Trastorno de personalidade paranoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
O '''[[trastorno de personalidade]] paranoide''' caracterízase esencialmente por un patrón de desconfianza e suspicacia xeral cara a outros, de forma que as intencións destes son interpretadas como maliciosas. Este patrón empeza ao principio da idade adulta e aparece en diversos contextos ([[DSM-IV]]).<ref name=Paranoide>{{cita web |url=http://personal.telefonica.terra.es/web/psico/dsmiv/dsmiv16.html#f60.0 |título=Trastorno paranoide de la personalidad |dataacceso=31 de marzo de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/tPNDS|dataarquivo=2013-01-06}}</ref> Ocorre no 0,5 - 2,5% da poboación xeral, sendo máis común en individuos do sexo masculino e certos estudos revelaran unha certa estreita relación coa [[esquizofrenia]] e trastornos delirantes.<ref> GUNDERSON, J.G. & PHILLIPS, K.A. - Personality Disorders. In: KAPLAN, H.I.; SADOCK, B.J. - Comprehensive Textbook of Psychiatry, Baltimore, Williams & Wilkins, 6th, 1995, pp. 1434-6.</ref>
 
Os individuos con trastorno paranoide da personalidade pensan que os demais se van aproveitar deles. Se alguén, por exemplo, saúda a unha persoa con este problema, inmediatamente este pensará que quen o saúda "quere ou argalla algo". Teñen dúbidas inxustificadas sobre a "lealdade" dos seus amigos ou da fidelidade da súa parella, e cústalle aceptar que se equivocan. Aparentan ser fríos, pero realmente só é un intento de evitar que os demais coñezan os seus puntos débiles e poidan aproveitarse deles; son moi rancorosos, e nunca esquecen un insulto ou unha crítica.
Liña 25:
A adhesión ao tratamento é moi difícil pola propia característica do trastorno de non confiar nos outros, até en profesionais da saúde, de non contar as súas intimidades con medo ser traizoados, de non precisar feitos para chegar a conclusións e de mesmamente aceptar este diagnóstico.
 
A terapia cognitivo-comportamental pode ser útil, en especial a terapia do esquema que é específica para tratar trastornos de personalidade. Algunhas das partes importantes do tratamento é conseguir establecer un vínculo de confianza e intimidade, estimular, practicar e reforzar probas de realidade baseándose en feitos e probabilidades máis realísticas antes de sacar conclusións e facer un adestramento de [[asertividade]] e desenvolvemento de habilidades sociais.<ref>GABBARD, G.O. - Psiquiatria Psicodinâmica na Prática Clínica. Porto Alegre, Artes Médicas, 1992, pp. 227-35.</ref>
 
Algúns [[antipsicótico]]s en pequenas doses poden previr crises, que son comúns a este trastorno, que poden implicar violencia e serios riscos a outros e a si mesmo.