Osteíctios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 31:
Todas as nosas numerosas especies de peixes óseos pertencen á [[clase (bioloxía)|clase]] dos [[actinopterixios]] (peixes con [[aleta]]s sustentadas por raios), que se reparten de forma non equitativa nas súas dúas subclases:<ref name=BP/>
 
– a dos [[condrósteos]] (entre cuxas especies nas augas galegas só podemos contar, polo menos historicamente, co [[esturión]]), e
 
– a dos [[neopterixios]], que comprende todas as demais.
== Características ==
A principal característica que define o grupo dos osteíctios é a presenza dun [[esqueleto]] interno calcificado ou osificado, total ou parcialmente.
 
Está formado por un esqueleto axial (columna vertebral), un esqueleto cefálico ([[cabeza]]), un esqueleto zonal (as cinturas onde se artellan as [[aleta|aletas torácicas]] e as [[aleta|pelvianas]] e un esqueleto apendicular ([[aleta]]s).
 
No caso das aletas impares cabe distinguir dúas zonas: o pterigóforo e os radios. O pterigóforo insírese internamente no animal, nun [[septo]] de [[tecido conxuntivo]]. Os radios, que parten dos pterigóforos, poden ser simples (dunha soa peza) ou brandos (de varias pezas articuladas, ás veces ramificadas).
 
As aletas pares posúen un esqueleto interno, e están formadas por unhas pezas basais e uns radios externos. Nas especies máis primitivas, eses elementos basais son pezas grandes e complexas, pero nos máis evolucionados, como nos teleósteos, estas pezas tenden a perder tamaño e aumentar en número.
Liña 50:
Presentan maioritariamente boca terminal, dotada de ósos dérmicos articulados (o que lles permite realizar movementos precisos). Os dentes nacen destes ósos dérmicos e non son substituíbles (como acontece cos [[elasmobranquios]]). Presentan un orificio nasal dobre, aberto na parte superior do fociño.
 
A pel dos osteíctios está cuberta, na súa maior parte, de escamas imbricadas, sobre as que se dispón a epiderme, formada por capas de células non queratinizadas e vivas. Na epiderme hai abundantes células mucosas que segregan un [[mucus]] que regula a permeabilidade da pel e reduce a fricción entre as escamas, permitindo que estas se articulen correctamente. O mucus tamén cumpre funcións de lubricación e defensa de patóxenos.
 
Na derme, máis grosa, están as escamas, os [[cromatóforo]]s (células responsables da coloración particular dos peixes), tecido conxuntivo, vasos sanguíneos e terminacións nerviosas. As escamas, nos peixes modernos, son elasmoideas, formadas exclusivamente por óso laminar. Hai dous tipos de escama elasmoidea: a cicloidea (co bordo posterior liso) e a ctenoidea (cunhas pequenas incisións radiais a modo de peite no bordo posterior). As primeiras son propias de peixes máis primitivos e as ctenoideas de peixes máis modernos. Existen especies coa pel núa.
Liña 61:
 
== Distribución ==
Os osteíctios alcanzaron un extraordinario nivel de adaptación ao medio, o que lles permitiu ocupar nichos ecolóxicos en tódolos medios acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas, e en calquera rango de temperaturas ambientais. Algunhas especies son gregarias e desprázanse en grandes bancos conectándose por medio de sinais acústicos.
 
Adoitan teren hábitos carnívoros pero tamén os hai herbívoros e planctónicos.
 
== Reprodución ==
O habitual é a presenza de sexos separados, pero tamén pode darse o caso de seren hermafroditas e incluso intercambiando o sexo en determinadas etapas da vida. Non adoita haber [[dimorfismo sexual]] pero hai especies que si o mostran.
 
A [[fecundación]] é externa, polo que os machos (a diferenza dos condrictios) carecen de órganos copuladores. A reprodución é ovípara, con postas (''desova'') de ata millóns de [[ovo (bioloxía)|ovos]], para compensar a alta mortalidade que sofren as crías; ocasionalmente tamén se dá a reprodución ovovivípara ou vivípara. Nalgúns casos danse hábitos reprodutores máis ou menos sofisticados, con actividades como a construción de niños ou o coidado das crías.
 
== Clasificación ==