Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
repartición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 27:
== Antecedentes: a primeira guerra balcánica ==
{{Artigo principal|Primeira guerra balcánica}}
Durante a [[Primeira guerra balcánica]], a [[Liga balcánica]], constituída por Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria estaba decidida a expulsar aos otománs das súas provincias europeas ([[Albania]], [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]], o [[Sandžak]] e [[Tracia]]), non deixándolles máis que os territorios ao leste da liña [[Enez]]-[[Kıyıköy]] (Enos-Midia) e a [[península de Galípoli]].
 
O artigo 2º do [[Tratado de Londres de 1913|Tratado de Londres]], asinado o {{data|30|5|1913}} indica que "Súa Maxestade o Emperador dos Otománs cede ás Súas Maxestades os Soberanos Aliados todos os territorios do seu Imperio no continente de Europa ao oeste dunha liña trazada de [[Enez|Enos]] no [[mar Exeo]] a [[Kıyıköy|Midia]] no [[mar Negro]], coa excepción de Albania".<ref>[http://en.wikisource.org/w/index.php?itle=Treaty_of_London_-_Peace_Treaty_between_Greece,_Bulgaria,_Serbia,_Montenegro_and_the_Ottoman_Empire Tratado de Londres].</ref> Como non estaba definida ningunha fronteira entre os membros da liga, as relacións entre os vencedores deterioráronse rapidamente debido a desacordos nesta cuestión.
Liña 48:
Como as escaramuzas continuaban en Macedonia, principalmente entre tropas búlgaras e serbias, o tsar [[Nicolás II de Rusia]] tratou de evitar que o conflito fose coñecido porque non desexaba perder a ningún dos seus aliados [[eslavo]]s nos Balcánse. O 8 de xuño enviou unha mensaxe idéntica aos reis de Bulgaria e de Serbia, ofrecendo a súa mediación sobre as disposicións do tratado de 1912 entre os dous países. Serbia pedía unha revisión do tratado porque perdera o norte de Albania debido a vontade das grandes potencias de crear o estado albanés, que foi acordada segundo o tratado. A resposta búlgara contiña tales condicións que parecía un [[ultimato]],<ref name="Crampton62">Crampton (1987) {{Cita libro|lingua= inglés |nome1= Richard |apelido1= Crampton |título= A short history of modern Bulgaria|ligazón-editor= Cambridge University Press |editor= Cambridge University Press |lugar= Cambridge |ano= 1987 |isbn= 978-0-521-27323-7 }}</ref> o que leva aos diplomáticos rusos a pensar que Bulgaria xa decidira entrar en guerra con Serbia. Isto levou a Rusia a cancelar a súa iniciativa de arbitraxe e a renunciar á súa alianza con Bulgaria. As palabras exactas de Serguei Sazonov a Stoyan Danev foron "Non esperen nada de nós e esquezan a existencia de todos os nosos acordos desde 1902".<ref name="Hall104">Hall (2000), páx. 104</ref>. Cando Serbia e Grecia propuxeron que os tres países reduciran os seus exércitos nunha cuarta parte para facilitar unha solución pacífica, Bulgaria rexeitou a idea.
 
Bulgaria estaba xa encamiñada á guerra porque o xefe do goberno, Ivan Evstratiev Geshov, foi substituído polo partidario da liña dure e xefe do partido rusófilo Stoyan Danev. O 16 de xuño as tropas búlgaras lanzaron un ataque sorpresa simultaneamente contra as posicións serbias e gregas sen declaración de guerra. O obxectivo búlgaro era desfacer as forzas serbias e gregas e ocupar o máximo de territorio posíbel antes de que as grandes potencias interviñeran para poñer fin ás hostilidades.
 
Para obter a superioridade necesaria, a totalidade do exército búlgaro empregouse nesta operación. Non se deixou ningunha reserva para facer fronte a unha intervención (anunciada oficialmente) romanesa ou otomá, supoñendo estrañamente que Rusia impediría calquera iniciativa destes países,<ref name=Hall18>Hall (2000), páx. 108</ref>, mesmo despois de que Rusia puxera fin á súa alianza e se volvera cara a Romanía (incluso lle ofreceu o título honorífico de mariscal ruso ao rei romanés Carol I. O plan consistía nun ataque concentrado contra a exército serbio na chaira do Vardar para neutralizalo e para conquistar o norte de Macedonia e nun ataque máis débil contra os gregos cerca de Salónica. Este exército era a metade do enviado contra os serbios e debía tomar a cidade e todo o sur de Macedonia. O alto mando búlgaro non sabía en realidade se estas forzas poderían vencer ao exército grego pero, no peor dos casos, serían suficientes para protexer o flanco sur e esperar reforzos do exército do norte.
Liña 59:
A pesar dos 599.878 soldados que tiñan ao principio da Primeira Guerra balcánica, Bulgaria non dispoñía máis que de dez divisións. En comparación, as nove divisións gregas non comprendían máis que 118.000 homes. Para agravar o desequilibrio das forzas, os Búlgaros dispoñían de 1.116 pezas de artillaría, ou sexa seis veces máis que os gregos e cinco veces máis que os serbios.
 
Existe, non obstante, unha controversia sobre a forza real do exército búlgaro na Segunda Guerra balcánica. Ao estalido da Primeira Guerra, Bulgaria mobilizou un total de 599.878 homes (366.209 do exército activo), 53.927 de unidades da reserva, 53.983 da milicia, 94.526 recrutados entre 1912 e 1913, 14.204 voluntarios e 14.424 gardas fronteirizos). Na Primeira Guerra morreron 33.000 soldados (14.000 en combate e 19.000 de enfermidades). Para compensar estas perdas, recrutou 60.000 homes entre as dúas guerras, principalmente nos territorios ocupados. Segundo o Estado Maior búlgaro, o exército comprendía 7.693 oficiais e 492.528 soldados o 16 de xuño,<ref>''The war between Bulgaria and Balkan Countries, Volume I'', Ministry of War 1932, páx. 158.</ref> pero recoñecía problemas de aprovisionamento, en particular de fusís.
 
O 1º e o 3º exércitos búlgaros, baixo o mando dos xenerais Vasil Kutinchev e Radko Dimitriev, respectivamente, estaban despregados na fronteira con Serbia co 5º exército do xeneral Stefan Toshev, preto de Kyoustendil, e co 4º exército, na rexión de Kotchani e Radoviš. O 2º exército, baixo o mando do xeneral Nikola Ivánov, estaba despregado fronte ao exército grego.
Liña 85:
 
== Batalla de Kilkís ==
O 2º exército búlgaro, ao mando do xeneral Ivánov tendía unha liña desde o lago Dojran, ao sueste e [[Kilkís]], [[Lachanas]], [[Serres]] até o [[mar Exeo]] a través dos montes Panxeos. Permaneceu alí desde maio e estaba considerado como unha forza de veteranos despois da súa vitoria en [[Edirne|Adrianóplolis]] na Primeira Guerra balcánica. O xeneral Ivánov, quizais para evitar a súa responsabilidade no desastre militar declarou despois da guerra que o seu exército non estaba composto máis que por 36.000 homes e que nomerosas unidades non contaban cos seus efectivos nominais. Porén, unha análise detallada contradí esta defensa e unha fonte oficial búlgara fala de 80.000 homes fronte a 108.000 gregos (fonte oficial grega).<ref>'''The Greek Army during the Balkan Wars, Volume III'', Ministry of Army 1932, páx. 97.</ref> Os historiadores modernos consideran que Ivánov subestimou os seus efectivos, pero o exército grego posuía superioridade numérica. O estado maior grego sobreestimaba o número de soldados búlgaros, que cifraba en ao redor de 100.000 homes. Porén, os gregos ignoraban onde tería lugar o ataque, o que ofrecía unha superioridade numérica temporal a Bulgaria.
 
O 26 de xuño, o exército búlgaro recibiu a orde de atacar e de avanzar cara a[[Salónica]]. Os gregos paráronos e lanzaron un contraataque desde o 29 de xuño. En Kilkís, os búlgaros construíran fortes defensas equipadas de canóns otománs capturados, que permitían bombardear a cahira, abaixo.
Liña 166:
,<ref name="Ref-5">{{cita web|url=http://www.turkeyswar.com/prelude/balkanwars3.htm |título=Turkey in the First World War - Balkan Wars |publicación=Turkeyswar.com |data= |dataacceso=25/12/2011}} {{en}}</ref> Grecia medrou un 68 %, e o seu número de habitantes pasou de 2,7 a 4,4 millóns. Pero a máis beneficiada destas guerras foi Serbia, que dobrou a superficie do seu territorio e aumentou a súa poboación de 2,9 a 4,5 millóns de habitantes.<ref>Grenville, John (2001): ''The major international treaties of the twentieth century'', páx. 50. London: Taylor & Francis ISBN 978-0-415-14125-3</ref> Grecia foi forzada a retirar as súas tropas de Tracia occidental e de Macedonia occidental. A retirada destes territorios devoltos a Bulgaria e a parte do [[Epiro]] do Norte, cedido a Albania foron moi mal aceptados en Grecia. Dos territorios ocupados durante a segunda guerra, Grecia non conservou máis que a rexión de Serres e de Kavala, co apoio de Alemaña. Serbia fixo adquisicións suplementarias en Macedonia e completou as súas aspiracións territoriais ao sur, polo que puido entón volverse cara ao norte, onde a rivalidade con [[Austria-Hungría]] a propósito de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] constituiría un dos elementos que desencadearon a [[Primeira Guerra Mundial]]. Italia explotou o pretexto da guerra parar conservar a illas do [[Dodecaneso]] que ocupara na [[Guerra ítalo-turca]] de 1911.
 
Como consecuencia das accións de Austria-Hungría e da insistencia deste imperio e de Italia, [[Albania]] obtivo a súa independencia nos termos do [[Tratado de Londres (1913)|Tratado de Londres]]. Os dous países esperaban controlar este novo estado e por tanto o [[Canal de Otranto]] no [[mar Adriático]]. O [[Tratado de Florencia (1913)|Tratado de Florencia]] ({{data|17|12|1913}}) estableceu as fronteiras definitivas de Albania. Serbia perdeu a súa saída ao mar Adriático e os gregos debían ceder o norte de Epiro, o que foi moi mal aceptado pola poboación grega da rexión, que se rebelou e obivo a autonomía ([[República Autónoma de Epiro do Norte]]) como consecuencia do [[Protocolo de Corfú]].<ref>Stickney, Edith Pierpont (1926): ''Southern Albania or Northern Epirus in European International Affairs, 1912–1923''. Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6171-0 </ref>
 
Despois da desfeita, Bulgaria transformouse nun poder local *revanchachista e buscou unha nova oportunidade para alcanzar as súas aspiracións territoriais. Aproximouse entón aos [[Imperios centrais]] na [[Primeira Guerra Mundial]] porque os seus veciños (Serbia, Romanía e Grecia) estaban ao lado da Entente. O desastre de [[1918]] seguido polo [[Tratado de Neuilly]] supuxo a perda da saída ao [[mar Exeo]] e a cesión da [[Dobruxa|Dobruxa do sur]] a Romanía.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==