Diferenzas entre revisións de «Neurohipófise»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
;Pars nervosa: tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas [[oxitocina]] e [[vasopresina]]. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os [[corpos de Herring]] e [[pituicito]]s. <ref>BUHistology - 14004loa [http://www.bu.edu/histology/p/14004loa.htm BUHistology - 14004loa]</ref>
;Talo infundibular: tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
;Eminencia media: só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. <ref>MeshName - Median+eminence [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence MeshName - Median+eminence]</ref>
 
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
 
{{Sistema endócrino}}
 
 
[[Categoría:Endocrinoloxía]]
393.002

edicións