proceso de [[transcrición (xenética)|transcrición]]. <ref name=Kurosaki/>
 
== Notas ==
381.287

edicións