Ned Maddrell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Isle of Man topographic map-es.svg|miniatura|Mapa da illa de Man.]]
'''Edward "Ned" Maddrell''', nado no ano [[1877]] e falecido o [[27 de decembro]]<ref> Algunhas fontes sinalan o 24 de decembro, mais o 27 de decembro é asumido por aparecer en fontes máis relevantes</ref> de [[1974]], foi un [[pesca]]dor da [[Illa de Man]] considerado o último falante nativo da [[lingua manx]].
 
Logo da morte de [[Mrs. Sage Kinvig]] (1870–1962), Maddrell foi a única persoa que podía dicir que falara manx dende a súa xuventude (segundo algunhas fontes Maddrell tiña coñecementos de [[lingua inglesa|inglés]] antes de aprender manx, que o aprendeu dunha tía avoa súa<ref>''[http://www.gaelg.iofm.net/ARTICLE/Broderick/maddrell.html Language Decline and Language Revival in the Isle of Man:] Ned Maddrell Memorial Lecture'', 28 de novembro de 1996 {{en}}</ref>), aínda que outros nesa época o falaban como segunda lingua.
 
Maddrell gravou algunhas conversas por motivos de preservación lingüística; por exemplo, en [[1948]] gravou o que segue sobre a pesca (en manx e inglés):
 
:Dooyrt "Ballooilley" rish:
Liña 16:
 
== Obxeccións á consideración de Ned Maddrell como último falante nativo de manx ==
Ao igual que ocorre con [[Dolly Pentreath]], considerada como a derradeira falante nativa de [[lingua córnica|córnico]], existe unha certa controversia sobre se Ned foi realmente o último falante nativo de manx.
 
A primeira obxección é que existe un pequeno número de nenos que falan manx como primeiro idioma na actualidade. O argumento en contra é que estes nenos falan unha forma moderna da lingua manx e son falantes nativos no mesmo sentido que os novos [[Israel|israelísisrael]]ís son falantes nativos de [[lingua hebrea|hebreo]] moderno, non do hebreo clásico, xa que falan unha lingua recuperada tras ter desaparecido como lingua viva.
 
A segunda obxección é que moitos falantes nativos de manx non o facían públicamente, posto que este idioma tiña un certo estigma social ademais do feito de que algúns falantes nativos de manx emigraron. Por exemplo, unha historia sen confirmar fala dun falante nativo que morreu en [[Chicago]] nos anos '80, uns dez anos despois de Ned Maddrell.