Diferenzas entre revisións de «Ante Gotovina»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Ante Gotovina plakat.jpg|miniatura|300px|Póster de Ante Gotovina nunha rúa.]]
'''Ante Gotovina''', nado o [[12 de outubro]] de [[1955]] na [[Illa de Pašman]], [[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] (actual [[Croacia]]), é un antigo xeneral do [[Croacia|exército croata]]. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como prófugo da xustiza pola súa actuacíón nas [[guerras iugoslavas]], foi capturado en [[Tenerife]], [[España]] a finais de [[2005]].
 
O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] (TPII) declarouno culpábel de [[crimes contra a humanidade]], sendo condenado a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos nun (a [[Operación Tormenta]] contra a autoproclamada [[República Serbia de Krajina]], en [[1995]]. Tamén foi condenado por actos de persecución contra a poboación serbia de dito enclave en Croacia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de 250.000 habitantes de [[etnia]] serbia.<ref>Europa Press [http://www.europapress.es/internacional/noticia-tpiy-condena-24-anos-carcel-gotovina-crimenes-contra-humanidad-20110415131658.html El TPIY condena a 24 años de cárcel a Ante Gotovina por crímenes contra la Humanidad]</ref>
Na década dos anos [[1970]] Gotovina loitoi durante sete años no [[Chad]] como membro da [[Lexión Estranxiera Francesa]],<ref>Anos nos que adquiriu a nacionalidade francesa.</ref> e, despois de sufrir unha ferida na cabeza, recuperouse navegando nun [[iate]] polas [[Illas Canarias]]. En [[San Agustín (Gran Canaria)|San Agustín]], en [[Gran Canaria]], fíxose membro dun club de [[paracaidismo|paracaidistas]] e, en [[1982]], foi designado instrutor de comandos en [[América Latina]], cargo co que viaxou por [[Guatemala]], [[Paraguai]], [[Colombia]], [[Arxentina]], [[Chile]] e [[Brasil]].
 
Regresou a [[Croacia]] cando esta, presidida por [[Franjo Tudjman]], proclamou a súa independencia de [[Iugoslavia]], en [[1991]], e se desatataron as [[Guerra de Croacia|guerras de Croacia]] e [[Guerra de Bosnia|Bosnia]] contra Iugoslavia e, despois, contra [[Serbia]]. O xeneral estivo ao mando en numerosas ofensivas contra os serbios en [[Croacia]] (e en [[Bosnia e Herzegovina|Bosnia]]), entre elas a [[Operación Tormenta]], na que o exército croata reconquistou en cinco días no mes de agosto de [[1995]] o territorio no que a minoría serbia autoproclamara a súa [[República Serbia de Krajina]]. Gotovina foi un dos principais comandantes daquela operación e está considerado por iso un heroe nacional por gran parte dos cidadáns croatas.
 
Segundo a acusación do fiscal do [[TPII]] que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El País: El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina.]</ref>
 
Gotovina pasou ao retiro en [[2000]] por orde do presidente [[Stjepan Mesić]] xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en [[2003]] recoñeceu a xurisdición do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en [[Zagreb]], prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.
 
Mesić apoiou a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de [[Arona (Santa Cruz de Tenrife|Arona)]], ao sur de [[Tenerife]], o [[7 de decembro]] de [[2005]], pola policía española.<ref>[http://www.aporrea.org/actualidad/n70018.html Capturan en España al general croata Ante Gotovina, buscado por el TPI]</ref> Inmediatamente foi trasladado á [[A Haia|Haia]] ([[Países Baixos]]), onde se encontra a sede do Tribunal.
 
== Xuízo e condena ==
A finais de [[2006]] ao caso Gotovina uníronse os casos contra [[Ivan Čermak]], que resultaría absolto, e [[Mladen Markač]], condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).<ref>[http://www.un.org/icty/gotovina90/appeal/decision-e/061025.htm ICTY: Acusación]</ref> O xuízo debía comezar en maio de [[2007]], pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.<ref> [http://iwpr.net/?p=tri&s=f&o=334888&apc_state=henptri Conflictos en la defensa del caso ''Operación Tormenta'']</ref> Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.<ref> [http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 Comienzan los juicios a generales croatas]</ref>
 
A causa foi instruída o [[11 de marzo]] de [[2008]].<ref>[http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 Comienza en La Haya el juicio contra el general croata por crímenes de guerra.]</ref> Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.<ref> [http://www.diariodejerez.es/article/mundo/75367/la/haya/tacha/indiscriminados/los/ataques/gotovina/los/serbios.html Diario de Jerez: La Haya tacha de "indiscriminados" los ataques de Gotovina a los serbios]</ref> Gotovina, xunto cos tamén xenerais [[Ivan Čermak]] e [[Mladen Markač]] foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".<ref>El País [http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina]</ref>
 
O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos durante os ataques á [[República Serbia de Krajina]], en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a poboación serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.
393.002

edicións