Xeado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 2:
Na súa forma máis simple, o '''xeado'''<ref>'''xeado''' ''s.m.'' '''3'''. Doce elaborado con auga, crema, zume de froita ou outros ingredientes mesturados e conxelados. ''Un xeado de chocolate''. (Definición do [[RAG|Diccionario da Real Academia Galega]]).</ref> é unha [[sobremesa]] [[Conxelación dos alimentos|conxelada]] feita de [[leite]], [[crema de leite|nata]] ou [[Crema pasteleira|cremas]], ingredientes combinados con [[aditivo]]s como saborizantes, estabilizantes, edulcorantes e [[azucre]].
 
En xeral os produtos utilizados na súa elaboración son: leite, azucre, edulcorantes, nata de leite, ovo, froitas, chocolate, froitos secos, iogur, auga mineral e estabilizantes.
 
No proceso antigo de elaboración facíase unha mestura de leite, azucre, nata e algún estabilizante. Esta mestura conxelábase, axitándoa durante o proceso para previr a formación de grandes cristais de [[xeo]]. Tradicionalmente, a temperatura reducíase colocando a mestura nun recipiente que se mergullaba nunha [[mestura]] frigorífica de xeo moído e [[cloruro de sodio|sal]]. O sal diminúe a [[temperatura]] de fusión do xeo, absorbendo así unha maior cantidade da calor liberada pola crema, xeándoa durante o proceso.
 
En [[1913]] inventouse a primeira [[máquina]] continua para elaborar xeados. Basicamente consta, na súa parte exterior, dunha gran [[marmita]] de [[aceiro]] que se conxela mediante un potente equipo de frío; e na parte interior, dunha [[batedora]] con [[aspa]]s (conectada mediante un eixe a un motor eléctrico) que van raspando as paredes do cilindro e movendo a mestura continuamente até que esta alcance a consistencia dunha crema xeada.
Liña 29:
Moitos países regulan o uso destes termos baseándose nas cantidades porcentuais específicas dos ingredientes.
 
Os xeados preséntanse nunha ampla variedade de sabores, frecuentemente con agregados tales como estelas ou anaquiños de [[chocolate]], [[Noz (froito da nogueira)|noces]], [[Froito|froitos secos]], [[froita]]s etc.
 
Algúns dos sabores máis populares nos supermercados son [[vainilla]], [[chocolate]], [[amorodo]], [[limón]], [[Crema de leite|nata]]... sendo tamén común atopar nun mesmo xeado diferentes sabores.
Liña 35:
=== Calidades ===
 
Basicamente hai tres calidades de xeados no mercado:
 
* '''''Xeados industriais''''': son os xeados que podemos conseguir nos supermercados, quioscos ou restaurantes económicos.
Liña 43:
* '''''Xeados artesanais''''': son xeados que se conseguen unicamente en tendas especializadas ou en restaurantes de primeira categoría.
 
: Elabóranse nos obradoiros de ditas empresas de forma artesanal; son xeados de alta calidade e moi personalizados. Na súa elaboración empréganse unicamente produtos frescos e, ao contrario que no caso anterior, non se utilizan saborizantes, colorantes nin conservantes.
 
: Teñen moito menos aire incorporado e un aspecto moi cremoso. O seu prezo é considerabelmente maior que o do xeado industrial, debido á calidade e cantidade dos produtos empregados na súa elaboración.
Liña 49:
* '''''Xeado suave''''' (''soft serve''): é o xeado que se pode conseguir nos restaurantes ''fast food'' (de [[comida rápida]]). A mestura base colócase nunha pequena mesturadora e accionando unha billa extráese un xeado lene no momento.
 
: A característica principal destes xeados é a gran cantidade de aire que teñen dentro; é dicir, que son moi lixeiros e teñen unha textura moi lene (tamén o elevado contido en graxas).
 
: Son xeados que non necesariamente son de baixa calidade, pero si, xeralmente, máis baratos porque non requiren da operación de conxelación á que se someten os outros tipos de xeado despois da formación da emulsión.
Liña 58:
A pesar diso, podemos fixar un primeiro fito nos certames de bebidas xeadas ou arrefriadas con neve ou xeo que se celebraban na corte de [[Babilonia]], antes da era cristiá.
 
Aínda antes, no ano 400 a.C., en [[Persia]], un prato arrefriado como un [[pudín]] ou [[flan]], feito de auga de rosas e [[cabelo de anxo]], que se asemellaba a un cruce entre un [[sorbete]] e unhas [[papas de arroz]], servíase á realeza durante o verán.
 
Os persas dominaran xa a técnica de almacenar xeo dentro de grandes ''refrixeradores'', arrefriados de forma natural, coñecidos como ''ya-chal''. Estes almacéns mantiñan o xeo recollido durante o inverno ou traído das montañas durante o verán. Traballaban usando altos ''receptores de vento'' que mantiñan o espazo de almacenaxe subterráneo a temperaturas frías. O xeo era despois mesturado con [[azafrán]], froitas e outros produtos de sabores variados.
Liña 70:
Os turcos chamaban ao xeado ''şerbet'', "sorbet", e os árabes "sharbāt". O nome de ''sorbete'' vén do verbo [[latín|latino]] ''sorbere'',<ref>[http://en.wiktionary.org/wiki/sorbeo#Latin sorbere]</ref> que deu lugar a o verbo [[lingua italiana|italiano]] moderno ''sorbire'', do que deriva ''sorbetto'', que pasou as linguas europeas modernas. Pero o termo ''sherbet'' ou ''charbet'' deriva do [[lingua turca|turco]] ''şerbet'', "sorbet", derivada do [[lingua persa|persa]] ''sharbat'',que á súa vez procede do [[lingua árabe|árabe]] شربات ''sharbāt'', que significa "bebida" ou "zume."<ref>[http://www.epicurious.com/cooking/how_to/food_dictionary/entry?id=4541 sherbet Definition in the Food Dictionary at Epicurious.com]</ref>
 
Pero o xeado naceu, como outras moitas cousas, en [[China]], onde os emperadores da [[Dinastía Tang]] (ca. 618 a.C. – 900 a.C.), tiñan un método para crear mesturas de xeo con leite. Da China pasou á [[India]], de aí ás culturas [[Persia|persas]] e despois a [[Grecia]] e [[Roma]].
 
Pero é precisamente na [[Gastronomía de Italia|Italia]] da [[Baixa Idade Media]] cando o xeado toma carácter de natureza en [[Europa]]. [[Marco Polo]], no [[século XIII]], ao regresar das súas viaxes de [[Oriente]], trouxo varias receitas de sobremesas xeadas usadas en [[Asia]] durante centos de anos, receitas que se implantaron con certa popularidade nas cortes italianas.
 
No [[século XVI]] descubriuse que o [[nitrato de etilo]] mesturado coa neve producía temperaturas moi baixas; este descubrimento tería a súa importancia na fabricación de xeados. Cando [[Catarina de Medici]] casou con [[Henrique II de Francia]], o seu cociñeiro levou estas primitivas receitas de xeados á corte francesa, gardándose as mesmas con moito secreto.
 
En Francia engadíuselle ovo ás receitas. Unha neta de Catarina casou cun príncipe inglés, levando así o xeado a [[Inglaterra]].
 
Desta maneira difundíronse estes produtos en Europa e, despois, leváronse ás [[América]]s durante a época da [[colonización]].
 
O ano [[1686]], vinte anos despois da introdución do [[café]] na corte de [[Francia]], un [[Sicilia|sicilianosicilia]]no de nome [[Francesco Procopio Dei Coltelli]] tivo a idea de abrir, cerca de [[Saint-Germain-des-Prés]], un establecemento, o [[Café Procope]], onde se probaría esta beberaxe en sociedade. Este establecemento, no que tamén se fabricaban xeados, alcanzou gran fama, especialmente cando, tres anos máis tarde, a instalación da ''Comédie Française'' na mesma rúa atraeu á clientela do mundo do espectáculo.<ref>Autores como Voltaire ou Rousseau eran habituais contertulios no que foi o primeiro ''café literario''.
Diderot concibiu entre as súas paredes —segundo di a "lenda do Café"— a súa ''Encyclopédie'', e Benjamin Franklin, a Constitución dos Estados Unidos. O ''Club dos Cordeliers'', que aí se reunía, con Danton e Marat como figuras principais, constituíu tamén un foco revolucionario. O ''gorro frixio'' (propio dos libertos na Antigüidade) exhibiuse no Procope por primeira vez, e de aí partiu tamén a consigna para o ataque ás Tullerías. A mesa que usaba Voltaire serviu de altar votivo temporal das súas cinzas, e dos cadaleitos de Louis-Michel le Peletier de Saint-Fargeau e Jean-Paul Marat camiño ao Panteón de París.</ref>
 
Liña 133:
at:1553 text: 1553 — Catarina de Meici casa con Henrique II de Francia; o seu cociñeiro levou primitivas receitas de xeados italianos á corte francesa.
at:1660 text: 1660 — O siciliano Francesco Procopio inventou unha máquina que homoxeneizaba as froitas, o azucre e o xeo, co que lograba unha crema xa similar ao xeado actual.
at:1920 text: 1920 — Chistian Nelson, ao ver que os nenos non se decidían entre unha piruleta ou un xeado, decidiu crear un formato que os combinara, nacendo o polo.
 
</timeline>
Liña 163:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==