Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 34:
 
== Antecedentes. Disensións en Iugoslavia ==
A guerra en [[Croacia]] foi resultado do ascenso do [[nacionalismo]] en [[Iugoslavia]] durante a década de 1980, que conduciu á disolución da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]]. A crise comezou a desencadearse en Iugoslavia tras o debilitamento das democracias populares da [[Europa oriental]], na última fase da [[guerra fría]], todo iso simbolizado pola caída do [[Muro de Berlín]] en [[novembro]] de [[1989]]. En Iugoslavia, a [[Liga dos Comunistas de Iugoslavia]] perdera xa gran parte da súa preeminencia ideolóxica.
 
Nos años 1980, a axitación secesionista dos movementos [[Albania|albaneses]] en [[Kosovo]] levou á represión da maioría albanesa nesta provincia do sur de [[Serbia]]. As repúblicas má prósperas, as norteñas [[Eslovenia]] e [[Croacia]], quixeron dar pasos para aumentar a súa autonomía, mesmo cara á independencia e ao establecemento dun sistema político occidental. A [[Serbia|República de Serbia]], dirixida por [[Slobodan Milošević]], avogaba polo centralismo e o sistema de partido único (o [[comunista]]) para toda Iugoslavia (baixo a dirección serbia), terminando por derrogar a autonomía das rexións de Kosovo e [[Voivodina]]. Ao mesmo tempo, o [[Exército Popular de Iugoslavia]] experimentou un proceso de transformación, pasando de ser un Exército multinacional a converterse nunha forza controlada polos serbios.
Liña 61:
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fonteira con [[Bosnia e Hercegovina]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
 
Isto fíxose para tratar de contrarrestar os cambios na Constitución. O Goberno croata tratou de bloquear o referendo enviando forzas policiais ás comisarías de policía rebeldes nas zonas serbias para confiscar as súas armas. Entre outros incidentes, civís serbios do sur de Croacia, a maioría en torno á cidade de [[Knin]], bloquearon as estradas de acceso aos destinos turísticos da costa de [[Dalmacia]]. Anos despois, durante o xuízo a [[Milan Martić]], [[Milan Babić]] afirmaría que foi enganado por Martić para organizar a revolta, e que esta —así como a guerra en Croacia en si mesma— foi responsabilidade de Martić, dentro dun plan orquestrado por Belgrado.<ref>[http://www.iwpr.net/?p=tri&s=f&o=259675&apc_state=henftri259753 IWPR news report: Martic "Provoked" Croatian Conflict]</ref> O Goberno croata respondeu ao bloqueo das estradas mediante o envío de corpos policiais especiais transportados por helicópteros, pero estes foron interceptados por avións de combate do Exército Iugoslavo e obrigados a regresaren a [[Zagreb]].
 
Os serbios de Croacia non trataron nun principio de conseguir a independencia. O 30 de setembro de 1990, o Consello Nacional Serbio declarou "a autonomía do pobo serbio nos territorios históricos nos que vive, e que están dentro das fronteiras actuais da República de Croacia como unidade federal da República Socialista Federal de Iugoslavia".
Liña 67:
Tras a elección de Tudjman e a percepción de ameaza nacida da nova Constitución, os serbios nacionalistas da rexión de [[Kninska Krajina]] comezaron a realizar accións armadas contra oficiais do Goberno croata. Moitos foron expulsados á forza da [[República Serbia de Krajina|RSK]]. As dependencias do Goberno croata na rexión comezaron a seren controladas polas autoridades locais serbias ou o recentemente instituído "Consello Nacional Serbio". Este acabaría despois por ser o Goberno da rebelde República Serbia de Krajina, que estaba liderado por Milan Babić, o cal foi despois condenado por crimes de guerra polo [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]], onde mostrou abertamente o seu arrepentimento polas súas actuacións (ademais de testemuñar contra outros líderes serbios).
 
O 22 de decembro de 1990 o Parlamento de Croacia ratificou a nova Constitución, cambiando o status dos serbios de Croacia, agora considerados 'minoría nacional' en lugar de 'nación constituínte'. A porcentaxe daqueles que se declaraban serbios, segundo o censo de 1991, era do 12 % (o 78 % da poboación declarábase croata). Isto interpretouse como a anulación dalgúns dos dereitos que a anterior Constitución (socialista) concedera aos serbios de Croacia, alimentando así o extremismo entre eles. Ademais, moitos serbios comezaron a perder os seus empregos na Administración Pública croata, particularmente tras a ratificación da Constitución. Isto non fixo mais que aumentar aínda máis a tensión.<ref>{{Cita web|título=Second Class citizens: The Serbs of Croatia (HRW annual Report)|url=http://www.hrw.org/reports/pdfs/c/croatia/crosrb99.pdf|data=01-03-1999|editorial=[[Human Rights Watch]]}}</ref> <ref>{{Cita web|url=http://www.fokus-tjednik.hr/vijest_arhiva.asp?vijest=1597&izdanje=74#|título=Legalno je braniti se|data=16-01-2007|editorial=Fokus magazine|idioma=Croatian}}</ref>
 
Así mesmo, [[Eslovenia]] encontrábase neses momentos inmersa no seu propio proceso cara á independencia. O 23 de decembro de 1990 —un día despois da ratificación da nova Constitución croata— Eslovenia celebrou un referendo de autodeterminación no que os votos a favor da independencia alcanzaron o 88 %.
 
Inmediatamente despois do referendo esloveno e a nova Constitución croata, o Exército Popular de Iugoslavia ([[JNA]]) anunciou a adopción dunha nova doutrina de defensa para todo o país. A doutrina da era Tito, segundo a cal cada república mantiña a súa propia forza de defensa territorial (''Teritorijalna Obrana'', ou ''TO''), sería substituída por un sistema centralizado de defensa. As repúblicas perdían as súas competencias en materia de defensa, e as súas ''TO'' serían desarmadas e subordinadas ao Cuartel Xeral do exército federal en [[Belgrado]].
Liña 79:
[[Ficheiro:1 Pucki Dywizjon Lotniczy MiG-21 bis.jpg|miniatura|250px|Caza [[MiG-21]].]]
 
Aínda, sobre o papel, o JNA parecía ser unha forza poderosa, con 2.000 tanques e 300 avións de combate (todos eles de fabricación nacional ou soviética). Porén, en 1991 a maioría deste equipamento tiña máis de 30 anos: os modelos máis estendidos, o tanque [[T-54/55]] e o caza [[MiG-21]], que constituían o 60 % e o 40 % das forzas blindadas e da forza aérea, respectivamente.
 
Pola contra, os mísiles anti-tanque (como o [[9M113 Konkurs|AT-5]]) e antiaéreos (como os [[SA-14]]) eran máis modernos e bastante abundantes, e estaban deseñados para destruír armamento moito máis avanzado. Ademais, o JNA era unha forza multinacional: os conflitos políticos e a loita civil supuxeron a deserción de moitos homes (especialmente entre os cadros de oficiais, moitos deles procedentes das rexións do norte de Iugoslavia, máis desenvolvidas), prexudicando así seriamente a efectividade do Exército.
 
Durante 1991 forzas paramilitares como os ''[[Beli Orlovi]]'', ou os ''[[Srpski Četnički Pokret]]'' desempeñaron un importante papel no ataque ás forzas iugoslavas e serbias.
 
Coa retirada de Croacia das forzas do JNA en 1992, unidades do mesmo foron reorganizadas como o Exército Serbio de Krajina, que foi un herdeiro directo do JNA, con escasas melloras organizativas.
 
Pola súa parte, o Exército Croata encontrábase aínda en peor estado. Na primeira fase da guerra a falta de unidades militares supuxo que a policía debera facerse cargo da maior parte do esforzo bélico. Finalmente, os corpos policiais terminarían por formaren o núcleo da nova forza militar en xestación, inicialmente denominada "Zbor Narodne Garde" ([[ZNG]]), e máis tarde "Hrvatska Vojska" ([[Exército de Terra Croata|HV]]), que foi fundado en 1990, pero non desenvolvido realmente até 1993. O armamento sempre fo i escaso, e moitas unidades foron formadas incluso desarmadas ou provistas de rifles da II Guerra Mundial. O Exército croata dispoñía tan só dunha presa de tanques (proveñentes da II Guerra Mundial, como os [[T-34]]) e a súa forza aérea era aínda máis deficiente: uns poucos e viellos biplanos fumigadores [[Antonov]] [[An-2]] reconvertéronse para lanzar bombas. O Exército estaba, porén, altamente motivado, e estruturado en unidades de combate locais —de modo que a xente dun pobo defendería a súa propia terra— o que supoñía que serían moi efectivas ao loitar no seu propio terreo. En agosto de 1991, o Exército croata tiña menos de 20 brigadas, que serían aumentadas a 60 contra finais dese ano tras a mobilización xeral ordenada en outubro. Tomando os cuarteis do JNA na chamada ''Batalla dos Cuarteis'' conseguirían aliviar significativamente o problema da escaseza de equipamento. Voluntarios locais e organizacións paramilitares como as [[Forzas de Defensa Croatas|HOS]] foron formadas rapidamente para mitigar o problema da falta de unidades, sendo posteriormente integradas no exército regular.
Liña 102:
Mentres tanto, o exército federal iugoslavo (JNA) e as forzas locais da Defensa Territorial permaneceron baixo o mando do Goberno federal liderado por Milošević. Cando chegou o caso, o JNA posicionouse canda ás forzas serbo-croatas locais, intervindo contra as unidades de policía croatas.
 
O 19 de maio de 1991, as autoridades croatas celebraron un referendo de autodeterminación, ofrecendo entre as opcións o permanecer en Iugoslavia cunha unión menos estreita (de tipo confederal). As autoridades serbias locais fixeron un chamamento a favor do boicot da consulta, que foi seguido amplamente polos serbocroatas, co que o voto a favor da independencia alcanzou o 94,17 %.
 
Croacia declarouse independente e ''"razdruženje"'' (desmembrada) de Iugoslavia o [[25 de xuño]] de [[1991]], aínda que a [[UE|Comisión Europea]] aconsellou ás autoridades croatas que aprazaran a decisión. Croacia acordou entón conxelar a súa independencia por tres meses, axudando así a calmar un pouco as tensións.
Liña 139:
O [[19 de decembro]] de [[1991]], durante a fase máis dura da guerra, as ''Rexións Autónomas Serbias'' de [[Krajina]] e [[Eslavonia|Eslavonia Occidental]] autoproclamáronse independentes como a [[República Serbia de Krajina]].
 
A comezos de novembro de 1991 o exército croata comezara un exitoso contraataque en Eslavonia Occidental, establecendo un punto de inflexión no desenvolvemento da guerra. A [[Operación Otkos 10]], realizada entre o 31 de outubro e o 4 de novembro de 1991, supuxo para Croacia a recuperación de 300 &nbsp;km² nas zonas comprendidas entre os montes [[Bilogora]] e [[Papuk]].
 
Realizáronse posteriores avances na segunda metade de decembro -[[Operación Orkan 91]]– pero nese momento estaba a punto de firmarse un alto ao fogo ''duradeiro'' (en xaneiro de 1992). En seis meses, 10.000 persoas morreran, centos de miles fuxiran, e decenas de miles de casas foran destruídas.
Liña 151:
[[Ficheiro:Destroyed tank on the road to Drnis 1.jpg|miniatura|250px|Un tanque serbio destruído polo exército croata na estrada de Drniš.]]
 
O JNA progresivamente foise retirando de Croacia —incluso de Krajina— aínda que grupos paramilitares serbios mantiveron claramente o control dos territorios ocupados.
 
As partes en conflito desprazaron maioritariamente as súas forza cara a outras zonas, a tomar posicións, por exemplo, o JNA pronto se retirou de Croacia cara a[[Bosnia]], onde a guerra estaba a punto de estalar.
 
Croacia converteuse en membro das Nacións Unidas o 22 de maio de 1992. A admisión condicionouse á adopción de emendas á Constitución croata que protexeran os dereitos humanos das minorías nacionais.
Liña 182:
Aprobáronse diversas resolucións na ONU exixindo a Croacia que se retirara ás posicións que ocupaba previamente e que contivera as operacións militares. Algúns elementos croatas sentíronse agraviados, xa que ningunha resolución da ONU exixira aos serbios non atacar Croacia nos comezos da guerra (cando os disturbios eran considerados conflitos internos, non asuntos internacionais). En outubro de 1993, o [[ONU|Consello de Seguridade das Nacións Unidas]] afirmou por primeira vez que as zonas baixo administración da ONU, protexidas pola UNPROFOR, eran parte integral da República de Croacia.
 
As tropas da UNPROFOR xeralmente non fixeron máis nada observar durante o período 1992-1995. Porén, serviron para fixar as fronteiras delimitadas pola guerra. Deste modo, fracasaron no intento de dar aos refuxiados algunha posibilidade de regresar ás súas casas. Estímase que o 98 % da poboación croata residente na Krajina foi expulsada.
 
Durante 1992 e 1993, uns 225.000 croatas, incluíndo refuxiados de Bosnia–Hercegovina e outros provenientes de Serbia, establecéronse en Croacia. Un notábel número de bosníacos fuxiron, así mesmo, cara a Croacia (que foi nun principio o principal destino dos refuxiados dese país, na acabada de comezar [[guerra de Bosnia]]). Voluntarios croatas e algúns soldados recrutados participaron nesta guerra. Algúns dos máis próximos colaboradores do Presidente Tudjman, como [[Gojko Šušak]] ou [[Ivić Pašalić]], proviñan da [[Hercegovina]] dominada por croatas, e intentaron axudar aos croatas de Bosnia, financeiramente e doutras formas.
Liña 223:
Ao principio, en 1989-91, a comunidade internacional tratou de negar que se tratara dun problema internacional, tendendo a apoiar ao Goberno federal iugoslavo. O embargamento de armas imposto pola ONU a todas as repúblicas iugoslavas, por exemplo, favorecía claramente ao poder federal (controlado por forzas serbias), dado que dispoñía xa dun armamento ao que as repúblicas secesionistas non podían ter acceso.
 
O recoñecemento oficial dos novos Estados de Eslovenia e Croacia supuxo unha materia moi controvertida para os gobernos estranxeiros naquel momento.
 
A mediados de decembro de 1991, outros países recentemente independizados, como [[Lituania]], [[Letonia]] e [[Ucraína]], recoñeceron a independencia de Croacia e Eslovenia. Mentres tanto, estas recoñecéronse unha á outra, sumándose a este proceso o [[Vaticano]] (Eslovenia e Croacia son nacións tradicionalmente católicas) ou [[Islandia]].
 
Entón, entre o 19 e o 23 de decembro, moitos outros países europeos, entre eles [[Alemaña]], [[Suecia]] e [[Italia]], anunciaron o seu recoñecemento da independencia croata e eslovena. A [[Comunidade Europea]] en pleno aceptou o recoñecemento das dúas novas repúblicas o 15 de xaneiro de 1992.
Liña 231:
Cada un dos gobernos das diferentes potencias actuou de forma diferente.
;Reino Unido
O Goberno liderado por [[John Major]] insistiu nunha política estrita de non intervención. Algúns historiadores interpretan hoxe en día esta actitude como un claro apoio ao poder establecido.
 
;Alemaña