Diferenzas entre revisións de «Produción musical»

m
→‎Primeiros produtores: Arranxos varios using AWB
m (→‎Primeiros produtores: Arranxos varios using AWB)
Este cambio foi facilitado pola introdución da tecnoloxía de gravación de [[cinta magnética]] de [[alta fidelidade]], que alterou considerablemente os procesos e a economía da gravación de música. A cinta magnética permitiu o establecemento de estudios de gravación independentes en grandes centros de gravación, como [[Os Ánxeles]], Londres e [[Nova York]]. De xeito diferente aos antigos estudios, que eran establecementos moi pechados, estes novos estudios podían ser usados por calquera artista non asociado ás grandes casas discográficas.
 
Os estudios máis grandes eran tipicamente establecidos e operados polos [[Enxeñaría de son|enxeñeiros de gravación]] máis importantes. Construíanse coidadosamente para crear condicións óptimas de gravación e estaban equipados cos equipamentos de gravación e os [[Micrófono|micrófonosmicrófono]]s de máis alta calidade, así como amplificadores electrónicos e instrumentos musicais.
 
Importantes estudios como os [[Olympic Studios]], en Londres, ou [[United Western Recorders]], nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], convertéronse axiña nos lugares de gravación máis solicitados no mundo. Estas "fábricas de éxito" produciron varias das gravacións de [[Música pop|pop]] máis exitosas do resto do século.
393.002

edicións