Camiñante sobre o mar de néboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 12:
| museo= Hamburger Kunsthalle
}}
'''''Camiñante sobre o mar de néboa''''' (en {{lang-de|Der Wanderer über dem Nebelmeer}}) é unha coñecida pintura do [[pintor]] [[Romanticismo|romántico]] [[Alemaña|alemán]] [[Caspar David Friedrich]], con data de [[1818]]. Trátase dun [[Pintura ao óleo|óleo]] sobre téa que mide 74,8 [[centímetro]]s de ancho por 94,8 centímetros de alto. Actualmente consérvase no [[Kunsthalle de Hamburgo|Kunsthalle]] de [[Hamburgo]] ([[Alemaña]]).<ref> Hemut R. Leppien: ''Caspar David Friedrich in der Hamburger Kunsthalle''. Stuttgart 1993, S. 16</ref>
 
A obra presenta un viaxeiro, que algúns críticos identificaron co propio Friedrich, en pé no cumio dun penedo elevado, fitando un mar de brétema que lle queda embaixo. O camiñante aparece de costas, vestido de negro. Adianta unha perna e apóiase nun bastón. Pódense ver os picos doutras montañas emerxendo entre a [[néboa]], ao tempo que unha serra de montañas de enormes dimensións ocupa o fondo da obra. A grande extensión de ceo por riba das alturas das montañas do fondo cobre gran parte do cadro. Podería ser unha [[paisaxe]] da [[Distrito de Sächsische Schweiz|Suíza de Saxonia]].