Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

m
En [[1989]], durante o mandato do profesor [[Antonio Blanco Ferro]] -primeiro director electo do Centro- conseguiuse a aprobación do segundo ciclo de estudos en informática e sentáronse as bases para o financiamento dun edificio: era a etapa da fundación da [[Universidade da Coruña]] sendo o primeiro reitor [[José Antonio Portero Molina]].
 
En [[1991]] créase a Facultade de Informática coa implantación da Licenciatura en Informática e o director da Escola naquel momento, [[Juan Ares Casal]], decide que é mellor que non coexistan a Facultade e a Escola, polo que ó remate do curso desaparece esta última. Con motivo da creación da Facultade, o reitor [[José Luis Meilán Gil]] nomea como decano comisionado a José Luis Freire Nistal e Juan Ares Casal será vicedecano.
 
No ano [[1993]] inaugurouse o actual edificio e en [[1994]] chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.
 
No [[2006]], sendo decano [[Alberto Valderruten Vidal]] e vicedecano de Relacións coa Industria [[Víctor Gulías|Víctor M. Gulías]], a Facultade propón a creación dun punto de encontro entre a universidade e a empresa que se materializa coa posta en marcha un ano máis tarde do [[CITIC]], no que conflúen os departamentos de I+D de empresas do sector TIC cos grupos de investigación da [[UDC]] nun edificio do Parque Tecnolóxico próximo á FIC.
389.261

edicións