Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:sarcomere.gif |miniatura|dereita|300px|Sarcómero.]]
Un '''sarcómero''' (do grego sárx = "carne", e méros = "parte") é a unidade básica funcional dun [[músculo]]. Os músculos están compostos por células musculares chamadas [[miocito]]s ou [[fibra muscular|fibras musculares]]. As células musculares conteñen [[miofibrila]]s formadas por proteínas filamentosas das que depende a contracción muscular. Nas fibras musculares estriadas as miofibrilas están organizadas formando unha sucesión de sarcómeros, que, por tanto, son agrupacións ordenadas de miofibrilas dentro da fibra muscular. Os sarcómeros vistos ao microscopio teñen o aspecto de bandas escuras e claras. As proteínas do sarcómero esvaran unhas sobre outras durante a contracción muscular, de modo que a lonxitude do sarcómero diminúe (e na relaxación aumenta).
 
As principais proteínas que forman os sarcómeros son a [[miosina]], que constitúe os filamentos grosos, e a [[actina]], que forma os finos. A miosina ten unha cola longa e fibrosa e unha cabeza globular, pola que se une á actina. A cabeza da miosina tamén se une ao [[adenosina trifosfato|ATP]], que é a fonte de enerxía para o movemento muscular. A miosina só pode unirse á actina cando os sitios de unión da actina están expostos ao ión calcio.
 
As moléculas de actina están unidas entre si na liña Z do sarcómero, que forma os bordos do sarcómero. No sarcómero relaxado aparecen diversas bandas claras e escuras. <ref name="Campbell">
{{cita libro
|autor=Reece, Jane; Campbell, Neil
</ref>
Unha [[fibra muscular]] do [[bíceps]] pode conter uns 100.000 sarcómeros (tomando a lonxitude do bíceps como 20 &nbsp;cm e a lonxitude do sarcómero como 2 [[micron]]s). As [[miofibrila]]s do [[músculo liso]] non están organizadas en sarcómeros.
 
==Bandas==
* Os filamentos de actina son o principal compoñente da banda I e esténdense á banda A.
* Os filamentos de miosina son bipolares e esténdense pola banda A. Están conectados no centro pola liña M.
* A proteína xigante ''[[titina]]'' (conectina) esténdese desde a liña Z do sarcómero, onde se une ao sistema de filamentos grosos de miosina, ata a banda M, onde se cre que interacciona cos filamentos finos de actina. A titina (e as súas isoformas de splicing) é a proteína elástica simple de maiores dimensións da natureza. Proporciona sitios de union para numerosas proteínas e pénsase que xoga un importante papel como guía do sarcómero e bosquexo para a ensamblaxe do mesmo. <ref>Henk L. M. Granzier, Dr. Kuan Wang. Gel electrophoresis of giant proteins: Solubilization and silver-staining of titin and nebulin from single muscle fiber segments. DOI: 10.1002/elps.1150140110. Electrophoresis. Volume 14, Issue 1, pages 56–64, 1993. [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/elps.1150140110/abstract]</ref> <ref>Robert Horowits. Passive force generation and titin isoforms in mammalian skeletal muscle. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1260255/pdf/biophysj00105-0109.pdf]</ref>
* Outra proteína xigante, a [[nebulina]], hipotetízase que se estende ao longo dos filamentos finos e de toda a banda I. É similar á titina, e pénsase que actúa como guía molecular para a ensamblaxe dos filamentos finos.
* Na liña Z atópanse varias proteínas importantes para a estabilidade da estrutura sarcomérica e tamén na liña M do sarcómero.
* Os filamentos de actina e as moléculas de titina están conectadas no disco Z por medio da proteína da liña Z [[alfa-actinina]].
* As proteínas da liña M [[miomesina]] e a proteína C conectan o sistema de filamentos grosos de miosina e a parte da liña M da titina (os filamentos elásticos). <ref>
Michael H. Ross, Ross, Wojciech Pawlina. Histología. 2007.
Google books [http://books.google.es/books?id=NxYmIRZQi2oC&pg=PA313&lpg=PA313&dq=miomesina&source=bl&ots=_wgVEJmycj&sig=dFSb2A_0whBVUXqLFoDPUsdKoeA&hl=es&sa=X&ei=yRmDT5UmxqzRBYyr2PEG&ved=0CFoQ6AEwCQ#v=onepage&q=miomesina&f=false]</ref>
*[http://www.club150kg-dc.fr/Decouv_Dc/Contenu/Biomeca_Frameset(uk).htm Contracción muscular para novatos]
*[http://www.youtube.com/watch?v=qTb0NHKMJjA Modelo de representación dun sarcómero.]
 
 
[[Categoría:Célula]]
389.261

edicións