Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Fortaleza_de_Monterrey.jpg|miniatura|dereita|350px|[[Castelo de Monterrei]].]]
 
'''Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca''', nado no [[castelo de Monterrei]] contra o ano [[1495]] e finado no mesmo lugar en [[1559]], foi un [[nobre]] [[Galicia|galego]] da [[Casa de Zúñiga]], III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertigueiro maior de [[Santiago de Compostela]], adiantado maior de Cazorla, que serviu ao [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] [[Carlos V]], a quen acompañou á súa coroación en [[Boloña]] e ao socorro de [[Viena]], sitiada polo [[Suleiman I|sultán turco Suleiman I]].
 
== Familia ==
Fillo de [[Francisca de Zúñiga e Sánchez de Ulloa]], II condesa de Monterrei, señora de Biedma, Ulloa, da casa de Ribeira e do seu esposo [[Diego de Acevedo e Fonseca]], fillo natural de [[Alonso de Acevedo e Fonseca]], arcebispo de [[Santiago de Compostela]], patriarca de [[Alexandría]], e [[María de Ulloa]], señora de [[Cambados]], señor de Bavilafuente e dos lugares de Moriningo, Sandomingo, Buenabarba, Garcigalindo e outros moitos en [[Castela e León|Castela]] e [[Estremadura]], pertiguiero maior de Santiago e herdeiro dos Acevedo y Fonseca.
 
Alonso casou con [[María Pimentel de Mendoza]], filla de [[Alonso Pimentel e Pacheco]], V conde e II duque de Benavente, e da súa esposa [[Inés de Mendoza e Zúñiga]], filla de Pedro González de Mendoza e Luna, I conde de Monteagudo, e da súu esposa Isabel de Zúñiga e Avellaneda. A súa avoa Isabel era filla de Diego López de Zúñiga e Guzmán, I conde de Miranda del Castañar, e da súa esposa María Ochoa de Avellaneda.
 
Do seu matrimonio tiveron catro fillos:
Liña 12:
* Alonso, abade no [[Igrexa da Santísima Trindade de Ourense|Convento da Trindade]] de [[Ourense]].
* Xoana, I condesa de Fuentes de Valdepero.
* Diego, falecido solteiro.
 
Ademais, Alonso deixou tres fillos naturais, un deles [[Diego de Zúñiga e Acevedo]], capitán de lanzas, guerreiro de fama, a quen seu pai enviou, cunha compañía, ao seu custe, para socorrer a cidade de [[Perpiñán]] sitiada polos franceses.<ref name="Vilar y Pascual, p. 410">Vilar y Pascual, p. 410.</ref> <ref name="López de Haro, p. 577">López de Haro, p. 577.</ref>
 
== Ao servizo do Emperador ==
Alonso acompañou o rei [[Carlos V|Carlos I de España]] á súa coroación como emperador do Sacro Imperio Romano polo papa [[Clemente VII]] en [[Boloña]]. Saíron de [[Barcelona]] a finais de xullo de [[1529]], arribaron a [[Xénova]] o 6 de agosto, e o 6 de decembro entraron en Boloña.
 
O Emperador recibiu o [[22 de febreiro]] de [[1530]] a Coroa de Ferro da [[Lombardía]] e o 24 do mismo mes a Coroa e as Insignias do Sacro Imperio Romano de mans do papa Clemente VII.<ref>Menéndez Pidal, p. 454.</ref> <ref>Brandi, pp. 239-240.</ref> Asistiu co Emperador Carlos V ao auxilio de [[Viena]] en [[1532]], sitiada polo sultán turco [[Suleiman I]] "O Magnífico".<ref name="López de Haro, p. 577"/><ref>Vilar y Pascual, pp. 409-410.</ref> <ref>Brandi, p. 272.</ref> <ref>López de Haro, p. 577.</ref>
 
== Legado ==
Liña 25:
[[Ficheiro:Palacio_de_Monterrey_Salamanca.JPG|miniatura|dereita|350px|Palacio de Monterrei, en [[Salamanca]], mandado edificar poe Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, III conde de Monterrei.]]
 
En [[1539]] mandou erixir o monumental palacio de Monterrei en [[Salamanca]], que foi deseñado polo arquitecto [[Rodrigo Gil de Hontañón]]. O palacio é de planta cadrada con torres nos ángulos e patio central. A obra comezouse a construír o [[18 de xaneiro]] de [[1539]] e foi executada polos mestres Pedro de Ibarra e Pedro Miguel de Aguirre. En vida de Alonso só se construíu unha cuarta parte do proxecto. Por concesión real de [[17 de febreiro]] de [[1540]] obtivo poder para vender ou establecer censo sobre os bens do seu morgado.<ref>AER Arquivo SNAHN, Sinatura OSUNA, C.476,D.26.</ref> O seu segundo neto Manuel Alonso de Zúñiga Acevedo e Fonseca tratou en [[1640]] de realizar o plano orixinal, pero non tivo éxito.
 
O edificio, obra cumio do [[renacemento]] español consta de tres andarfes. A galería do último corpo ten arcos renacentistas. Os balcóns e ventás están adornados con decoración plateresca. Frei Martín de Santiago deseñou os ornamentos do conxunto con leóns e animais fantásticos, que sosteñen os escudos coas armas dos Zúñiga, Fonseca, Acevedo, Soutomaior e Ulloa. O palacio foi declarado o 6 de maio de 1929 [[BIC|Monumento Histórico Nacional]].
 
O conde Alonso, residente en [[Valladolid]], humanista, mecenas e amigo de [[Francisco de Borja]], superior dos conventos xesuítas de España, decidiu fundar un Colexio xesuíta na súa vila natal. A escritura de fundación do Colexio da Compañía de Xesús San Xoán Bautista de [[Verín]] foi asinada en [[1555]] e as obras de edificación estaban rematadas en [[1556]].<ref> name="Vilar y Pascual, p. 410.<"/ref> <ref>Hernández Figueiredo, pp. 102-108.</ref>
 
Foi tamén patrón do [[Colexio Fonseca]] de [[Santiago de Compostela]], fundado polo seu tío [[Alonso de Fonseca e Ulloa]] (1475-1534) arcebispo de Santiago, e despois arcebispo de [[Toledo]] e [[Primado de España]], coa aprobación do papa [[Clemente VII]] por bula do [[15 de marzo]] de [[1526]].<ref>AER Arquivo AGS, Sinatura CRC,458,13 de dataa 1556.</ref> Este Colexio foi a matriz da actual [[Universidade de Santiago de Compostela]].
 
O conde Alonso tivo grandes diferenzas con [[Fernando Ruiz de Castro e Portugal]], IV [[conde de Lemos]], I [[marqués de Sarria]], casado coa sobriña de Alonso, [[Teresa de Andrade Zúñiga e Ulloa]], sobre a pertenza da abadía do Convento da Trindade de Ourense. Gañou a ''guerra'' que houbo entre ambas as casas, e o seu fillo Alonso foi o seu abade.<ref> name="Vilar y Pascual, p. 410.<"/ref> <ref> name="López de Haro, p. 577.<"/ref>
 
O conde Alonso herdou o Adiantado de Cazorla do seu tío [[Alonso de Fonseca e Ulloa]],<ref>Lanza Álvarez, pp. 43-44.</ref> e, á morte da súa nai en [[1526]] foi o III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertiguiero maior de Santiago e, en sucesión ao seu pai, falecido en [[1496]], dos moroados dos Acevedo e Fonseca. Por escritura do [[22 de novembro]] de [[1556]] fundou morgado.<ref>AER Arquivo SNAHN, Sinatura OSUNA,C.472,D.25.</ref>
 
== Morte ==
Alonso de Zúñiga faleceu en [[1559]] na fortaleza de Monterrei, onde nacera, e foi soterrado en [[Verín]] na Igrexa da Compañía de Xesús que el fundara.<ref> name="Vilar y Pascual, p. 410.<"/ref> <ref>López de Haro, p. 578.</ref>
{{Sucesión
| predecesor = Francisca de Zúñiga e Sánchez de Ulloa
Liña 47:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Brandi, Karl (1979): ''Kaiser Karl V.'' München: Societäts Verlag. ISBN 3-7973 0286-X.
* Hernández Figueiredo, José Ramón e José David Penín Martínez (2006): "El Colegio Jesuítico de San Juan Bautista de Monterrey-Verín". ''Hispania Sacra, Estudios de Edad Moderna'' (58). ISSN 0018-215-X, pp. 101-141&nbsp;101–141.
* Lanza Álvarez, Francisco (1953): ''Dos Mil Nombres Gallegos''. Buenos Aires: Ed. Galicia del Centro Gallego.
* López de Haro, Alonso (1622): ''Nobiliario Genealógico de los Reyes y Títulos de España''. Madrid: Luis Sánchez, Impresor Real.
Liña 70:
* Fortaleza de Monterrei (Ourense) en [http://www.udc.es/dep/com/castellano/monte/montex.htm Universidade da Coruña] [[UDC]].
 
{{ORDENAR:Zúñiga e Acevedo Fonseca, Alonso de}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Zúñiga e Acevedo Fonseca, Alonso de}}
[[Categoría:Nobres de España]]
[[Categoría:Historia de España]]