Manufactura real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9028293
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
As '''manufacturas reais''' eran instalacións [[industria|industriais]]is que se fundaron por iniciativa dos [[monarquía absoluta|monarcas absolutos]] durante o [[Antigo Réxime]], como resultado da aplicación da política [[mercantilista]]. Moitas delas dedicábanse á fabricación de obxectos de luxo, para o consumo en primeiro lugar dos propios palacios reais.
 
O exemplo máis claro é a política de [[Colbert]] en [[Francia]] durante o reinado de [[Luís XIV]] (manufactura dos [[Gobelinos]], a partir de [[1662]], dedicada a tapices, alfombras e outros téxtiles),<ref>[http://www.parissweethome.com/parisrentals/art_es.php?id=70 Sitio web] sobre a manufactura dos Gobelinos.</ref> de modo que adoita chamarse [[Colbertismo]] a esta [[política económica]].
 
A xustificación, dentro da teoría [[proteccionista]], é impedir a saída de recursos do país, pois os obxectos de luxo, de non ser así, se terían que comprar no exterior, co que a [[balanza de pagamentos]] se resentiría. A emulación dos costumes do rei faría que as clases altas o imitasen e así se obtiña un público consumidor maior (incluso fóra das fronteiras francesas).
 
A chegada a [[España]] da [[dinastía Borbón]] no [[século XVIII]] fai que se aplique o modelo de Colbert nas ''Reales Fábricas'': [[Real Fábrica de Cristales de La Granja]], [[Porcelana del Buen Retiro]] ou a posterior de [[Real Fábrica de La Moncloa|La Moncloa]], [[Real Fábrica de Tapices]], [[Real Fábrica de Relojes]], [[Real Fábrica de Sedas de Talavera de la Reina]], [[Real Fábrica de Paños de Guadalajara]] —denominada ''de Sarguetas'', é dicir, teares: Real Fábrica de Sarguetas de San Carlos—, [[Real Fábrica de Hilar Sedas a la Piamontesa]], en [[Murcia]], [[Real Fábrica de Paños de San Fernando de Henares]], [[Real Fábrica de Paños de Brihuega]], [[Real Fábrica de Hilados y Tejidos de Algodón de Ávila]],<ref>[http://www.granenciclopedia.com/arte/manufact.htm Manufacturas reales] en ''Gran Enciclopedia''.</ref> ás que hai que sumar as que se dedican a producións estratéxicas, como as armas ([[Real Fábrica de Armas de Toledo]], [[Real Fábrica de Artillería de La Cavada]] —fundada anteriormente, en 1622—, [[Fábrica de Armas de Trubia]]), ou de artigos de gran consumo cuxo comercio monopoliza o Estado como regalías: tabaco (a [[Real Fábrica de Tabacos]] de Sevilla, a [[Real Fábrica de Tabacos de La Coruña]] e a [[Fábrica de Tabacos (Madrid)|la de Madrid]]), augardente, naipes...
 
A [[Real Compañía de Hilados de Algodón del Principado de Cataluña]] (1771) estivo na orixe da industria téxtil catalá ([[indianas]])<ref>J. K. J. Thomson. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=994011 "Transferencia tecnológica en la industria algodonera catalana: de las indianas a la selfactina]", in ''Revista de historia industrial'', ISSN 1132-7200, nº 24, 2003 , pp. 13–50.</ref> e terminou constituíndose na organización [[patronal]] privada [[Fomento del Trabajo Nacional]].
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==