Alexandre I de Bulgaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
== Príncipe de Bulgaria ==
[[Ficheiro:Депутати от I ВНС.jpg|miniatura|Delegación de deputados búlgaros en [[Ialta]] para comunicaren a Alexandre a súa elección como príncipe de Bulgaria]]
O príncipe Alexandre recibiu unha educación militar, serviu como oficial no rexemento de [[dragón (exército)|dragóns]] de Hesse, e moi ligado ao seu tío o tsar de Rusia na súa infancia e mocidade Alexandre visitou frecuentemente [[San Petersburgo]], e cando a [[Guerra ruso-turca de 1877-78]] estalou ingresou no exército ruso<ref>Duncan M. Perry ''Stefan Stambolov and the Emergence of Modern Bulgaria, 1870-1895''. Duke University Press (1993), p. 243</ref> participando na campaña búlgara de 1877. Cando, so o [[Tratado de Berlín, 1878|Tratado de Berlín]] (1878), Bulgaria mudou nun [[principado]] baixo soberanía [[Imperio Otomán|otomá]], o tsar recomendoulle o seu sobriño aos búlgaros como o candidato ideal ao trono, e a [[Asemblea Nacional de Bulgaria|Grande Asemblea Nacional]] por unanimidade elixiu a Aexandre Battenberg como príncipe de Bulgaria o 29 de abril de 1879. Nese intre, Alexandre, servía como tenente na [[Gardes du Corps|Garda Real de Prusia]] en [[Postdam]]. Antes de marchar para Bulgaria visitou ao tsar no [[Palacio de Livadia]] ([[Crimea]]), un navío de guerra levou a [[Varna]], e logo de prestar [[xuramento]] á [[Constitución de Tarnovo|nova constitución]] en [[Veliko Tarnovo|Tarnovo]] o 8 de xullo de 1879 dirixiuse a [[Sofía, Bulgaria|Sofía]].
 
O novo príncipe carecía de calquera tipo de experiencia de goberno e viuse entre os representantes oficiais de Rusia, que pretendían que fora un ''[[roi fainéant]]'' e as friccións co primeiro ministro liberal, [[Dragan Tsankov]], sobre asuntos constitucionais e de política interna<ref>R.J. Crampton ''A Concise History of Bulgaria''. Cambridge Univestity Press (2005) p. 90</ref>. En novembro de 1880 [[Petko Karavelov]] substituíu a Tsankov e tras a morte do tsar e a suba ao trono de [[Alexandre III de Rusia|Alexandre III]], dun cariz reaccionario e que lle deu o seu total apoio <ref> Rumen Daskalov ''Debating the Past: Modern Bulgarian History: From Stambolov to Zhivkov''. Central European University Press (2011) p. 57</ref> e enviou a instancias do príncipe dous xenerais que entraron no goberno búlgaro: [[Leonid Sobolev|Sobolev]] foi nomeado primeiro ministro e ministro do interior en abril de 1882 e [[Aleksandr Kaulbars|Kaulbars]] ministro da guerra; as friccións entre os ministros rusos e o príncipe levárono a restaurar a constitución o 19 de setembro de 1883 e a marcha dos ministros rusos, o que tensou as relacións con Rusia.
[[Ficheiro:Manifest-serbo-bulgarian-war.jpg|miniatura|Declaración de guerra a Serbia asinada por Alexandre I]]En [[Rumelia Oriental]], unha provincia otomá de maioría búlgara, apoiou ao goberno probúlgaro da provincia que tiña como pretensión a unión con Bulgaria, o 18 de setembro de 1885 organizouse un movemento insurrecional en [[Plovdiv]] que pedía a unión con Bulgaria, o príncipe Alexandre sabía de tal movemento e tivera contacto cos seus organizadores pero temía o empeoramento das relacións con Rusia se proclamaba a unión<ref> R. J. Crampton ''A Short History of Modern Bulgaria''. CUP Archive (1987), p. 29</ref>. Finalmente o príncipe marchou a Plovdiv, o que provocou que Serbia lle declarase a [[Guerra serbo-búlgara|guerra]], a vitoria búlgara na [[batalla de Slivnitsa]], na que participou un exército búlgaro no que o rango máximo era o de capitán ao marchar os militares rusos trala insurrección de Plovdiv. O exérctio búlgaro entrou en Serbia, conquistando so a dirección persoal de Alexandre I a cidade serbia de [[Pirot]]. Malia todo a intervención de [[Austria-Hungría]] levou á fin das hostilidades e a que despois de negociacións co sultán [[Abdul Hamid II]] Alexandre fora nomeado o 5 de abril de 1886 gobernador xeral da provincia por cinco anos.
[[Ficheiro:Battle of Slivnitsa.jpg|miniatura|Pintura de Dimitar Gjudzenov representando ao príncipe Alexandre na batalla de Slivnitsa]]
 
== Perda do trono ==
O acordo, costoulle a Alexandre moita da súa popularidade en Bulgaria, a clase dirixente era en boa parte rusófila, xa que pensaban que só os rusos podían garantirlle a independencia ao país, sumado ao descontento entre parte dos oficiais do exército pola distribución de recompesas pola guerra. E así o 20 de agosto de 1886 tivo lugar un golpe de estado, os conspiradores colleron ao príncipe no palacio de Sofía e obrigárono a asinar a súa abdicación e deixar o país. Unha contrarrevolta dirixida polo liberal rusófono [[Stefan Stambolov]] restaurouno no trono mais a falta de apoio de Alemaña sumada á de Rusia e o envío por parte do príncipe Alexandre dun telegrama a Alexandre III nun ton de sumisión <ref>
Richard C. Frucht ''Eastern Europe: An Introduction to the People, Lands, and Culture''. Volume I. ABC-CLIO (2004), p. 807 </ref> que fixo que perdese o apoio de parte dos seus partidarios, diante esa situación o 8 de setembro de 1886 abdicou por segunda vez e marchou do país.
 
== Últimos anos ==
Liña 81:
|31= 31. Descoñecido<ref name="paget"/>
}}</center>
 
 
== Notas ==