Tecido óseo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
O tecido óseo é un tecido conectivo mineralizado. Fórmano as células chamadas ''[[osteoblasto]]s'', que depositan unha matriz proteica de [[coláxeno]] de tipo I e liberan ións [[calcio]], [[magnesio]], e [[fosfato]], que se combinan coa matriz de coláxeno formando un mineral cristalino en forma de [[hidroxiapatito]] (tamén chamado hidroxilapatito). A combinación da parte mineral dura e do coláxeno flexible fai que o óso sexa máis duro e forte ca a [[cartilaxe]] sen facerse crebadizo.
 
Hai dous tipos de tecido óseo: compacto e esponxoso. O óso compacto consta de estruturas repetidas chamadas ''[[osteona]]s'' ou ''osteóns'' ou ''sistemas haversianos'', que son a súa unidade funcional e anatómica. Cada osteona está formada por capas concéntricas de matriz mineralizada, chamadas laminiñas concéntricas, que se depositan arredor dun canal central, tamén chamado ''canal de Havers'', que contén vasos sanguíneos e nervios. O tecido óseo esponxoso está formado por unha rede de trabéculas de tecido mineralizado, que deixan ocos entre elas cheos de medula ósea vermella <ref>Henry Gray: Anatomy of the human body (Bartleby.com; Great Books Online)</ref> <ref>Eldra P. Solomon - Richard R. Schmidt - Peter J. Adragna : Human anatomy & physiology ed. 2nd 1990 (Sunders College Publishing, Philadelphia) ISBN 0 03 011914 6</ref>.
[[Ficheiro:Human hip bone texture.jpg|miniatura|dereita|150 px|Estrutura mineral do óso esponxoso da cadeira.]]
 
Liña 11:
 
== Matriz ósea ==
A matriz ósea é a substancia intersticial do óso, entre a que están espalladas as células óseas, aínda que a matriz é a parte predominante. A matriz ten compoñentes orgánicos e inorgánicos. Os inorgánicos danlle ao óso a súa dureza e os orgánicos a súa elasticidade e forza tensil. Se só tivese material inorgánico o óso sería moi crebadizo, e se só tivese compoñentes orgánicos, tería moi pouca dureza.
 
=== Compoñentes inorgánicos ===
A cantidade de materia mineral do óso en peso seco está entre o 50 e o 65% do total, pero en individuos con ósos desmineralizados, como os que padecen [[raquitismo]] ou [[osteomalacia]] pode chegar a ser de só o 35%. <ref name=Fawcett>D.W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición (1987). Páxinas 199-217. ISBN 84-7605-361-4</ref>
Os compoñentes inorgánicos son os sales de fosfato cálcico que forman o mineral [[hidroxiapatito]] (Ca<sub>10</sub>[PO<sub>4</sub>]<sub>6</sub>[OH]<sub>2</sub>). Primeiro deposítase como hidroxiapatito amorfo e despois reordénase orixinando a forma cristalina. Os cristais dispóñense ordenadamente ao longo das fibras de coláxeno e son delgados cristaliños de 1,5-3 &nbsp;nm de grosor e 40 &nbsp;nm de longo. Tamén existe unha certa cantidade de ións [[carbonato]], [[citrato]], [[fluoruro]], [[magnesio]] e [[sodio]]. Parece que o fluoruro pode substituír o OH nalgunhas moléculas de hidroxiapatita e que o carbonato pode situarse sobre a superficie dos cristais ou substituír ao fosfato. Outros compoñentes inorgánicos son máis raros, pero poden incorporarse ao ósos se son inxeridos, como pasa co [[estroncio]] (Sr<sup>+</sup>) nas zonas contaminadas radioactivamente.
 
=== Compoñentes orgánicos ===
Os compoñentes orgánicos son proteicos, fundamentalmente fibras de [[coláxeno]], que están rodeadas por unha ''[[substancia fundamental]]'' na que abundan os [[glicosaminoglicano]]s. O coláxeno do tecido óseo é fundamentalmente de tipo I, pero cun maior grao de ligazón intermolecular ca o tipo I doutros tecidos, e está formado por fibras de 50-70 &nbsp;nm de diámetro estriadas transversamente. As fibras están moi ordenadas no óso maduro. Dentro de cada laminiña do sistema Haversiano son paralelas entre si, aínda que non teñen a mesma orientación ca as das laminiñas veciñas.
 
== Células do tecido óseo ==
Liña 29:
As '''[[célula osteoproxenitora|células osteoproxenitoras]]''' son células de orixe mesenquimática relativamente indiferenciadas, que conservan a capacidade de dividirse e diferenciarse. Atópanse nas superficies libres do óso, como o [[endósteo]], parte interna do [[periósteo]], no límite dos canais haversianos e nas [[metáfise]]s. Están moi activas durante o crecemento e remodelación do óso e na curación de [[fractura]]s. Diferéncianse en osteoblastos, pero estes poden reverter a células osteoproxenitoras cando a osteoxénese remata.
 
Os '''[[osteoblasto]]s''' son responsables da formación da matriz ósea, polo que se atopan nas zonas de crecemento do óso.
 
Os '''[[osteocito]]s''' son as células principais do óso situadas nas chamadas ''lagoas óseas'' do interior da matriz. Emiten prolongacións que atravesan os canalículos da matriz e conectan con outros osteocitos. Poden considerarse osteoblastos que quedaron rodeados de matriz e sufriron unha transformación. Cando se libera da súa lagoa durante a remodelación ósea, pode converterse en osteoblasto e célula proxenitora.
Liña 40:
 
== Tecido óseo compacto ==
O '''tecido óseo compacto''' ou '''laminar''' forma a diáfise dos óso longos e as capas externas dos demais ósos. O óso compacto está formado fundamentalmente pola matriz ósea mineralizada depositada en capas ou laminiñas de 3 a 7 microns de grosor. Na matriz hai pequenas cavidades (lagoas óseas) onde están situados os osteocitos e un complicado sistema de canais.
 
=== Sistemas de laminiñas ===
Liña 63:
== Tecido óseo esponxoso ==
[[Ficheiro:Caput femoris cortex medulla.jpg|miniatura|dereita|Cabeza (epífise) do [[fémur]] cortada. No centro vese o tecido óseo esponxoso, con medula ósea. A circunferencia rosa clara externa é de óso compacto.]]
O '''tecido óseo esponxoso''' aparece nas [[epífise]]s dos ósos longos, e no interior de ósos curtos, como as [[vértebra]]s, e planos e na capa máis interna da [[diáfise]] dos ósos longos. Está moi vascularizado e xeralmente contén [[medula ósea]] vermella, onde ten lugar a formación das células sanguíneas ([[hematopoiese]]). Comparado co óso compacto, ten unha maior área superficial e é moito menos denso e máis feble.
 
Está formado por óso laminar, pero que non forma osteonas, senón un conxunto de fragmentos angulosos de óso, que forman trabéculas, que non levan xealmente vasos sanguíneos no seu interior e deixan moitos ocos entre elas. As trabéculas son a súa unidade anatómica e fisiolóxica básica. Estas pezas angulosas de óso teñen osteocitos dentro de lagoas óseas e con canalículos que chegan á superficie das trabéculas.