Polímata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 2:
Un '''polímata''' ([[lingua grega|grego]] ''πολυμαθής'') que quere dicir «que coñece, comprende ou sabe moito», é un individuo que destaca en diversas ramas do saber. O termo refírese a persoas cuxos coñecementos non están restrinxidos a un área concreta, senón que dominan diferentes disciplinas, xeralmente as [[arte]]s e as [[ciencia]]s. A maioría dos filósofos da antigüidade eran polímatas, tal como entendemos o termo hoxe en día.<ref name="Mateo2002">{{cita libro|autor=León Esteban Mateo|título=Cultura y prehumanismo en la Curia Pontificia del Papa Luna, 1394-1423|url=http://books.google.com/books?id=Qg9ZzyLjLmkC&pg=PA19#v=onepage&q&f=false|dataacceso=30 abril 2011|ano=2002|editor=Universitat de València|id=ISBN 978-84-370-5417-9|páxinas=19–}}</ref>
 
Tamén se utilizan os termos '''Home Renacentista''' ou '''Home do Renacemento''' e, con menos frecuencia, '''Homo Universalis''' ([[Latín|expresión latina]] que podería traducirse como «home de espírito universal»). Este concepto foi desenvolvido durante o [[Renacemento italiano]] por un dos seus máximos representantes, o arquitecto [[Leon Battista Alberti]] ([[1404]]-[[1472]]), que afirmou que "...o artista neste contexto social non debe ser un simple artesán, senón un intelectual preparado en todas as disciplinas e en todos os terreos". Esta idea recolle os principios básicos do [[humanismo]] do [[Renacemento]]. Caracterizábase por considerar ao home como un ser todopoderoso, con capacidades ilimitadas para o desenvolvemento, e exhortaba á xente a abarcar todos os campos do coñecemento e desenvolver as súas capacidades ao máximo. Por este motivo, moitos homes no Renacemento fixeron florecer notablemente a cultura, o deporte e a arte.
 
A maioría dos polímatas guiáronse por este ideal renacentista. Xa que logo, entre eles atopamos xenios que pertenceron a épocas moi afastadas no tempo: [[Aristóteles]], [[Avicena]], [[Alberte o Magno]], [[Al-Farabí]], [[Shen Kuo]], [[Leonardo da Vinci]], [[Nicolás Copérnico]], [[René Descartes]], [[Isidoro de Sevilla]], [[Isaac Newton]], [[Gottfried Leibniz]], [[Benjamin Franklin]], [[Immanuel Kant]], [[Thomas Jefferson]], [[Johann Wolfgang von Goethe]], [[Alexander von Humboldt]], [[Henri Poincaré]], [[John von Neumann]], [[Isaac Asimov]] etc.
 
== Véxase tamén ==
* [[Erudición]]
 
== Nota ==
{{listarefListaref|230em}}
 
{{DEFAULTSORT:Polímata}}
[[Categoría:Ciencia| ]]