Descontinuidade de Conrad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
A '''descontinuidade de Conrad''', así denominada na honra do [[sismoloxía|sismólogo]] austro-estadounidense [[Victor Conrad]] (1876-1962), designa, na [[codia terrestre|codia continental]], o límite inferior da capa de [[sial (xeofísica)|sial]], que a separa do [[sima (xeofísica)|sima]].
 
Esta descontinuidade non é un límite estrito, e pouco se sabe dela. Ademais non parece coincidir co punto de cambio xeoquímico entre as rochas máis lixeira do sial e as máis densas do sima, polo que moitos xeólogos non a consideran ou, en todo caso, considérana como unha descontinuidade ''menor''.<ref>Monastersky, Richard (1989): "Inner Space", in ''Science News'', '''136''', páx. 266.</ref>
 
No seu lugar, algúns estudosos fixaron, arbitrariamente, no punto no que a codia ten unha densidade media de 2 800 &nbsp;kg/m<sup>3</sup> (2,g g/cm<sup>3</sup>).<ref name="Ritter">[http://web.archive.org/web/20071111064056/http://www.uwsp.edu/geo/faculty/ritter/geog101/textbook/earth_materials_structure/earth_interior.html Ritter, Michael E. (2006): "Chapter EM: Earth Materials and Structure: The Earth's Interior: The Crust", in ''The Physical Environment: An Introduction to Physical Geography'']</ref>
 
Tanto sial como sima son termos obsoletos, cuñados por [[Eduard Suess]], para designar ás rochas que forman a parte fundamental da codia continental, situadas, as primeiras, máis claras e lixeiras, sobre as máis escuras e densas, que afloran ademais nos fondos oceánicos. Ambos os conceptos perderon significación hoxe e, aínda que describen unha situación real, cun sial descontinuo xacendo sobre un sima continuo,<ref>Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. (2005): Ciencias de la Tierra, 8ª ed. Madrid: Pearson Educación S. A. ISBN 84-205-4400-0]</ref> non teñen cabida nas teorías modernas que describen a estrutura da Terra e explican o seu dinamismo.
 
Estes conceptos eran moi importantes, porén, na teoría da [[Deriva continental]], proposta por [[Alfred Wegener]], quen imaxinaba aos continentes, erroneamente, como masas de sial deslizándose sobre o sima.<ref>[http://books.google.es/books?id=VyN6NAi43YoC&pg=PA43 El Origen de los continentes y océanos]. [[Alfred Wegener]]. Editorial Crítica. ISBN 84-9892-018-3. páx. 43</ref> <ref>[http://books.google.es/books?id=LZd81iAZjN8C&pg=PA62 Geografía.] José Martín del Campo Amezquita. Ediciones Umbral. Jalisco, México, 2006. ISBN 968-5607-38-9, páx. 62</ref>
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==