Pregnenolona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Pregnenolona3D.png|miniatura|dereita|Modelo da pregnenolona.]]
 
A '''pregnenolona''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=8955 Pregnenolone]</ref> é unha [[hormona esteroide]] que intervén como intermediario na ruta de síntese da [[proxesterona]], [[mineralocorticoide]]s, [[glicocorticoide]]s, [[andróxeno]]s, e [[estróxeno]]s, polo que se considera unha [[prohormona]].
 
A pregnenolona sulfato é antagonista do receptor GABA<sub>B</sub> <ref>http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10350561</ref> e incrementa a [[neuroxénese]] no [[hipocampo]]. <ref>Pregnenolone sulfate enhances neurogenesis and PSA... [Neurobiol Aging. 2005] - PubMed result [Internet]. [cited 2010 May 10]. PMID 15585350</ref><ref name=Mayo2005>{{Cita publicación periódica
| pmid = 15585350
| pmc =
Liña 19:
 
== Química ==
Igual ca os outros [[esteroide]]s, a pregnenolona consta de catro aneis de hidrocarburos interconectados. Contén os [[grupo funcional|grupos funcionais]] [[hidroxilo]] e [[cetona]], dúas cadeas [[etilo]], e un [[dobre enlace]] no carbono 5 do anel B. É un [[esterol]], cun OH no C3.
 
Como todas as hormonas esteroides, a pregnenolona é un composto [[hidrofóbico]]. Polo contrario, o seu derivado esterificado, a pregnenolona sulfato, é soluble en auga.
Liña 33:
 
* A pregnenolona pode ser convertida en [[proxesterona]], ao cambiar o OH do carbono 3 por unha cetona e mudar a posición do dobre enlace do anel A. A reacción está catalizada polo encima [[3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase]] ou delta 4-5 isomerase. O encima transfire o dobre enlace do C5 ao C4 no anel A. A proxesterona é a entrada á vía delta-4, dando lugar á produción da [[17-hidroxiproxesterona]] e [[androstenediona]], precursores da [[testosterona]] e [[estrona]]. A [[aldosterona]] e os [[corticosteroides]] tamén son derivados da proxesterona e os seus derivados.
 
* A pregnenolona pode ser convertida en [[17-hidroxipregnenolona]] polo encima 17α-hidroxilase ([[CYP17A1]]). Usando esta vía, chamada vía delta-5, o seguinte paso é a conversión en [[deshidroepiandrosterona]] (DHEA) utilizando unha [[desmolase]]. A DHEA é o precursor da [[androstenediona]].
 
* A pregnenolona pode ser convertida tamén en androst-5,16-dien-3 beta-ol pola 16-ene-sintetase.
 
== Neuroesteroide ==
A pregnenolona e o seu sulfato, igual que a [[deshidroepiandrosterona]] e o seu sulfato e a [[proxesterona]], pertencen ao grupo dos esteroides neuroactivos ou [[neuroesteroides]], que se encontran en altas concentracións en certas partes do cerebro, e son sintetizados alí. Os neuroesteroides afectan ao funcionamento [[sinapse|sináptico]], son [[Neuroprotección|neuroprotectores]], e melloran a [[mielina|mielinización]]. Está investigándose o potencial para mellorar o funcionamento cognitivo e a [[memoria]] da pregnenolona e o seu [[éster]] de sulfato. <ref>{{Cita publicación periódica | autor = Vallée M, Mayo W, Le Moal M | título = Role of pregnenolone, dehydroepiandrosterone and their sulfate esters on learning and memory in cognitive aging. | publicación = Brain Res Brain Res Rev |volume= 37 | número = 1-3 |páxinas= 301–12 |ano= 2001 | pmid = 11744095 | doi = 10.1016/S0165-0173(01)00135-7}}</ref>
 
A pregnenolona sulfato activa as canles iónicas do [[TRPM3|receptor potencial transitorio M3]] en [[hepatocito]]s e [[illote de Langerhans|illotes pancreáticos]] causando a entrada de calcio e a posterior liberación de [[insulina]]. <ref name="pmid18978782">{{Cita publicación periódica |autor=Wagner TF, Loch S, Lambert S, ''et al.'' |título=Transient receptor potential M3 channels are ionotropic steroid receptors in pancreatic beta cells |publicación=Nature cell biology |volume= 10|número= 12|páxinas= 1421|ano=2008 |pmid=18978782 |doi=10.1038/ncb1801 |url=}}</ref>
 
== Supresión hipofisaria ==