Pazo de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
{{Pazo|Pazo de Castrelos|Pazo Quiñones de León, Castrelos.jpg|Castrelos, Vigo|Pontevedra|Galicia||[[século XVII]]||[[século XVIII]] remodelado|en bo estado|Galicia}}
 
[[Ficheiro:Museo Quiñones de León Foto Miguel Angel Otero Soliño.JPG|dereita|miniatura|200px|[[Sebe]]s de [[buxo]]s par da fachada posterior]]
 
O '''Pazo de Castrelos''' é unha [[Pazo|casa señorial]] que se atopa no [[Parque de Castrelos|parque do mesmo nome]], na parroquia de [[Castrelos, Vigo|Castrelos]], en [[Vigo]].
 
Declarado [[monumento histórico artístico]] dende 1955. O edificio data do [[século XVII]].
 
Na actualidade pertence ao concello de [[Vigo]] e é sede do [[Museo Quiñones de León|Museo Municipal Quiñones de León]], no que destaca a presenza de coleccións de arqueoloxía e [[arte galega]].
Liña 28:
=== Exterior ===
Constrúese un edificio de nova planta inspirado no achegado e acabado de construír no lugar da Torre Busteu (1633) Pazo de San Thomé ([[Pazo da Pastora]]), exemplo de palacete renacentista urbano castelán implantado no rural galego polo vencello dos seus propietarios coa Corte.
O edificio segue a tipoloxía de corpo flanqueado por dúas torres, actualmente moi reformado e ampliado cun engadido na parte posterior, e un distribuidor perpendicular que aloxa a [[capela]] e o pavillón de servizos. Estas ampliacións e reformas foron emprendidas polo Marqués de Alcedo a finais do século XIX e principios do XX.
 
A [[Planta (arquitectura)|planta]] está composta dun corredor rectangular. Diante da fachada principal esténdese un amplo patio cun [[Fonte (arquitectura)|estanque]] circular. A planta ten un corpo central caleado, agás no zócolo, na contorna de [[Van (construción)|ocos]] e [[escudo]] con armas dos Tavares. Os ocos posúen desaugadoiros e balcóns de ferro forxado. Termina o corpo central cun entaboado coroado por [[amea]]s. As dúas torres son idénticas, de cadeirados de planta cadrada. Ocos sinxelos, cun balcón no segundo andar, escudo entre o segundo e terceiro e remate de ameas.
 
=== Interior ===
Liña 56:
O espazo axardinado está situado no contorno inmediato á vivenda e forma con ela un conxunto indisociábel. Concíbese, á maneira dos grandes xardíns da Francia barroca.
O xardín presenta numerosas especies vexetais [[Planta ornamental|ornamentais]], autóctonas e exóticas, algunhas centenarias grazas á benignidade do clima en Vigo.
 
Esta coidada vexetación vese enriquecida por esculturas, unha galería de brasóns e diversos monumentos.