3-hidroxi-3-metilglutaril-coencima A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 43:
}}
}}
O '''3-hidroxi-3-metilglutaril-coencima A''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=445127 3-hydroxy-3-methylglutaryl-coenzyme A]</ref> <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=61659 (3S)-3-hydroxy-3-methylglutaryl-coenzyme A]</ref>, ou '''HMG-CoA'''<ref>MeSH name [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2007/MB_cgi?mode=&term=HMG-CoA MeSH name]</ref>, tamén chamado '''β-hidroxi-β-metilglutaril-coencima A''' (ás veces abreviado como hidroximetilglutaril-CoA) é unha molécula formada por un hidroxiácido [[metilación|metilado]] de 4 carbonos unido ao [[coencima A]] (derivado dun [[nucleótido]]). Funciona como un intermediato na ruta de formación de [[corpo cetónico|corpos cetónicos]] ([[cetoxénese]]) e na vía do [[mevalonato]] para a formación de [[terpeno]]s e [[esteroide]]s, onde se forma a partir de [[acetoacetil-CoA]] e [[acetil-CoA]]. Tamén intervén como intermediario no metabolismo do aminoácido [[leucina]], onde o seu precursor é o [[3-metilglutaconil-CoA]].
 
== Na vía do mevalonato ==
Liña 55:
== Na cetoxénese ==
[[Ficheiro:Ketogenesis.png|350px|miniatura|dereita|Formación de [[corpo cetónico|corpos cetónicos]].]]
Na [[cetoxénese]] o HMG-CoA utilízase para a formación do [[corpo cetónico]] [[acetoacetato]]. Orixínase a partir do [[acetoacetil-CoA]], que se une a unha molécula de [[acetil-CoA]] nunha reacción catalizada pola [[HMG-CoA sintase]]. <ref name=Lehninger> A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. 1988. Páxinas 524-525, 608-609. ISBN 84-282-0738-0.</ref>
 
Posteriormente, o HMG-CoA formado rompe rendendo acetoacetato e acetil-CoA nunha reacción catalizada pola [[HMG-CoA liase]].