Bisonte europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 31:
[[Ficheiro:Barcelona.Zoologico.Bison.Bonasus.jpg|miniatura|250px|Becerro de bisonte europeo no [[zoo]] de [[Barcelona]].]]
 
O '''bisonte europeo''' (''Bison bonasus'') é unha [[especie]] de [[mamífero]] [[artiodáctilo]] [[ruminante]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[bóvidos]], [[subfamilia]] dos [[bovinos]] e tribo dos [[bovininos]].
 
É o mamífero de maior tamaño de [[Europa]],<ref>Pucek, Z., Belousova, I. P., Krasinska, M., Krasinski, Z. A. e Olech, W. (2004): ''European bison: status survey and conservation action plan''. Gland Suíza) / Cambridge (Reino Unido): IUCN/SSC Bison Specialist Group. ISBN 2-8317-0762-5</ref> e un dos máis ameazados, polo que é obxecto de varios programas de reprodución en catividade levados a cabo en [[xardín zoolóxico|parques zoolóxicos]].
 
== Descrición ==
De aspecto similar ao do [[bisonte americano]] (''Bison bison''), pero de maior tamaño, constitución máis esvelta e cornos máis desenvolvidos.<ref>Hanák, V. e Mazák, V. (1991): ''Enclicopedia de los Animales Mamíferos de todo el Mundo''. Madird: Susaeta. ISBN 84-305-1967-X, p. 330.</ref> <ref>Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología.'' Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 441-442.</ref>
 
A súa silueta é maciza, cos cuartos dianteiros moi desenvolvidos, a cabeza grande e larga e a cruz moi marcada.<ref>Aulagnier, S., Haffner, P., Mitchell-Jones, A., Moutou, F. e Zima, J. (2009): ''Guía de los Mamíferos de Europa, del norte de África y de Oriente Medio.'' Barcelona: Lyns Ediciones. ISBN 978-84-96553-52-1, p. 148.</ref> A pelaxe é longa, de cor parda escura e particularmente desenvolvida na cabeza, ombros e colo.<ref name="Aulagnier et al., Op. cit.">Aulagnier et al., ''Op. cit.''</ref>
 
Os becerros adoitan teren a pelaxe máis clara que a dos adultos. Tamén están provistos dunha pequena "barba" na gorxa, e a cola está recuberta por pelo longo. A parte inferior das patas teñen pelaxe corta, ao contrario que no bisonte americano. Ambos os sexos teñen cornos,<ref>Cuisin, M. e Petter, F. (1977): "Mamíferos Salvajes de Europa", en Matthews, L. H. (editor): ''La Vida de los Mamíferos''. Tomo II. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X, p. 768.</ref> os cales son curtos, grosos, e dirixidos cara a arriba.
 
O bisonte europeo mide de 250 a 350 &nbsp;cm de lonxitude (máis de 50 a 80 &nbsp;cm da cola), e ten unha altura na cruz que vai de 150 a 200 &nbsp;cm.<ref> name="Aulagnier et al., ''Op. cit.''<"/ref> Os machos adultos pesan entre 400 e 920 &nbsp;kg, mentres que as femias, de menor tamaño, oscilan entre os 300 e os 400.<ref>Trapani, J. (1999): ''Bison bonasus''. Animal Diversity [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Bison_bonasus.html Animal Diversity ''Bison bonasus'']</ref>
 
== Hábitat ==
En contraposición aos bisontes americanos, os europeos nunca gustaron da vida nas praderías e espazos abertos, senón que se estableceron nos bosques, tanto caducifolios como mixtos de [[coníferas]] e árbores e folla caduca. Por eles vagaban en grupos duns 20 individuos, alimentándose de todo tipo de materia vexetal, fundamentalmente follaxe baixo, pero tamén herbas, codias e pólas tenras.
 
Os [[freixo]]s parecen atraerlles en maior medida que outras árbores, mentres que as agullas dos [[piñeiro]]s e outras árbores de folla perenne non son do seu agrado.
 
En [[inverno]] reuníanse en mandas que podían chegar ao medio centenar de individuos, dedicados a retirar a neve e á busca de raíces, tubérculos, rizomas e froitos enterrados, aínda que os machos vellos sempre evitaban este tipo de aglomeracións e levaban unha vida solitaria.
 
== Bioloxía ==
O bisonte europeo é un animal social e gregario que formaba pequenas mandas que oscilaban entre os 10 e os 30 individuos liderados por un macho.
 
A época de celo ten lugar entre agosto e setembro. O período de [[xestación]] é de entre 260 e 270 días, tras os cales as femias paren unha soa cría. Os partos danse entre maio e xuño, e as femias adoitan illarse para parir. As crías destétanse aos sete meses, e permanecen canda a nai até os tres anos.
 
A lonxevidade máxima que se rexistrou foi de 22 anos, aínda que en catividade pode chegar aos 40.<ref>MacDonald, D. e Barrett, P. (2008): ''Guía de Campo de los Mamíferos de España y de Europa.'' Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1490-2, p. 234.</ref>
 
Antigamente os bisontes europeos caían ocasionalmente vítimas de [[lobo]]s, [[oso]]s, [[tigre]]s e [[león]]s, pero hoxe en día estes animais desapareceron do continente europeo ou se fixeron moi raros, polo que se pode considerar que os poucos bisontes que quedan carecen actualmente de depredadores naturais.
Liña 69:
[[Ficheiro:Bison bonasus historic.png|miniatura|250px|Distribución histórica do bisonte europeo (en verde) e poboacións relícticas a comezos do século XX (en vermello).]]
 
Hai 2.000 anos o bisonte abundaba en toda a [[Europa central]] e [[Europa setentrional|setentrional]] chegando até [[Asia|Asia occidental]]. A distribución orixinal comprendía desde a [[península Ibérica]] até [[Rusia|Rusia occidental]], estando presente tamén no [[Cáucaso]] e no noroeste de [[Irán]]. [[Heródoto]] cita a súa presenza en [[Tracia]] e noutras rexións do norte de [[Grecia]].
 
Aínda que enorme, esta vasta distribución non era continua pois, como quedou dito, os bisontes prefiren os espazos boscosos, e nas chairas despexadas estaban substituídos por mandas de [[uro (animal)|uros]] ou [[touro|touros salvaxes]], (''Bos primigenius'').
 
Pero a principios do [[século XVIII]], a causa sobre todo da caza abusiva e da progresiva deforestación, para aproveitar a madeira ou para destinar a terra á agricultura ou ao pastoreo, reduciron o hábitat primixenio dos bisontes, e este animal quedou relegado a algunhas zonas boscosas de [[Polonia]] (bosque de Białowieża) e do [[Cáucaso]], reservas de caza dos [[tsar]]res de [[Rusia]].
[[Ficheiro:Poland Bialowieza - BPN.jpg|esquerda|250|miniatura|[[Bosque de Białowieża]] en [[Polonia]], exemplo de hábitat natural do bisonte europeo.]]
 
No [[século XII]] matouse ao último bisonte ibérico en [[Navarra]],<ref name="Bisontes europeos en Palencia - El Mundo"/> sendo daquela xa moi raro en [[Europa occidental]].
 
No [[século XIV]] só quedaban unhas poucas cabezas na rexión francesa das [[Ardenas]], que non resistiron até o final do século. En [[Romanía]] ([[Moldavia]] e [[Valaquia]]) perviviron até [[1762]] e en [[Transilvania]], baixo dominio [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] até [[1790]].
Liña 82:
O bisonte do Cáucaso (''Bison bonasus caucasicus'') fora desprazado, durante os últimos decenios da súa existencia, cara á zona ocupada polos bosques de coníferas, sendo moi posíbel que os seus refuxios invernais estiveran localizados nas zonas de bosques de [[faia]]s situados a menores altitudes, pero ao non serlles permitida a estancia nestas zonas, o seu hábitat foi reducíndose cada vez máis, até chegar á súa extinción e [[1930]].
 
Ao bisonte europeo que habitaba nos territorios de Transilvania sucedeulle algo parecido ao que aconteceu no Cáucaso.
 
Pola súa parte, desde o [[século XVI]] as dinastías reinantes en [[Rusia]], [[Lituania]] e [[Polonia]] consideraron que a morte dun bisonte era privilexio da realeza, chegando a castigar o furtivismo incluso coa morte nalgunhas ocasións. Isto permitiu unha supervivencia máis ou menos aceptábel deste animal en [[Europa oriental]] até a [[Primeira Guerra Mundial]], cando comezaron a ser masacrados por decenas para alimentar aos soldados e aos refuxiados. En [[1919]] morreu o último bisonte polaco na rexión de Białowieża, e en [[1927]] fíxoo o último exemplar que vivía en liberdade no Cáucaso. A especie extinguiríase totalmente de non ser porque había nese momento uns 50 individuos vivindo en parques zoolóxicos repartidos por todo o mundo.
 
En [[1923]] constituíuse en [[Polonia]] a ''Compañía Internacional de Defensa do Bisonte'' (CIDB), que defendía a recuperación desta especie. Nos anos [[1950]] conseguiu o permiso do goberno polaco para reintroducir 12 exemplares (11 polacos, máis o último bisonte caucásico, chamado por iso ''Kaukasus'') no bosque de Białowieża, que foi declarado [[Parque Nacional Bialowieza|Parque Nacional]]. En [[1966]] a [[ONU]] incluíu o bisonte europeo no seu [[CITES|lista de animais protexidos]].
 
Desde entón, os esforzos combinados do CIDB e varios parques zoolóxicos de distintos países lograron un notábel éxito: de aqueles 12 individuos descenden hoxe en día máis de 600 bisontes que habitan en distintos parques nacionais [[Polonia|polacos]], e varias novas mandas foron introducidas en réxime de semiliberdade en [[Bielorrusia]], [[Rusia]], [[Romanía]], [[Ucraína]], [[Lituania]] e [[Quirguistán]], ademais de en [[España]], onde o [[4 de xuño]] de [[2010]] reintroducíronse, despois de mil anos, sete exemplares no municipio [[Provincia de Palencia|palentino]] de [[San Cebrián de Mudá]], [[provincia de Palencia|Palencia]].<ref name="Bisontes europeos en Palencia - El Mundo">{{cita web| título = Los bisontes regresan a la península mil años después de su desaparición| url = http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/04/castillayleon/1275667194.html | dataacceso = 12 de maio de 2012 | idioma = español | autor = Diario ''El Mundo'' (España)}}</ref> os cales se adaptaron tan ben que até conseguiron reproducirse, sendo xa 9 individuos.<ref>{{cita web| título = Nace un bisonte europeo en Palencia | url = http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Nace/bisonte/europeo/Palencia/elpepusoc/20100816elpepusoc_1/Tes | dataacceso = 12 de maio de 2012 | idioma = español | autor = Diario ''El País'' (España)}}</ref> Tamén existe un proxecto para reintroducir a especie en [[Francia]].
 
[[Ficheiro:Reserva CIBE.jpg|miniatura|250px|dereita|Parte da ''Reserva do Bisonte Europeo'' na localidade [[Provincia de Palencia|palentina]] de [[San Cebrián de Mudá]], en España.]]
 
En [[2011]] estimábase que o número total de bisontes europeos era duns 4.000. Pero, a pesar diso, a especie segue estando en perigo. A súa baixa diversidade xenética, froito da [[consanguinidade]], fai que estes animais sexan especialmente vulnerábeis a [[virus]] como o da [[Glosopeda|febre aftosa]].
 
Por se isto fora pouco, en [[2004]] estalou a polémica cando se fixo público que o rei de [[España]] [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]] conseguira permiso para matar un macho de bisonte no refuxio de Czerwony Dwor, previo pago de 7.000 [[Euro|euroseuro]]s. Os cidadáns e os medios de comunicación polacos mostraron a súa indignación ante a morte dun animal que consideran como un símbolo da nación. A pesar de que en Polonia a caza do bisonte está teoricamente prohibida, non é raro que a realicen de vez en cando altos cargos políticos do goberno e os "convidados" que eles estimen oportuno.<ref>{{cita web| url=http://el-mundo.es/cronica/2004/438/1078755915.html| data=7 de marzo de 2004, número 438| título= El Rey mató al "rey de la pradera"| editor=Crónica, un suplemento de ''El Mundo'' (España) | dataacceso=12 de maio de 2012}}</ref>
 
== Notas ==