Célula delta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m puntuación
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Control-of-stomach-acid-sec.png|miniatura|dereita|Control da secereción ácida estomacal.]]
 
As '''células delta''' (células δ) ou '''células D'''<ref>MeSH D+cell [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=D+Cells MeSH D+cell]</ref> son células produtoras de [[somatostatina]], que se encontran nas paredes do [[estómago]] e [[intestino]] e nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]].
 
No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.
 
Vistas con [[microscopio electrónico]], as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] algo máis compactos ca as [[célula beta|células beta]] dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 &nbsp;nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 655. ISBN 84-7605-361-4</ref>.
 
As células delta conteñen receptores de colecistoquinina B ou [[CCKBR]] (que responden á [[gastrina]]), que aumentan a liberación de [[somatostatina]], e [[receptor M3|receptores M3]] (que responden á [[acetilcolina]]), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.
Liña 21:
 
{{Células humanas derivadas do endoderma}}
 
 
[[Categoría:Histoloxía]]