Célula principal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Chief cell miguelferig.png|miniatura|dereita|Esquema simplificado dunha célula principal gástrica.]]
 
Unha '''célula principal''' ou '''célula principal gástrica''', tamén chamada '''célula cimoxénica''' gástrica ou '''célula péptica''', é unha célula da parede [[estómago|estomacal]] que libera encimas dixestivos como o [[pepsinóxeno]] ou a [[lipase gástrica]]. Estas células localízanse no terzo ou metade inferior das [[glándula gástrica|glándulas gástricas]] da parede do estómago, fundamentalmente da zona do ''corpo'' do estómago.
 
Liberan o pepsinóxeno cando son estimuladas por unha variedade de factoroes, como a actividade [[acetilcolina|colinérxica]] do [[nervio vago]], a acidez do estómago, as hormonas [[gastrina]] e [[secretina]], que son secretagogas (promoven a [[secreción]]). <ref>Johnson. Gastrointestinal Physiology 6th Edition. Mosby. 2001</ref>
 
==Nomenclatura==
Liña 16:
As células principais funcionan en conxunción coas [[célula parietal|células parietais]], que liberan o [[ácido clorhídrico]] gástrico, que crea un [[pH]] ácido que fai que a estrutura do pepsinóxeno se abra, e este, de forma autocatalítica, escinda un segmento da súa propia molécula, converténdose en pepsina activa.
 
A [[quimosina]] (ou renina gástrica) serve para coagular o [[leite]], e secrétana moitos animais lactantes, especialmente [[ruminante]]s, pero a súa produción declina despois rapidamente e pasa a predominar a secreción de pepsinóxeno. Secrétase como un proencima chamado proquimosina, que se activa a quimosina en medio ácido. Nos humanos identificouse un [[pseudoxene]] non funcional para unha protease similar á quimosina situado no [[cromosoma 1]], pero non se identificou unha protease neonatal humana funcional similar á quimosina.<ref>Foltmann B. Chymosin: a short review on foetal and neonatal gastric proteases. Scand J Clin Lab Invest Suppl. 1992;210:65-79. PMID 1455182 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1455182]</ref><ref>CYMP chymosin pseudogene [ Homo sapiens ].
NCBI resources [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?db=gene&cmd=Retrieve&dopt=Graphics&list_uids=643160]</ref><ref>Kolmer, M.; Ord, T.; Alhonen, L.; Hyttinen, J.-M.; Saarma, M.; Villems, R.; Janne, J. Assignment of human prochymosin pseudogene to chromosome 1. Genomics 10: 496-498, 1991.[http://www.metalife.com/Medline/2071156]</ref>
 
Liña 37:
 
{{Células humanas derivadas do endoderma}}
 
 
 
[[Categoría:Histoloxía]]