393.002
edicións
m (Bot:Retiro parámetro non usado "month=") |
m (Arranxos varios using AWB) |
||
[[Ficheiro:Granulation tissue containg a poorly formed granuloma with a Langhan's giant cell.jpg|miniatura|Tecido de granulación cun granuloma pouco desenvolvido na parte central esquerda. Nesa área hai unha célula mutinucleada xigante do tipo de Langhans. O paciente curárase dunha infección micobacteriana na pel (infección por ''M. ulcerans''.]]
As '''células xigantes de Langhans''' (tamén chamadas células de Pirogov-Langhans <ref name="Historical reference: giant multinuclear cells in tubercular granuloma">{{Cita publicación periódica |pmid=16405098 |title=Historical reference: giant multinuclear cells in tubercular granuloma|work=}}[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/16405098 PMID 16405098]</ref>) son células grandes que se encontran en enfermidades que producen [[granuloma]]s (nódulos con macrófagos e microbios, que se forman en tecidos inflamados).
Orixínanse pola fusión de células epitelioides ([[macrófago]]s), e conteñen moitos [[núcleo celular|núcleos]] dispostos formando un patrón de ferradura de cabalo na periferia da célula.
Aínda que tradicionalmente a súa presenza estaba asociada coa [[tuberculose]], non son específicas desta doenza nin de infeccións por [[micobacteria]]s, xa que poden atoparse en case calquera forma de enfermidade granulomatosa, independentemente da súa etioloxía.
No caso da tuberculose parece que todas as especies de micobacterias inducen a formación de granulomas, pero só as da especie ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'' desencadean a fusión dos macrófagos en células xigantes multinucleadas de Langhans, que non poden fagocitar á bacteria, por iso esta persiste moito tempo nos granulomas.
Lay G, Poquet Y, Salek-Peyron P, Puissegur MP, Botanch C, Bon H, Levillain F, Duteyrat JL, Emile JF, Altare F. Langhans giant cells from M. tuberculosis-induced human granulomas cannot mediate mycobacterial uptake. J Pathol. 2007 Jan;211(1):76-85. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/17115379]</ref>
== Terminoloxía ==
As células xigantes de Langhans recibiron ese nome polo seu descubridor, o patólogo alemán [[Theodor Langhans]] (1839–1915).
Non deben confundirse coas [[célula de Langerhans|células de Langerhans]], de nome parecido.
|