Macrólido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 48:
Os antibióticos macrólidos utilízanse para o tratamento de infeccións causadas por [[bacteria Gram-positiva|bacterias Gram-positivas]], como ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', e ''[[Haemophilus influenzae]]'' en infeccións respiratorias e de tecidos brandos. O espectro antimicrobiano dos macrólidos é algo máis amplo ca o da [[penicilina]], o que fai que os macrólidos sexan un antibiótico substituto común para pacientes con alerxia á penicilina. Os [[estreptococo]]s, [[pneumococo]]s, [[estafilococo]]s, e [[enterococo]]s beta-hemolíticos son normalmente susceptibles aos macrólidos. A diferenza da penicilina, os macrólidos son efectivos contra a ''[[Legionella pneumophila]]'', [[micoplasma]]s, [[micobacteria]]s, algunhas [[rickettsia]]s, e ''[[Chlamydia]]''.
 
Os macrólidos non se utilizan en herbívoros non ruminantes, como cabalos e coelllos. Neses animais producen rapidamente unha reacción causando trastornos dixestivos fatais. <ref>Giguère, Steeve, John F., and J. Desmond. Antimicrobial therapy in veterinary medicine. 4th. Wiley-Blackwell, 2006. Print</ref> Só poden ser utilizados en cabalos de menos dun ano de idade, pero evitando que outros cabalos maiores entren en contacto co tratamento con macrólidos (como a nai do poldro, por exemplo).
 
== Modo de acción ==
Liña 58:
=== Inmunomodulación ===
Os antibióticos macrólidos eritromicina, claritromicina, e roxitromicina demostraron ser efectivos como tratamento contra certa doenza pulmonar frecuente en Asia chamada panbroquiolite difusa (DPB).<ref name=mac>{{Cita publicación periódica|author=Keicho N, Kudoh S |title=Diffuse panbronchiolitis: role of macrolides in therapy |journal=Am J Respir Med. |volume=1 |issue=2 |pages=119–131 |year=2002 |pmid=14720066}}</ref>
<ref name=mac08>{{Cita publicación periódica|author=Lopez-Boado YS, Rubin BK |title=Macrolides as immunomodulatory medications for the therapy of chronic lung diseases |journal=Curr Opin Pharmacol. |volume=8 |issue=3 |pages=286–291 |year=2008 |pmid=18339582 |doi=10.1016/j.coph.2008.01.010}}</ref> O efecto beneficioso dos macrólidos nesta doenza deriva de que controlan os síntomas a través da [[inmunomodulación]], é dicir, axustando a resposta inmunitaria,<ref name=mac08/> co beneficio engadido de requirir doses máis baixas. A [[inflamación]] diminúe e suprímese a proliferación de neutrófilos e linfocitos. <ref name=mac/> Que o seu efecto se debe a inmunomodulación ponse en evidencia porque se usan a doses moi baixas como para que poidan combater a infección directamente, e porque alivian os síntomas mesmo cando a bacteria é resistente aos macrólidos <ref name=mac04>{{Cita publicación periódica|author=Schultz MJ |title=Macrolide activities beyond their antimicrobial effects: macrolides in diffuse panbronchiolitis and cystic fibrosis |journal=J Antimicrob Chemother. |volume=54 |issue=1 |pages=21–28 |year=2004 |pmid=15190022 |doi=10.1093/jac/dkh309}}</ref>.
 
== Resistencias ==
Liña 69:
== Efectos secundarios ==
En xeral son bastante seguros. Nalgúns casos poden producir trastornos intestinais, hipersensibilidade cutánea ou eosinofilia.
En 2008 un artigo do ''British Medical Journal'' salientaba que non é aconsellable combinar macrólidos e [[estatina]]s (usadas para rebaixar os niveis de colesterol), xa que isto pode producir unha [[miopatía]] debilitante.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Sathasivam|first=Sivakumar |date=6 November 2008 |title=Statin induced myopathy |journal=British Medical Journal |volume=337 |pages=a2286 |url=http://www.bmj.com/cgi/content/extract/337/nov06_3/a2286 |doi=10.1136/bmj.a2286 |pmid=18988647|last2=Lecky|first2=B}}</ref> Isto sucede porque os macrólidos son potentes inhibidores do sistema do [[citocromo P450]], principalmente do [[CYP3A4]]. Os macrólidos, principalmente a eritromicina e claritromicina, teñen tamén o efecto de prolongación QT no [[electrocardiograma]], o que pode orixinar [[torsade de pointes]] (certa taquicardia ventricular). Os macrólidos teñen reciclaxe enterohepática; é dicir, o fármaco absórbese no tracto intestinal e é enviado ao fígado, para ser despois excretado no [[duodeno]] coa [[bile]]. Isto pode orixinar unha acumulación do produto no sistema, causando deste modo [[náusea]]s. En rapaces o uso da eritromicina foi asociado con estenose pilórica <ref>SanFilippo, A. Infantile hypertrophic pyloric stenosis related to ingestion of erythromycine estolate: A report of five cases. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1263054]</ref> <ref> Honein M.A. et al. Infantile hypertrophic pyloric stenosis after pertussis prophylaxis with erythromcyin: a case review and cohort study. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10609814]</ref>.
 
== Notas ==