Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}))
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Polyten chromosome.jpg|miniatura|Cromosoma politénico.]]
[[Ficheiro:Drosophila polytene chromosomes 2.jpg|miniatura|Cromosomas politénicos de ''[[Drosophila melanogaster]]''. Imaxe obtida por contraste de fase. O ''cromocentro'' está no ángulo superior dereito. A frecha sinala o extremo do [[cromosoma X]]. A imaxe ampliada (B) mostra as bandas e as interbandas con maior detalle.]]
Os '''cromosomas politénicos''' son cromosomas que sufriron repetidas duplicacións sen separarse e están formados por centos ou miles de febras ([[cromátida]]s), propios de certos tecidos dos [[insecto]]s [[díptero]]s.
 
As células das glándulas salivares dos [[insecto]]s da orde dos dípteros presentan [[núcleo celular|núcleos]] que están nunha [[interfase]] permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a [[división celular]] detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos [[tubo de Malpighi|tubos de Malpighi]], nas células nutricias dos [[ovario]]s, no [[epitelio]] intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como [[endomitose]]. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Este proceso denomínase politenización ou politenia.
 
== Características ==
Durante o proceso de politenización, os cromosomas incrementan a súa lonxitude e o seu diámetro. De feito, a lonxitude dos cromosomas de ''Drosophila'' nunha metafase é da orde de 7,5μ entanto que o longo total dos [[cromosoma]]s nun núcleo de célula das glándulas salivares é de arredor de 2.000μ. <ref name=Panzera /><ref name=Ashburner1970>{{Cita publicación periódica
| autor = Ashburner, M.
| ano = 1970
}}</ref>
 
Ademais do cambio no tamaño, os cromosomas politénicos presentan outras dúas características. En primeiro lugar, nalgunhas especies os cromosomas homólogos están asociados entre si en toda a súa extensión. Esta condición, denominada ''apareamento somático'' é propia da mitose da maioría dos dípteros.<ref name=Igor>Polytene Chromosomes. Igor F Zhimulev, Dmitry E Koryakov. 15 MAR 2009. DOI: 10.1002/9780470015902.a0001183.pub2 [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/9780470015902.a0001183.pub2/full]</ref><ref name=Rudkin1972>{{Cita publicación periódica
| autor = Rudkin, G.T.
| ano = 1972
| páxinas = 59–85
| url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/4198832
}}</ref> <ref name=Igor>Polytene Chromosomes. Igor F Zhimulev, Dmitry E Koryakov. 15 MAR 2009. DOI: 10.1002/9780470015902.a0001183.pub2 [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/9780470015902.a0001183.pub2/full]</ref>A outra característica peculiar é que os cromosomas mostran un patrón particular de bandeado transversal que consiste en zonas máis escuras, chamadas ''bandas'', que alternan con zonas claras, chamadas ''interbandas''. Cando se observan ao microscopio óptico identifícanse como bandas escuras e claras transversais alternantes.<ref>{{Cita publicación periódica
| autor = G. Lefevre Jr.
| ano = 1974
}}</ref>
 
En ''D. melanogaster'' o patrón de bandas non se distingue naquelas rexións heterocromáticas presentes na rexión centromérica de todos os seus cromosomas (n=4). As rexións heterocromáticas están asociadas formando un ''cromocentro''. Como dous membros do complemento haploide desta especie son metacéntricos (os cromosomas II e III) e dous son acrocéntricos (cromosoma sexual X ou Y e o cromosma IV), os cromosomas politénicos nesta especie aparecen como cinco brazos desiguais que irradian do cromocentro: un brazo correspondente ao cromosoma X, os dous brazos do cromosoma II e os dous brazos do cromosoma III (3L e 3R). Nalgúns casos pódese visualizar un sexto brazo moi pequeno que representa o cromosoma IV. <ref name=Panzera>Panzera, F., Ruben Pérez y Yanina Panzera. [http://www.fcv.unlp.edu.ar/sitios-catedras/87/material/Bandeos%20Cromosomicos.pdf Identificación cromosómica, cariotipo]. Facultad de Ciencias Veterinarias, Universidad Nacional de La Plata.</ref>
 
== Descubrimento e distribución ==
Os cromosomas politénicos foron observados orixinalmente nas células das glándulas salivares de larvas dos mosquitos ''[[Chironomus]]'' por Balbiani en 1881,<ref>{{Cita publicación periódica | author=Balbiani EG | title=Sur la structure du noyau des cellules salivaires chez les larves de ''[[Chironomus]]''| journal=Zool. Anz. | year=1881 | pages=637–641 | volume=4}}</ref> pero a natureza hereditaria destas estruturas non foi confirmada ata que foron estudadas en ''[[Drosophila|Drosophila melanogaster]]'' a principios da década de 1930 por Emil Heitz e Hans Bauer. Sábese que aparecen nos tecidos secretores doutros dípteros, como nos [[tubo de Malpighio|tubos de Malpighio]] do xénero ''[[Sciara]]'' e tamén noutros insectos e nalgúns [[protista]]s, [[planta]]s, e [[mamífero]]s <ref name=Igor/>. Algúns dos cromosomas politénicos máis longos descritos atopáronse nas glándulas salivares das larvas do quironómido ''[[Axarus]]''.
 
Os cromosomas politénicos utilízanse para identificar especies de quironómidos que son moi difíciles de identificar doutro modo en fase larvaria. Cada grupo distinto morfoloxicamente de larvas consta de certo número de especies morfoloxicamente idénticas que só se poden distinguir deixandoos crecer ata que formen machos adultos ou por análises citoxenéticas dos cromosomas politénicos larvarios. Os seus [[cariotipo]]s utilízanse para confirmar a presenza de especies determinadas e no estudo da diversidade xenética das especies. <ref>>{{Cita publicación periódica | author=Int Panis L, Kiknadze I, Bervoets L, Aimanova A| title=Karyological identification of some species of the genus Chironomus Meigen, 1803 from Belgium| journal=Bull. Annls Soc. R. Belge Ent. | year=1994 | pages=135–142 | volume=130}}</ref><ref>>{{Cita publicación periódica | author=Кикнадзе ИИ, Михайлова П, Истомина АГ, Голыгина ВВ, Инт Панис Л, Крастанов Б| title=Хромосомный полиморфизм и дивергенция популяций у Chironomus nuditarsis Keyl (Diptera, Chironomidae)| journal=Tsitologia | year=2006 | pages=595–609 | volume=48}}</ref>
 
== Notas ==
=== Ligazóns externas ===
* [//commons.wikimedia.org/wiki/File:87AC_polytene_heatshock_puffs-1-.jpg#filelinks] (87A&C Heat-shock puffs)
 
* [http://www.natureprotocols.com/2007/05/09/highresolution_light_microscop.php] (High resolution spreads)
 
* [http://www.nenno.it/phaseolus-polytene-chromosomes/ Phaseolus Polytene chromosomes] (Plants)
 
393.002

edicións