Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
[[Ficheiro:Tocopherol, alpha-.svg|miniatura|300px|dereita|O α-tocoferol, unha forma de vitamina E.]]
O termo '''vitamina E''' utilízase para designar un grupo de compostos liposolubles que inclúen tanto o grupo do [[tocoferol]] coma o do [[tocotrienol]].<ref>{{Cita publicación periódica|last=Brigelius-Flohe|first=B|coauthors=Traber|title=Vitamin E: function and metabolism|journal=FASEB|year=1999|volume=13|pages=1145–1155}}</ref> Hai moitas formas distintas de vitamina E.<ref>{{cite web |last=Traber |first=MG |title=The biological activity of vitamin E |url=http://lpi.oregonstate.edu/sp-su98/vitamine.html |publisher=The Linus Pauling Institute |accessdate=Mar 6, 2011 |year=1998 }}</ref> O α-tocoferol é a forma máis activa bioloxicamente da vitamina E, polo que moitas veces se utiliza o termo '''tocoferol''' como sinónimo de vitamina E. O α-tocoferol é abundante, por exemplo, no aceite de xerme de trigo e no de xirasol.<ref name=Traber /><ref>{{Cita publicación periódica |author=Reboul E, Richelle M, Perrot E, Desmoulins-Malezet C, Pirisi V, Borel P |title=Bioaccessibility of carotenoids and vitamin E from their main dietary sources|journal=Journal of Agricultural and Food Chemistry |date=2006 Nov 15 |volume=54 |pages=8749–8755 |doi=10.1021/jf061818s |pmid=17090117 |issue=23}}</ref> O γ-tocoferol pode atoparse, por exemplo, no aceite de millo, de soia, e margarina.<ref name=Traber /><ref>{{Cita publicación periódica|last=Bieri|coauthors=Evarts|title=γ-Tocopherol: metabolism, biological activity and significance in human vitamin E nutrition|journal=American Journal of Clinical Nutrition |year=1974|volume=27|pages=980–986|pmid=4472121|first1=JG|issue=9}}</ref><ref name=Traber /> A vitamina E é un [[antioxidante]] liposoluble que impide a produción de [[especies reactivas do osíxeno]] formadas cando se oxidan as graxas.<ref>{{cite web |author=National Institute of Health |title=Vitamin E fact sheet |url=http://ods.od.nih.gov/factsheets/VitaminE.asp |date=5/4/2009}}</ref><ref name=Herrera>{{Cita publicación periódica|pmid=11579997 |year=2001 |author1=Herrera |first2=C |title=Vitamin E: action, metabolism and perspectives |volume=57 |issue=2 |pages=43–56 |journal=Journal of Physiology and Biochemistry |last2=Barbas |doi=10.1007/BF03179812}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |pmid=11160563 |url=http://jn.nutrition.org/cgi/content/full/131/2/369S |journal=Journal of Nutrition |title=Molecular aspects of α-tocotrienol antioxidant action and cell signalling |volume=131 |issue=2 |year=2001 |pages=369S–73S |author=Packer L, Weber SU, Rimbach G}}</ref>
 
== Composición química ==
[[Ficheiro:TocopherolX.png|miniatura|150px|Estrutura básica do D-tocoferol.]]
É unha familia de compostos poliprenoides. A vitamina E en estado natural ten oito diferentes formas de isómeros, catro tocoferois e catro tocotrienois. Todos os isómeros teñen un [[anel aromático]], chamado cromano, cun grupo [[hidroxilo]] e unha cadea polipronoide saturada.
Existen formas α, β, γ e δ para ambos os isómeros, e distínguense polo número de grupos [[metilo]] no anel aromático. Cada unha das formas ten a súa propia actividade biolóxica.
 
 
{| border="1" cellspacing="0" cellpadding="5"
 
== α-Tocoferol ==
O α-tocoferol é un importante antioxidante liposoluble, que actúa pola vía da [[glutatión peroxidase]] <ref>{{Cita publicación periódica|last=Wefers|coauthors=Sics|title=The protection of ascorbate and glutathione against microsomal lipid peroxidation is dependent on Vitamin E|journal=European Journal of Biochemistry|year=1988|volume=174|pages=353–357|doi=10.1111/j.1432-1033.1988.tb14105.x|pmid=3383850|first1=H|issue=2}}</ref> e protexe a [[membrana plasmática|membrana celular]] da oxidación producida por reacción con [[radical (química)|radicais]] lipídicos orixinados na reacción en cadea da peroxidación de lípidos.<ref name=Herrera/><ref name=traber>{{Cita publicación periódica|pmid=17561088 |doi=10.1016/j.freeradbiomed.2007.03.024 |year=2007 |author1=Traber |first2=J |title=Vitamin E, Antioxidant and Nothing More |volume=43 |issue=1 |pages=4–15 |pmc=2040110 |journal=Free radical biology & medicine |last2=Atkinson}}</ref><ref name=Herrera/> Elimina os [[radical (química)|radicais libres]] e impide que continúen as reaccións de [[oxidación]]. Os radicais α-tocoferoxil oxidados producidos neste proceso poden ser reciclados á súa forma activa reducida ao seren reducidos por outros antioxidantes, como o [[ascorbato]], [[retinol]] ou [[ubiquinol]].<ref>{{Cita publicación periódica|pmid=10793887 |doi=10.1016/S0163-7827(99)00008-9 |year=1999 |author1=Wang |first2=PJ |title=Vitamin E and its function in membranes |volume=38 |issue=4 |pages=309–36 |journal=Progress in lipid research |last2=Quinn}}</ref> Porén, a importancia das propiedades antioxidantes desta molécula nas concentracións presentes no corpo non está de todo clara, e é posible que as razóns que fan que a vitamina E sexa requirida na dieta non estean relacionadas coa súa capacidade antioxidante.<ref>{{Cita publicación periódica|pmid=19133328 |doi=10.1016/j.freeradbiomed.2008.12.007 |year=2009 |author1=Brigelius-Flohé |title=Vitamin E: the shrew waiting to be tamed |volume=46 |issue=5 |pages=543–54 |journal=Free radical biology & medicine}}</ref> Outras formas de vitamina E teñen propiedades características; por exemplo, o gamma-tocoferol é un [[nucleófilo]] que pode reaccionar con [[mutáxeno]]s [[electrófilo|electrofílicos]].<ref name=pmid10385606>{{Cita publicación periódica|pmid=10385606 |year=1999 |author1=Brigelius-Flohé |first2=MG |title=Vit amin E: function and metabolism |volume=13 |issue=10 |pages=1145–55 |journal=The FASEB journal : official publication of the Federation of American Societies for Experimental Biology |last2=Traber}}</ref>
 
Ademais da súa función como antioxidante, que é a mellor coñecida, a vitamina E ten outras varias funcións.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Bell|title=History of vitamin E in infant nutrition|journal=Am. J. Clin.Nutr|year=1987|volume=46|pages=183–186|pmid=3300257|first1=EF|issue=1 Suppl}}</ref> O α-tocoferol ten un efecto regulatorio sobre as actividades encimáticas. Por exemplo, a [[proteín quinase C]] (PKC), que intervén no crecemento do [[músculo liso]], pode ser inhibida polo α-tocoferol. O α-tocoferol ten un efecto estimulante sobre o encima [[desfosforilación|desfosforilante]], proteín fosfatase 2A, que á súa vez, separa os grupos fosfato da PKC causando a súa desactivación, e parando o crecemento do músculo liso.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Schneider|title=Chemistry and biology of vitamin E|journal=Mol Nutr Food Res|year=2005|volume=49|pages=7–30|doi=10.1002/mnfr.200400049|pmid=15580660|first1=C|issue=1}}</ref>
A vitamina E tamén ten un efecto sobre a expresión xénica. Nos tecidos ateroxenéticos atópanse macrófagos ricos en [[colesterol]]. O receptor CD36 é un tipo de receptor varrendeiro (''scavenger'') da clase B que incrementa a súa actividade pola presenza da [[lipoproteína de baixa densidade]] (LDL) oxidada e únese a ela.<ref name="Devaraj 2001 521–527">{{Cita publicación periódica|last=Devaraj|first=S|coauthors=Hugou, I., Jialal, I.|title=-Tocopherol decreases CD36 expression in human monocyte-derived macrophages|journal=J Lipid Res|year=2001|volume=42|pages=521–527|pmid=11290823|issue=4}}</ref> O tratamento con α-tocoferol diminúe a expresión do xene do receptor CD36 e a dos receptores similares de clase A (SR-A).<ref name="Devaraj 2001 521–527"/>
Ademais deste efecto sobre os receptores SRA e CD36, o α-tocoferol afecta á expresión do factor de crecemento do tecido conectivo (CTGF).<ref>{{Cita publicación periódica|last=Azzi|first=A|coauthors=Stocker, R.|title=Vitamin E: non-antioxidant roles|journal=Prog Lipid Res|year=2000|volume=39|issue=3|pages=231–255|doi=10.1016/S0163-7827(00)00006-0|pmid=10799717}}</ref><ref name="Villacorta 2003 104–110">{{Cita publicación periódica|last=Villacorta|first=L.|coauthors=Graca-Souza, A. V., Ricciarelli, R., Zingg, J. M., Azzi, A|title=α-Tocopherol induces expression of connective tissue growth factor and antagonizes tumor necrosis factor-α-mediated downregulation in human smooth muscle cells|journal=Circ. Res.|year=2003|volume=92|pages=104–110|doi=10.1161/01.RES.0000049103.38175.1B|pmid=12522127|issue=1}}</ref> Cando se expresa o xene do CTGF, é responsable da reparación das feridas e da rexeneración da [[matriz extracelular]] que se perdeu ou quedou danada durante os procesos da [[aterosclerose]],<ref name="Villacorta 2003 104–110"/>. Ademais, a vitamina E tamén intervén en funcións neuroloxicas <ref>{{Cita publicación periódica|last=Muller|first=D.P.|title=Vitamin E and neurological function. Review|journal=Mol. Nutr. Food Res|year=2010|volume=54|pages=710–718|doi=10.1002/mnfr.200900460|pmid=20183831|issue=5}}</ref> e na inhibición da agregación das [[plaqueta]]s <ref>{{Cita publicación periódica|last=Dowd|first=P|coauthors=Zheng, Z. B.|title=On the mechanism of the anticlotting action of vitamin E quinone|journal=Proc Natl Acad Sci U S A.|year=1995|volume=92|pages=8171–8175|doi=10.1073/pnas.92.18.8171|pmid=7667263|issue=18|pmc=41118}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|pmid=17561087 |year=2007 |author1=Brigelius-Flohé |first2=KJ |title=Is vitamin E an antioxidant, a regulator of signal transduction and gene expression, or a 'junk' food? Comments on the two accompanying papers: "Molecular mechanism of alpha-tocopherol action" by A. Azzi and "Vitamin E, antioxidant and nothing more" by M. Traber and J. Atkinson |volume=43 |issue=1 |pages=2–3 |doi=10.1016/j.freeradbiomed.2007.05.016 |journal=Free radical biology & medicine |last2=Davies}}</ref> <ref>{{Cita publicación periódica|pmid=18160049 |doi=10.1016/j.freeradbiomed.2007.11.010 |year=2008 |author1=Atkinson |first2=RF |first3=RM |title=Tocopherols and tocotrienols in membranes: a critical review |volume=44 |issue=5 |pages=739–64 |journal=Free radical biology & medicine |last2=Epand |last3=Epand}}</ref>, o que levou a suxerir a algúns autores que a función máis importante da vitamina E é a de ser unha [[molécula de sinalización]] celular, e que non ten un papel significativo no metabolismo antioxidativo.<ref>{{Cita publicación periódica|pmid=17561089 |doi=10.1016/j.freeradbiomed.2007.03.013 |year=2007 |author1=Azzi |title=Molecular mechanism of alpha-tocopherol action |volume=43 |issue=1 |pages=16–21 |journal=Free radical biology & medicine}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|pmid=15134510 |year=2004 |author1=Zingg |first2=A |title=Non-antioxidant activities of vitamin E |volume=11 |issue=9 |pages=1113–33 |journal=Current medicinal chemistry |last2=Azzi}}</ref>
 
Ata o momento, a maioría dos estudos sobre a vitamina E fixéronse utilizando só o α-tocoferol, pero iso leva a reducir as concentracións séricas de gamma- e delta-tocoferol. Ademais, un estudo clínico de 2007 sobre o α-tocoferol concluíu que a suplementación con este produto non reducía o risco de problemas cardiovasculares importantes en homes vellos e de mediana idade. <ref name="Vit E & C trial">{{Cita publicación periódica|doi=10.1001/jama.2008.600 |pmc=2586922 |title=Vitamins E and C in the Prevention of Cardiovascular Disease in Men: The Physicians' Health Study II Randomized Trial |pmid=18997197 |year=2008 |last1=Sesso |first1=H. D. |first2=J. E. |first3=W. G. |first4=T. |first5=C. |first6=J. |first7=V. |first8=J. E. |first9=R. J. |journal=JAMA: the Journal of the American Medical Association |volume=300 |issue=18 |pages=2123–33 |last2=Buring |last3=Christen |last4=Kurth |last5=Belanger |last6=MacFadyen |last7=Bubes |last8=Manson |last9=Glynn}}</ref>
 
== Tocotrienois ==
Comparados cos tocoferois, os [[tocotrienol|tocotrienois]] foron pouco estudados.<ref>{{Cita publicación periódica|pmid=7495251 |url=http://www.ajcn.org/cgi/content/abstract/62/6/1501S |journal=American Journal of Clinical Nutrition |title=Vitamin E: beyond antioxidant function |volume=62 |issue=6 |pages=1501S–1509S |author=Traber, MG |first2=L |year=1995 |last2=Packer}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|pmid=8839930 |year=1996 |author1=Traber |first2=H |title=Vitamin E in humans: demand and delivery |volume=16 |pages=321–47 |doi=10.1146/annurev.nu.16.070196.001541 |journal=Annual review of nutrition |last2=Sies}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|pmid=15753140 |year=2004 |author1=Sen |first2=S |first3=S |title=Tocotrienol: the natural vitamin E to defend the nervous system? |volume=1031 |pages=127–42 |doi=10.1196/annals.1331.013 |journal=Annals of the New York Academy of Sciences |last2=Khanna |last3=Roy}}</ref> <ref name="ReferenceA">{{Cita publicación periódica|pmid=16458936 |doi=10.1016/j.lfs.2005.12.001 |year=2006 |author1=Sen |first2=S |first3=S |title=Tocotrienols: Vitamin E Beyond Tocopherols |volume=78 |issue=18 |pages=2088–98 |pmc=1790869 |journal=Life sciences |last2=Khanna |last3=Roy}}</ref> Pero as liñas actuais de investigación están empezando a darlle máis relevancia aos tocotrienois, que son os antioxidantes máis potentes da familia de compostos da vitamina E. Algúns estudos suxiren que os tocotrienois teñen funcións especializadas na protección das [[neurona]]s de danos<ref name="ReferenceA"/> e na redución do [[colesterol]] <ref>{{Cita publicación periódica|doi=10.1152/ajpheart.01200.2007 |pmid=18083895 |year=2008 |author1=Das |first2=I |first3=M |first4=G |first5=J |first6=B |first7=I |first8=K |first9=A |title=Cardioprotection with palm oil tocotrienols: comparison of different isomers |volume=294 |issue=2 |pages=H970–8 |journal=American journal of physiology. Heart and circulatory physiology |last2=Lekli |last3=Das |last4=Szabo |last5=Varadi |last6=Juhasz |last7=Bak |last8=Nesaretam |last9=Tosaki}}</ref> inhibindo a actividade da hidroximetilglutaril-CoA redutase. O delta-tocotrienol bloquea o procesamento das proteínas de unión ao elemento regulador de esterois ([[SREBP]]s).
 
== Efectos sobre a saúde ==
Os individuos que non poden absorber [[graxa]]s requiren suplementos de vitamina E debido a que é moi importante esta vitamina nos procesos de absorción do [[tracto gastrointestinal]]. Calquera diagnose con [[fibrose quística]], individuos aos que lles foi extirpado parte ou todo o intestino ou estómago, e individuos que teñen incapacidade de absorción de graxas, como os que sofren a [[enfermidade de Crohn]], precisan un suplemento de vitamina E receitada polo médico.
 
En concreto, o déficit de vitamina E pode causar: [[ataxia espiñocerebelar]]<ref name=traber/>, [[miopatía]]s <ref name=Traber>{{Cita publicación periódica|author=Brigelius-Flohé R, Traber MG |title=Vitamin E: function and metabolism|journal=FASEB J. |volume=13 |issue=10 |pages=1145–55 |date=1 July 1999 |pmid=10385606 |url=http://www.fasebj.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=10385606}}</ref>, neuropatías periféricas <ref name=sheet>{{cite web| publisher=National Institutes of Health |author=Office of Dietary Supplements|title=Vitamin E Professional Fact Sheet |url=http://ods.od.nih.gov/factsheets/vitamine.asp#h3 |accessdate=14 August 2010}}</ref> <ref name=board>Institute of Medicine. Food and Nutrition Board. Dietary Reference Intakes: Vitamin C, Vitamin E, Selenium, and Carotenoids. Washington, DC: National Academy Press, 2000.</ref> <ref name=kowdley>{{Cita publicación periódica|author=Kowdley KV, Mason JB, Meydani SN, Cornwall S, Grand RJ |title=Vitamin E deficiency and impaired cellular immunity related to intestinal fat malabsorption |journal=Gastroenterology|volume=102 |issue=6 |pages=2139–42 |year=1992 |pmid=1587435 |doi= |url=}}</ref>, [[ataxia]] <ref name=sheet/><ref name=board/><ref name=kowdley/>, miopatías esqueléticas <ref name=sheet/> <ref name=board/> <ref name=kowdley/>,
[[retinopatía]]s <ref name=sheet/> <ref name=board/> <ref name=kowdley/>, e trastornos da resposta inmunitaria <ref name=sheet/> <ref name=board/> <ref name=kowdley/>.
 
== Consumo diario recomendado ==
A vitamina E abunda en moitos alimentos, principalmente de orixe vexetal, sobre todo nos de folla verde ([[brócoli]], [[espinaca]]s), sementes como as da [[soia]], o [[xerme de trigo]] e o [[lévedo]] de [[cervexa]]; tamén pode encontrarse en alimentos de orixe animal como a xema de [[Ovo (alimento)|ovo]].<br /> Normalmente adoitan considerarse unha fonte de vitamina E os [[aceite vexetal|aceites vexetais]]. Algunhas dietas que empregan moitos cereais para o almorzo achegan unha grande cantidade de vitamina.
 
Algúns dos alimentos considerados como fontes importantes de Vitamina E son:
 
* [[Aceite de xirasol]] (50-62 50–62&nbsp;mg/100&nbsp;g)
* Aceite de [[Noz (froito da nogueira)|noces]] (39 &nbsp;mg/100&nbsp;g)
* [[Aceite de sésamo]] (28 &nbsp;mg/100&nbsp;g)
* [[Abelá]]s (27 &nbsp;mg/ 100&nbsp;g)
* [[Aceite de soia]] (17-25 17–25&nbsp;mg/100&nbsp;g)
* [[Juglans regia|Noces]] (25 &nbsp;mg/100 g)
* [[Améndoa]]s (25 &nbsp;mg/100&nbsp;g)
* [[Aceite de palma]] (25 &nbsp;mg/100&nbsp;g)
* [[Margarina]] (14 &nbsp;mg/100 g)
* [[Aceite de oliva]] (12 &nbsp;mg/100 g)
* [[Spirulina]] (1,7 &nbsp;mg/100g)
 
O [[enranciamiento]] oxidativo que ocorre nalgúns [[alimento]]s destrúe as vitaminas liposolubles, particularmente as [[vitamina A|vitaminas A]] e E.
 
== Historia ==
En 1922 demostrouse a existencia da vitamina E, os investigadores Evans e Bishop, observaron que as ratas femias requirían deste principio na súa dieta para unha preñez normal. Déuselle o nome de "vitamina da fertilidade" e o nome tocoferol procede dese feito (“τόκος” é ''nacemento'' en grego).
 
Hai que salientar os traballos realizados por [[Paul Karrer]] sobre os [[carotenoide]]s e as [[flavina]]s, e a súa síntese en 1938 do composto denominado [[alfa-tocoferol]], que corrixía a esterilidade carencial.
381.175

edicións