Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}))
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Historia ==
A historia de Colonia ten coma preámbulo as campañas de [[Xulio César|César]] no ''limes'' setentrional do [[Imperio Romano|imperio]]. Axudado polos [[ubios]], que habitaban na beira oriental do [[Rin]], exterminou aos [[eburóns]] da beira occidental <ref>[http://www.roemerstadt-koeln.de/ccaa1_e.htm ''Cómic didáctico sobre as orixes de Colonia'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/ccaa1_e.htm]</ref>. Tempo despois, no ano [[-19]] (e non no [[-38]] como se pensaba), [[Agripa]] accedeu a que os ubios se asentasen nesa beira (a esquerda), nun lugar elevado a salvo das crecidas: un poboado por iso nomeado '''Oppidum Ubiorum''' <ref> ''Planta esquemática do Oppidum Ubiorum'' [http://www.roemerstadt-koeln.de/images/karte4.gif ''Planta esquemática do Oppidum Ubiorum'']</ref>.
 
=== Campamento romano ===
[[Ficheiro:Roman Cologne, reconstruction.JPG|miniatura|Colonia (C C A A), reconstrución no século IV.]]
 
De planta regular reticulada (1km2) e amurallada (seica no [[89]]), converteuse nunha importante cidade, a maior ao norte dos [[Alpes]], centro comercial cos territorios xermánicos, que albergaba uns 30.000 habitantes <ref> ''Planta de Colonia Agripina; aliñados fronte ao Rin: Templo do Capitolio no sur, no centro Altar dos Ubios (diante do Foro) e Pretorio a carón polo norte'' [http://www2.rgzm.de/Transformation/Deutschland/EntstehungProvinz/Provinz_Niedergermanien/Koeln003.jpg] </ref>. Posuía Capitolio arredor dun templo [[octóstilo]], construíuse un novo Pretorio e asemade un gran acueduto e o porto da frota romana do Rin (Altenburg, uns quilómetros ao sur), mentres o porto da cidade contaba con ''horrea'' (almacéns) na illa do Rin, que a poucos foi unida a terra firme. O apoxeo da vila mantívose no [[século II]] ata a crise do imperio na terceira centuria da nosa era <ref>[http://www.colonia3d.de/ ''Reconstrución de Colonia Agripina en 3D; Escola de Deseño de Köln'' [http://www.colonia3d.de/]</ref>.
 
Capital dun efémero imperio gálico a metade do [[século III]], semella que pouco despois foron refeitas as murallas e recibiu un asalto dos francos ([[276]]). O emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] construíu a primeira ponte permanente sobre o Rin (seica desaparecida xa no século X) cunha fortaleza na beira oposta (''Divitia'', 310). Os saqueos [[francos]] sucedéronse durante o [[século IV]] ata que a vila caeu definitivamente no seu poder en [[459]].
 
=== A formación da cidade episcopal ===
Aínda residencia real dos francos [[merovinxios]] (''rexia'' no Pretorio), os [[carolinxios]] a trasladaron a [[Aquisgrán-Aachen|Aquisgrán]]. Porén, no mesmo tempo, Colonia foi elevada a arcebispado (795) consolidando así un novo poder na cidade. Os arcebispos serán Príncipes Electores do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] e nos cinco séculos seguintes as fundacións relixiosas baixo a éxida episcopal van conformar un organismo urbano único, urdido cunha coroa de ata trece grandes igrexas e conventos, pequenas cidades de seu dentro da cidade <ref>[http://www.romanische-kirchen-koeln.de/kirchen.html ''Páxina exhaustiva sobre as grandes igrexas románicas de Colonia'' [http://www.romanische-kirchen-koeln.de/kirchen.html]</ref><ref>''As cidades episcopais, "Urbanismo occidental" páx 24 e sig., W.Braunfels.''</ref>.
Bispado xa dende [[313]] o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro do ''Domo'' actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivos ''martyria'' en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o rei [[Clodoveo I]] en 496) favoreceu o enriquecemento de aquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fora de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo vikingo do [[882]], tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
[[Ficheiro:Köln Fortifikatorische Entwicklung.svg|miniatura|200px|Evo. das murallas (ata 1108 laranxa).]]
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperador [[Odón I]]) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (a ''Rheinvorstadt''). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña, ''Alter Mark'' e ''Heumarkt'' (o mercado vello e o do feo) <ref> ''Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/89/e8/20289.978x1304xin.jpeg]</ref>. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortaleza ''Divitia'') outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.
 
Os comerciantes e burgueses comezaron a sublevarse contra o poder episcopal en 1074 e coa axuda do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], en 1106 acadaron certa autonomía. De resultas e contra o desexo arcebispal, novas murallas foron levantadas en 1108 incluíndo os arrabaldes que tiñan crecido arredor das igrexas extramuros ao norte (Sta. Úrsula e S. Kuniberto), sur (S. Xurxo), e oeste (Santos Apóstolos)<ref> ''Planta de Colonia coas murallas de 1108 e os grandes templos (o recinto exterior é o de 1180)'' [http://www.geopuls.de/typo3temp/pics/53bd877a80.jpg]</ref><ref> ''Idem coa evolución do caserío no século X e XI'' [http://daniel-joedemann.de/wordpress/wp-content/uploads/2009/12/Mittelalter_Koeln.jpg ''Idem coa evolución do caserío no século X e XI'']</ref>. A primeira mención do concello de Colonia data de 1135 (a ''Rathaus'' situouse sobre as fundacións do Pretorio romano, nas costas do mercado vello e S. Martiño, cunha praza de diante no canto do gueto xudeu que foi destruído).
 
=== Esplendor medieval ===
En 1288, tralo exilio dos arcebispos a [[Bonn]], Colonia conseguiu a plena autonomía municipal coma [[cidade imperial libre]] de feito (de dereito en 1475). Nos dous séculos precedentes baixo o báculo arcebispal todas as grandes igrexas da cidade foron ampliadas ou reconstruídas compoñendo un dos conxuntos arquitectónicos [[románico]]s máis excepcionais <ref> ''Ver nota 5''</ref>.
[[Ficheiro:Cologne St Aposteln 1925 innen.jpg|miniatura|esquerda|200px|Stos. Apóstolos.]]
[[Ficheiro:Köln st gereon kuppel dekagon.jpg|miniatura|200px|S. Xereón, cúpula do decágono.]]
Como remate (novamente contra a vontade do arcebispo), entre 1180 e 1220 os diferentes burgos amurallados foron unificados dentro dun único novo cinto de fortificacións que comprendía máis de 400 Ha, o maior de [[Europa]] (9km9&nbsp;km con 12 portas). Tan extenso que esa configuración distintiva da urbe (media lúa) vaise manter ata o século XIX <ref>[http://www.bilderbuch-koeln.de/img/1d/bd/10585.978x1304xin.jpeg ''Vista cenital de Colonia (maqueta?) nas murallas de 1180'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/1d/bd/10585.978x1304xin.jpeg]</ref>.
 
Situada estratexicamente no cruce de rutas entre este e oeste coa ampla vía comercial que o Rin significaba entre o sur e o norte, dende o século X a cidade prosperara da man do tráfico no seu porto. En [[1260]] Colonia uniuse á [[Liga Hanseática]] selando o florecemento futuro.
Dito eixo foi continuado ata a outra beira coa construción, despois de séculos, dunha ponte sobre o Rin (Dombrücke, 1859; substituída en 1911 pola Hohenzollerbrücke). Ponte ferroviaria que, nunha controvertida decisión, situou a estación central preto da catedral. O ferrocarril trouxo un aumento do tráfico de mercancías que reactivou o porto (novo peirao na ribeira sur, sacando partido a unha illa do río que alí había, ''Rheinauhafen'', en 1898). Despois da guerra franco-prusiana de 1871 o forte pulo da industrialización levou ó crecemento da poboación ata os 640.731 habitantes en 1913.
[[Ficheiro:Jakob Scheiner Koeln Vogelschauplan.jpg|miniatura|centro|600px|Panorámica de Colonia dende o suroeste: a cidade histórica (''Altstadt'') e o ensanche (''Neustadt'') nos seus inicios; no medio o anel de bulevares (''Kölner Ringe'') no canto das murallas medievais. No ''glacis'', parques e ferrocarrís; ao fondo a primitiva ponte da Catedral (''Dombrücke''); J. Scheiner, 1880-90.]]
Signo da nova prosperidade, a catedral foi rematada (1842-80) ao tempo que as murallas medievais derrubadas (1881). No seu lugar e o do ''glacis'', un plan de ensanche (J. Stüben, 1883 <ref>[http://www.bildindex.de/obj05243648.html#|0 ''Planta do plan de ensanche (Neustadt) de Colonia, Josef Stübben'' [http://www.bildindex.de/obj05243648.html#|0]</ref>) cunha disposición radioconcéntrica (''Ring'' ou anel de bulevares en dez seccións con inspiración nos modelos de [[Viena]] e [[París]]) ditada pola configuración semicircular da cidade histórica (que vaise repetir nos desenvolvementos futuros <ref>[http://www.radweit.de/stadtpl/kwplan.gif ''A estrutura radioconcéntrica da Colonia contemporánea'' [http://www.radweit.de/stadtpl/kwplan.gif]</ref>). E ao igual que os seus modelos, esta ''Neustadt'' foi asento da nova burguesía frorecente <ref> ''Mapa de Colonia en 1891: o anel de bulevares (diferentes seccións do Ring) e novo peirao Rheinauhafen no porto'' [http://www.123rath.de/photohtml/koeln_1891.jpg]</ref>.
 
=== Século XX: Reconstrución ===
No período de entreguerras (o da [[República de Weimar]]), con [[Konrad Adenauer]] coma alcalde, levouse a cabo o plan para a creación de cintos verdes (''Grüngürtel'') arredor da cidade consolidada do tempo (aproveitando a esixencia do [[Tratado de Versailles]] de desmantelamento dos últimos baluartes defensivos que rodeaban a vila máis aló da Neustadt <ref> ''Páxina sobre os cintos verdes de Colonia'' [http://www.koelner-gruen.de/CMS/Innerer_Gruenguertel.mfpx?ActiveID=1084 ''Páxina sobre os cintos verdes de Colonia'']</ref><ref>''Mapa moderno do centro de Colonia coas diferentes seccións da historia da cidade ben diferenciadas: a Alstadt, o anel de bulevares (Ring), a Neustadt e o cinto verde (Grüngürtel) interior de 1922; nótese no río o peirao Rheinauhafen de 1898'' [http://www.diercke.de/bilder/omeda/501/100760_010_1.jpg]</ref>). Neste período a vila foi tamén modélica en construción de vivenda social.
[[Ficheiro:EKT-2007-Koeln-Altstadt.jpg|miniatura|200px|A ribeira medieval de Colonia na actualidade: San Martiño o Grande en primeiro termo; ao fondo a Catedral e á dereita apunta a torre da ''Rathaus''.]]
Na [[Segunda Guerra Mundial]], a cidade histórica de Colonia foi devastada polos bombardeos. As labouras de reconstrución duraron toda a segunda metade do [[século XX]] sendo as vellas igrexas románicas unha prioridade. A ''tabula rasa'' na que se convertera a ''Alstadt'' foi aproveitada para a introdución de grandes arterias para o automóbil (que xa foran planificadas na época nazi). Sobre todo no eixo leste-oeste destruíron un tanto a beleza da Praza do Feo, aberta agora cunha ponte cara a Deutz <ref>[http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg ''O centro actual de Colonia nunha perspectiva de cómic'' [http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg]</ref>).
 
Nas últimas décadas a fronte medieval sobre o Rin ten sido convertido en parque coa transformación do primitivo porto en peirao de lecer. Por outra parte, o ''Rheinauhafen'' do fin do XIX ten sido obxecto dunha reconversión urbana transformándose en área de oficinas e residencial <ref> ''Plan de rexeneración do Rheinauhafen, na ribeira sur da cidade histórica''[http://www.moderneskoeln.de/Rheinauhafen.htm]</ref>. O porto moderno foi desenvolvéndose con novos peiraos augas abaixo do río.
 
Aínda que a capitalidade de [[Renania do Norte-Westfalia]] foi situada en [[Düsseldorf]] e a federal na próxima [[Bonn]] (ata 1990), a Colonia contemporánea desenvolveuse coma centro cultural, da industria editorial e medios de comunicación. O ''Media Park'' (nunha antiga praia de vías férreas no NO da Neustadt, a carón do Stadtgarten) foi deseñado coma área de innovación para o [[século XXI]]. Tamén en Deutz, na beira oriental, estase a levar a cabo un ambicioso centro loxístico (estación do ferrocarril de alta velocidade), dotacional e comercial.
393.002

edicións