Epidauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Mitoloxía: repartimento
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:NAMA-Asklepios Epidaure.jpg|miniatura|150px|Estatua de [[Asclepio]], encontrada no santuario de Epidauro (Museo nacional de Atenas).]]
 
'''Epidauro''' ([[lingua grega|grego]] Ἐπίδαυρος, ''Epídauros'', [[latín]] ''Epidaurus'') era unha pequena cidade [[Grecia|grega]] da [[Argólida]], península ao nordeste do [[Peloponeso]]. É principalmente coñecida polo seu santuario de [[Asclepio]], a uns 8  km ao oeste da cidade, e polo seu [[teatro de Epidauro|teatro]], que acolle representacións aínda nos nosos días. A cidade grega actual chámase '''Epídhavro'''.
 
Foi unha [[cidade-estado]] independente, incorporada ao [[Argólida|distrito de Argólida]] por [[Roma Antiga|Roma]]. O seu territorio, bastante reducido, recibía o nome de '''Epidauria''', e limitaba ao oeste con [[Argólida]], ao norte con [[Corinto]], ao sur con [[Trecén]], e ao leste co [[golfo Sarónico]]. Estaba situada nunha pequena península que formaba unha chaira con viñas e montañas. O porto estaba na parte norte da península, ben protexido. A cidade orixinal estaba limitada a parte da península, pero se estendeu ao norte e ao sur.
Liña 17:
 
== Historia ==
Nos séculos VII e VI a.C. pertencía á [[anfictionía]] chamada "dos [[Minias]]", cuxo emprazamento estaba situado na illa de [[Poros (Grecia)|Calauria]].<ref> [[Estrabón]], ''[[Xeografía de Estrabón|Xeografía]]'', viii, 6,15.</ref> A finais do século VI estaba gobernada polo tirano Procles, que deu a súa filla Melisa en matrimonio a [[Periandro de Corinto|Periandro]], tirano de [[Corinto]].<ref>[[Heródoto]], ''[[Historias (Heródoto)|Historia]]'', iii, 50; v,92.</ref> Periandro atacou Epidauro e fixo prisioneiro a Procles conquistando a cidade. Despois da tiranía volveu a [[oligarquía]].
 
En época histórica, oligarcas dóricos continuaban sendo os dirixentes da cidade, que era unha das principais cidades comerciais do Peloponeso, e colonizou [[Exina]] que, durante moito tempo foi unha dependencia súa. Tamén colonizou [[Cos, Grecia|Cos]], [[Calimnos]] (''Calidnos'') e [[Nisiros]], pero cando o comercio creceu, Exina aumentou a súa importancia e suplantou á metrópole no século VI a.C.
[[Ficheiro:Epidauros-Stadion-1.JPG|miniatura|esquerda|300px|dereita|Estadio de Epidauro.]]
 
Epidauro foi sempre fiel aliada de [[Esparta]] mentres que coa súa metrópole, [[Argos (Grecia|Argos), rompeu relacións despois da instauración nesta cidade da [[democracia grega|democracia]]. A cidade de Epidauro estaba gobernada por ''artinos'' (''artynae'') que presidían un Consello de 180 membros; os habitantes orixinais non dorios eran os ''konípodes'', que traballaban a terra para os seus amos dorios, pero non eran escravos.
 
Nas [[Guerras Médicas]] a cidade enviou oito naves á [[Batalla de Artemisio]], 800 homes á [[Batalla de Platea|Platea]] e 10 barcos á [[batalla de Salamina|Salamina]]. Ao acabar a guerra, [[Salamina (isla)|Salamina]] aliouse con Esparta e entrou na [[Liga do Peloponeso]], contra Atenas e a [[confederación de Delos]]. Tomou parte no "asunto de [[Corfú|Corcira]]" e proporcionou [[trirreme]]s a Corinto. Epidauro constituíu un punto neurálxico do enfrontamento entre Atenas e Esparta.
 
No 419 a.C., durante a [[Guerra do Peloponeso]], os arxivos intentaron conquistar a cidade, pero foron rexeitados.
 
Na [[século de Pericles|época clásica]], Epidauro gozou dun gran renome grazas ao seu santuario consagrado a [[Asclepio]], onde se practicaba a [[medicina]] pola interpretación dos soños. Comprendía varios edificios públicos, entre os cales había un gran templo construído no século IV a.C. En honor de Asclepio organizábanse as ''Asklepieia'', [[Xogos Panhelénicos]] [[Concurso pentetérico|pentétericos]] que comprendían carreiras de cabalos e, a partir do século IV, concursos de poesía. O culto de Asclepio tivo o seu apoxeo na [[período helenístico|época helenística]].
 
En 243 a.C. Epidauro reuniu á [[Liga Aquea]]. No verán do 225 a.C. foi tomada por [[Cleómenes III]], rei de Esparta.<ref>[[Polibio]], ii, 3,52.</ref> E converteuse en aliada de [[República Romana|Roma]].
 
Baixo dominio romano perdera toda importancia e era practicamente o porto do templo de Asclepio. Pausanias dá unha lista dos seus edificios principais: o templo de [[Atenea]] Cisea na [[acrópole]], o templo de [[Dioniso]], o de Artemisa, o de Afrodita e, por suposto, o de Asclepio, nas aforas; e o de Hera no porto,<ref>Pausanias, ii, 29,1</ref> probabelmente no actual Cabo Nicolau.
 
Na cidade había tamén [[ximnasio (Antiga Grecia)|ximnasio]], [[palestra]], teatro, construído aproveitando a vertente dunha montaña, cun diámetro de 112 metros e 32 filas de asentos na parte baixa, 20 na parte central e 24 na superior, con capacidade para 12.000 espectadores, e o [[proscenio]].
 
[[Publio Cornelio Escipión Emiliano|Escipión Emiliano]] visitouna en 168 - 167 a.C., na mesma época que outros grandes lugares do helenismo, como [[Atenas]], [[oráculo de Delfos|Delfos]] e [[Olimpia]].<ref>''Ibid.'' XXX, A, II, 10, 4).</ref> En 87 a.C., foi arrasada por [[Sila]], que saqueou o tesouro do templo.
 
A última mención de Epidauro remóntase ao [[século VI]], no ''Synekdemos'' de [[Hierocles]], unha obra que describe as divisións administrativas do [[Imperio bizantino]].
Liña 52:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==