Camiño (libro): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{título en cursiva}}
{{Outroshomónimos|Camiño|outro=Camino}}
'''''Camiño''''' é un libro escrito por san [[Xosemaría Escrivá de Balaguer]], fundador do [[Opus Dei]]. Foi publicado por primeira vez en [[Cuenca, España|Cuenca]] no [[1934]], baixo o título de ''Consideraciones Espirituales''.
 
Na seguinte edición, publicada en [[Valencia]] en [[1939]], o libro foi ampliado e recibiu o título de ''Camiño''. Leva vendidas preto de 5&nbsp;000&nbsp;000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.<ref>[http://www.escrivaobras.org/book/camino.htm Opus Dei. Obras del fundador. Camino]</ref><ref>http://www.rialp.com/index.php?op=verlibro&descri=130001 [[Ediciones Rialp]].</ref>
 
== Temática ==
''Camiño'' consta de 999 puntos para a meditación persoal que abordan diferentes aspectos da vida cristiá: oración, traballo, virtudes, apostolado etc. Os textos, froito da propia oración do seu autor e da súa experiencia sacerdotal, están redactados nun ton coloquial e directo, con frases curtas e incisivas. É a obra máis popular de San Xosemaría Escrivá.
 
[[Ficheiro:Camino-rodriguez.jpg|miniatura|125px|Camiño]]
A principal fonte literaria de ''Camiño'' son os [[Evanxeo]]s.
 
Ademais, o autor emprega textos dos Pais Antigos, os clásicos da espiritualidade ([[Teresa de Ávila|Santa Teresa de Xesús]], [[San Xoán da Cruz]], [[Catarina de Siena|Santa Catarina de Siena]] ou Santa [[Teresa de Lisieux]]), e tamén dos grandes autores da literatura castelá, entre outros [[Miguel de Cervantes]] e [[Calderón de la Barca]]. <ref>[http://www.escrivaobras.org/book/edcritica-punto-8.htm María Caballero. "Camino" Edición Crítico-Histórica: un apunte desde la literatura]</ref>
 
== En galego ==
A versión galega do libro apareceu en [[1968]]. <ref>http://www.opusdei.es/art.php?p=24652</ref>
 
== Notas ==