Proxestáxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Steroidogenesis gl.svg|miniatura|dereita|450px|[[Esteroidoxénese]], cos proxestáxenos no cadro de fondo amarelo.]]
Os '''proxestáxenos''' <ref name=merriam-webster/> ou '''xestáxenos''' son un grupo de [[hormona]]s [[esteroide]]s entre as que se inclúe a [[proxesterona]].
Os proxestáxenos son un dos cinco grupos principais de hormonas esteroides, xunto cos [[estróxeno]]s, [[andróxeno]]s, [[mineralocorticoide]]s, e [[glicocorticoide]]s <ref>G. P. Moss (1989). "Nomenclature of Steroids (Recommendations 1989)". Pure & Appl. Chem. 61 (10): 1783–1822. doi:10.1351/pac198961101783. http://www.chem.qmul.ac.uk/iupac/steroid/. PDF "IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN). The nomenclature of steroids. Recommendations 1989". Eur. J. Biochem. 186 (3): 429–58. December 1989. doi:10.1111/j.1432-1033.1989.tb15228.x. PMID 2606099.</ref> <ref> Edgren RA, Stanczyk FZ (December 1999). "Nomenclature of the gonane progestins". Contraception 60 (6): 313. doi:10.1016/S0010-7824(99)00101-8. PMID 10715364.</ref>
Todos os proxestáxenos caracterízanse por ter un esqueleto básico de 21 carbonos, chamado esqueleto de pregnano (C21). De igual maneira, os estróxenos posúen un esqueleto de estrano (C18), e os andróxenos un esqueleto de andrano (C19).
 
Os proxestáxenos denomínanse así pola súa función no mantemento do [[embarazo]] (función proxestacional), aínda que están presentes tamén noutras fases do [[ciclo menstrual]] ou estral. A clase das hormonas proxestáxenas comprende todos os esteroides que teñan esqueleto de pregnano, tanto naturais como sintéticos. <ref name=merriam-webster>[http://www.merriam-webster.com/medical/progestagen Merriam-Webster's medical Dictionary: progestogen (variant of progestagen)] Retrieved on Feb 13, 2010</ref> As substancias con efecto hormonal similar a este exóxenas ou sintéticas denomínanse xeralmente [[proxestina]]s.
 
== Funcións ==
=== Os proxestáxenos como precursores doutros esteroides ===
 
Os [[esteroide]]s sintetízanse a partir do [[colesterol]]. A [[esteroidoxénese|ruta esteroidoxénica]] comeza cando unha molécula de colesterol se converte en [[pregnenolona]] (P5). A pregnenolona e outros membros do grupo dos esteroides proxestáxenos serven de precursores de todos os outros esteroides, incluíndo [[estróxeno]]s, [[andróxeno]]s, [[mineralocorticoide]]s, e [[glicocorticoide]]s <ref>A. Lehninger. Bioquímica. Omega. 2ª ed. Páxinas 698-699. ISBN: 84-282-0211-7. </ref>. A P5, P4, 17α-hidroxipregnenolona, e a 17α-hidroxiproxesterona son todos intermediatos desta ruta producidos endoxenamente. Deste modo, todos os tecidos produtores de hormonas esteroides, como as [[glándula adrenal|glándulas adrenais]], [[ovario]]s, e [[testículo]]s, poden producir proxestáxenos.
 
Nalgúns tecidos, os encimas requiridos para obter o produto final non están todos localizados nunha soa célula, polo que deben colaborar na síntese varios tipos celulares. Por exemplo, nos [[folículo ovárico|folículos ováricos]], o colesterol convértese no [[andróxeno]] [[androstenediona]] nas células da teca folicular, o cal é despois convertido en estróxeno nas [[célula da granulosa|células da granulosa]] próximas <ref>Medical Physiology, Boron & Boulpaep, ISBN 1-4160-2328-3, Elsevier Saunders 2005. Updated edition. Page 1155</ref>. Nalgunhas especies, as glándulas adrenais fetais tamén producen pregnenolona (P5), a cal se converte en proxesterona (P4) e estróxenos pola placenta (como se explica máis abaixo). Nos humanos, as glándulas adrenais fetais producen [[deshidroepiandrosterona]] pola ruta da pregnenolona (P5).
Liña 19:
 
=== Produción de proxestáxenos na placenta ===
O papel da [[placenta]] na produción de proxestáxenos varía entre especies. Nas [[ovella]]s, [[cabalo]]s e [[humano]]s, unha vez establecido o embarazo, a placenta asume a maior parte da produción de proxestáxenos <ref name=Guyton> A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. Interamericana. 6ª edición. Páxinas 1191-1192, 1212. ISBN 84-7605-029-1.
</ref>, pero noutras especies o [[corpo lúteo]] do ovario segue sendo a principal fonte de proxestáxenos. Nas ovellas e nos humanos, a proxesterona (P4) é o principal proxestáxeno placentario. <ref>Jerome F. Strauss III, Federico Martinez, Marianthi Kiriakidou. Placental Steroid Hormone Synthesis: Unique Features and Unanswered Questions. Biology of reproduction 54, 303-311 (1996). [http://www.biolreprod.org/content/54/2/303.full.pdf]</ref>
 
A placenta equina produce unha variedade de proxestáxenos, principalmente a 5αDHP e a 20α5P, comezando no día 60 de [[xestación]]. O cambio completo lúteo-placentario na produción ocorre entre os días 120-150. <ref>Silver M. Placental progestagens in the sheep and horse and the changes leading to parturition. Exp Clin Endocrinol. 1994;102(3):203-11. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/7995342]</ref>
 
== Aplicacións ==
=== Control da natalidade ===
{{Artigo principal|Contracepción hormonal}}
As [[proxestinas]], substancias sintéticas con actividade proxestáxena <ref>Combined estrogen-progestogen contraceptives. [http://monographs.iarc.fr/ENG/Monographs/vol91/mono91-6.pdf Combined estrogen-progestogen contraceptives]</ref>, utilízanse na contracepción hormonal nas pílulas anticonceptivas, implantes e no sistema intrauterino (''Mirena'').
 
=== Antiandróxeno ===
Liña 34:
 
=== Regulación da hemorraxia menstrual ===
Nun ciclo menstrual normal, a diminución dos niveis de proxesterona desencadea a menstruación. A [[noretindrona acetato]] (nome comercial ''Aygestin'') e a [[medroxiproxesterona acetato]] (nome comercial ''Provera'') poden utilizarse para regular a hemorraxia menstrual. <ref>[http://dailymed.nlm.nih.gov/dailymed/drugInfo.cfm?id=48219 DailyMed. AYGESTIN (norethindrone acetate) tablet ]</ref>
[http://dailymed.nlm.nih.gov/dailymed/drugInfo.cfm?id=48219]</ref>
 
=== Caquexia ===
Liña 50 ⟶ 49:
* {{Cita publicación periódica |author=Hulley S, Grady D, Bush T, ''et al.'' |title=Randomized trial of estrogen plus progestin for secondary prevention of coronary heart disease in postmenopausal women. Heart and Estrogen/progestin Replacement Study (HERS) Research Group |journal=JAMA |volume=280 |issue=7 |pages=605–13 |year=1998 |pmid=9718051 |doi=10.1001/jama.280.7.605 |url=http://jama.ama-assn.org/cgi/content/full/280/7/605}}
* Xestación equina {{en}} [http://www.vetmed.lsu.edu/eiltslotus/theriogenology-5361/equine%20pregnancy_2.htm]
 
 
{{Hormonas}}