John Watson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
}}
 
'''John Marshall "Wattie" Watson''', [[Orde do Imperio Británico|MBE]], nado en [[Belfast]] o [[4 de maio]] de [[1946]] é un ex piloto de carreiras de [[Irlanda do Norte]]. Competiu en [[Fórmula Un]], gañando cinco grandes premios e tamén o [[Campionato Mundial de Resistencia]].
 
== Inicios na Fórmula Un ==
Educado en [[Rockport School]], Irlanda do Norte, Watson comezou a súa carreira na [[Fórmula Un]] na tempada de {{f1|1972}} pilotando para Goldie Hexagon Racing nunha carreira fóra de campionato: a [[1972 World Championship Victory Race|World Championship Victory Race]], en [[Circuíto de Brands Hatch|Brands Hatch]] nun vello [[March Engineering|March]]- [[Cosworth]] 721.<ref>"[http://www.silhouet.com/motorsport/archive/f1/nc/1972/1972.html#brd, 1972 Non-World Championship Grands Prix]"</ref>
A primeira proba de Watson no Campionato do Mundo foi na tempada {{f1|1973}}, na que só correu no [[Gran Premio do Reino Unido de 1973|GP do Reino Unido]], onde pilotou un [[Brabham]]-[[Ford Motor Company|Ford]] BT37 e no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1973|Gran Premio de EE.UU.]], onde pilotou o terceiro Brabham BT42, e non foi particularmente exitoso. No GP do Reino Unido, se quedou sen combustible na volta 36 e no GP de EE.UU. o seu motor fallou logo de só sete voltas.
 
Watson anotou o seu primeiro punto en [[Gran Premio de Mónaco de 1974|Monte Carlo]] pilotando un Goldie Hexagon Racing. Chegou a anotar un total de seis puntos na tempada, conducindo un Brabham BT42-Ford modificado polo equipo.<ref>Henry, Alan (1985) "[http://www.amazon.co.uk/exec/obidos/ASIN/0905138368 Brabham, the Grand Prix Cars]" p. 143 - 145 Osprey ISBN 0-905138-36-8</ref> Non puido sumar puntos o ano seguinte, pilotando para [[Surtees|Equipo Surtees]], [[Team Lotus]] e [[Penske Racing|Penske]].
 
== Primeira vitoria ==
Obtivo o seu primeiro podio co terceiro lugar no [[Gran Premio de Francia de 1976]]. Esa mesma tempada acadou a súa primeira vitoria, pilotando un [[Penske Racing|Penske-Ford]] no [[Gran Premio de Austria de 1976|Gran Premio de Austria]], despois de cualificar segundo na grella. Logo da carreira se afeitou a barba, resultado dunha aposta co dono do equipo [[Roger Penske]].
 
O inicio da tempada de Fórmula Un de {{f1|1977}} foi desastroso para Watson. Na terceira carreira, o [[Gran Premio de Suráfrica de 1977|Gran Premio de Suráfrica]], logrou un punto e a súa primeira [[volta rápida]]. Desafortunadamente a carreira viu a morte do piloto [[Tom Pryce]] e do comisario de pista [[Jansen Van Vuuren]]. O seu [[Brabham]] - [[Alfa Romeo F1|Alfa Romeo]] falloulle durante toda a tempada pero, a pesar diso, arranxousellas para dar espectáculos impresionantes. Gañou a súa primeira [[pole position]] no [[Gran Premio de Mónaco de 1977|Gran Premio de Mónaco]] e cualificou no top ten non menos de 14 veces, a miúdo nas dúas primeiras filas. Pero o destino quixo que os problemas co coche, os accidentes e as descualificacións só lle permitiran acabar cinco das 17 carreiras. O máis cerca que chegou a estar da vitoria foi no [[Gran Premio de Francia de 1977|Gran Premio de Francia]], onde dominou a carreira desde o principio, pero un problema de medición de combustible, relegouno na última volta ao segundo posto por detrás do gañador final [[Mario Andretti]].
 
En {{f1 | 1978}}, Watson logrou unha tempada máis exitosa en termos de finalizacións de carreiras, aínda que por detras tanto nas clasificacións e nas carreiras do seu compañeiro de equipo [[Niki Lauda]]. Logrou tres podios e unha pole, anotando 25 puntos.
 
== Marcha a McLaren ==
[[Ficheiro: John Watson McLaren MP4.png | thumb | right | 300px | Watson pilotando o [[McLaren MP4 / 1]]]]
En {{F1 | 1979}}, Watson fichou por [[McLaren]], e lles deu a súa primeira vitoria en máis de tres anos ao gañar o [[Gran Premio de Gran Bretaña de 1981]], e tamén foi a primeira vitoria dun coche de Fórmual 1 co monocasco de [[fibra de carbono reforzada con polímero|fibra de carbono]], o [[McLaren MP4 / 1]]. O seu ano máis exitoso foi {{f1 | 1982}}, cando terminou terceiro no campionato de pilotos, gañando dous Grandes Premios. Foi coñecido polas súas asombrosas remontadas desde a parte de atrás da grella. En [[Gran Premio de Detroit|Detroit]] en {{f1|1982}}, superou a tres autos nunha intensa volta, nunha pista estreita, revirada, na que supostamente era imposible pasar, e partindo da 17ª posición da grella, logrou a vitoria. Un ano máis tarde en {{f1 | 1983}}, repetiu a fazaña no [[Gran Premio do oeste dos Estados Unidos|Gran Premio de Long Beach]], outro circuíto urbano, partindo do 22º posto na grella, o posto máis atrás no que nun moderno Gran Premio un piloto chegara nunca a gañar unha carreira. A vitoria final de Watson inclúe tamén unha loita pola posición co seu compañeiro de equipo [[Niki Lauda]], que comezara o 23 de carreira.
 
Ao final da tempada de {{f1|1983}} con todo, foi relegado por McLaren e posteriormente retirouse da Fórmula Un. Volveu dous anos máis tarde, pilotando un McLaren en lugar do lesionado [[Niki Lauda]] no [[Gran Premio de Europa de 1985]] en Brands Hatch, na que logrou o sétimo posto. Watson correu co dorsal habitual de Lauda o nº "1". Esta foi a segunda ocasión desde 1973 (cando comezou o sistema numérico actual da Fórmula 1) que un piloto que non fora o vixente Campión do Mundo competira co coche número 1 nunha carreira do Campionato do Mundo, sendo o outro [[Ronnie Peterson]] cando comezou o sistema, xa que o vixente campión do mundo Jackie Stewart retirouse á conclusión da tempada 1973.
 
== Carreira en coches deportivos ==
 
En 1984, Watson volveu as carreiras de [[coches deportivos]], en particular, acompañou a [[Stefan Bellof]] na vitoria nos 1000km1000&nbsp;km de Fuji durante o ano que Bellof gañou o campionato. Watson tamén terminou segundo no Campionato Mundial de Resistencia de 1987 xunto con [[Jan Lammers]] nun [[Silk Cut]] [[Jaguar Cars|Jaguar]], cando gañou un total de tres carreiras do campionato (Xarama, Monza e Fuji). Watson tamén participou nas [[24 Horas de Le Mans]] sete veces ao longo da súa carreira, terminou 11º, o seu mellor posto, en 1990.
 
== Outros traballos ==
 
Logo de retirarse da competición activa, traballou como comentarista de televisión, dirixiu unha escola de pilotos en [[Circuíto de Silverstone|Silverstone]] e unha pista de carreiras. Tamén foi o primeiro home en pór a proba un [[Jordan Grand Prix|Jordan]] de [[Fórmula Un]] en {{f1 | 1990}}.
 
De 1990 a 1996 traballou como comentarista da Fórmula Un en [[Eurosport]] xunto a Richard Nicholls de (1990-1992), Allard Kalff de (1992-1994) e [[Ben Edwards]] de (1995-1996). O último Gran Premio que transmitiu en vivo no Reino Unido para Eurosport foi o GP de Xapón en 1996. Os contratos para as transmisións en vivo da Fórmula 1 foron trasladados ás canles de televisión privadas no ano 1997. En 1997, Watson traballou como comentarista da Fórmula Un para ESPN.
 
De 1998 a 2001 foi compañeiro de [[Charlie Cox (Racing)|Charlie Cox]] comentando o Campionato Británico de Turismos para a [[BBC]].
 
Durante a tempada {{f1|2002}} de F1, John foi comentarista no canle de pago de Sky Sports [[F1 Dixital|F1+]] (alcumado Bernie Vision) xunto a Ben Edwards. Pero era bastante impopular e foi despedido na tempada 2003.
 
Watson comentou nalgunhas roldas do campionato da FIA de GT1 e GT3 en 2010.
 
=== Resultados Completos na Fórmula Un ===