Delmi Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 4:
Participou na [[fotobienal]] de Vigo en 1984 e 1986. Comezou traballando para ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', ''[[La Región]]'', ''[[El País]]'' e o ''[[Diario de Galicia (Vigo)|Diario de Galicia]]''. En 1987 acadou o premio Fotopress por ''Instantáneas''. Entre 1990 e 1991 estivo en [[Cuba]] desenvolvendo o proxecto fotográfico ''Cuba, el ultimo bastion: la lucha de un pueblo'', co que acadou de novo o premio Fotopress.
 
Entre 1991 e 1993 estivo en [[Croacia]] e [[Bosnia e Hercegovina]] cubrindo as [[guerras iugoslavas]] para ''[[La Voz de Galicia]]''. Entre 1998 e 2009 desenvolveu o proxecto ''Galegos na Diáspora'', fotografando personalidades da [[diáspora galega]]. O proxecto foi editado en forma de libro pola Secretaría Xeral de Emigración. O autor presentou a obra na Library of Congress en Washington e a CUNY a Universidade de Nova York, ante os emirgantes galegos que viven nesas cidades. Porén, o libro non recibiu atención en Galiza.
 
Sobre a Diáspora realizou tres documentais en co-produción coa [[Televisión de Galicia]]. ''O Rei galego de África'', ''A última fotografía'' e ''Galegos da Guaiana venezolana''. En dous destes documentais participou o xornalista galego [[Arturo Lezcano]]. Posteriormente filmou ''Fuga de cerebros'', sobre a vida de tres parellas de científicos galegos na diáspora en Colonia, Alabama, Estocolmo e París no que falan das vicisitudes para investigar na universidade galega, as mafias, familias e demais que impiden levar a cabo traballos que sirvan de proveito para Galiza. O documental non chegou a co-producirse coa TVG aínda que existía un pacto verbal cos responsables da TVG, pero ao trocar a dirección foi rexeitado.
 
Delmi seguindo a súa traxectoria nos proxectos etnográficos e antropolóxicos filmou aos Himba en Namibia no documental ''Himbas, struggle for survive'', que nunca se chegou a emitir.
 
Actualmente estuda Antropoloxía Social e Cultural.