Diferenzas entre revisións de «Heparina»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
m (Bot:Retiro parámetro non usado "month=")
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
Hai dous efectos secundarios non hemorráxicos do tratamento con heparina. O primeiro é a elevación dos niveis séricos de [[aminotransferase]], que se produce no 80% dos pacientes que recibiron heparina. Esta anormalidade non está asociada con trastornos hepáticos, e desaparece co cesamento do tratamento. O segundo trastorno é a [[hipercalemia]], que se dá no 5 a 10% dos pacientes tratados con heparina, e é o resultado da supresión da [[aldosterona]] inducida por heparina. A hipercalemia pode aparecer poucos días despois do comezo da terapia. Máis raramente, poden presentarse efectos secundarios como [[alopecia]] e [[osteoporose]] se o uso é crónico.
 
Como acontece con moitas drogas, a sobredose de heparina pode ser fatal <ref>{{Cita novas | last = Kusmer | first = Ken | publisher = Fox News (Associated Press) | title = 3rd Ind. preemie infant dies of overdose | url= http://www.foxnews.com/story/0,2933,214729,00.html | date= 20 September 2006 | accessdate = 2007-01-08}}</ref>. Houbo varios casos de mortes hospitalarias accidentais por sobredose de heparina <ref>[http://www.usatoday.com/life/people/2007-12-04-quaid-lawsuit_N.htm Dennis Quaid and wife sue drug maker], USA Today, December 4, 2007</ref><ref>[http://www.latimes.com/features/health/la-me-quaid5dec05,1,1883436.story Dennis Quaid files suit over drug mishap], Los Angeles Times, December 5, 2007</ref> <ref>[http://www.sfgate.com/cgi-bin/blogs/dailydish/detail?blogid=7&entry_id=33678 Quaid Awarded $750,000 Over Hospital Negligence], SFGate.com, December 16, 2008</ref> <ref>[http://www.wthr.com/Global/story.asp?s=5418800 WTHR story] about Methodist Hospital overdose</ref> <ref>[http://christusspohn.netreturns.biz/NewsReleases/Article_Detail.aspx?id=b8250e15-c437-48f3-8345-edc85a47565a Statement by Dr. Richard Davis, Chief Medical Officer, CHRISTUS Spohn Health System], July 10, 2008</ref> <ref>[http://www.dallasnews.com/sharedcontent/dws/news/texassouthwest/stories/DN-bloodthinner_11tex.ART.State.Edition1.4d4aa44.html At a Glance Heparin Overdose at Hospital], Dallas Morning News, July 11. 2008</ref> <ref>"[http://abcnews.go.com/GMA/Parenting/story?id=5346509&page=1 Officials Investigate Infants' Heparin OD at Texas Hospital]." ''ABC News.'' July 11, 2008. Retrieved on July 24, 2008.</ref>. Mesmo houbo en 2006 un caso de homicidios múltiples realizados por unha enfermeira na República Checa, que administrou deliberadamente sobredoses de heparina a varios pacientes, asasinando a sete deles.<ref>[http://www.radio.cz/en/article/85964 Nurse committed murders to "test" doctors], Radio Praha, May 12, 2006</ref>
 
=== Antidotos contra a sobredose de heparina ===
 
=== Desenvolvemento de novos fármacos ===
Como se mostra na táboa, existe un gran potencial para o desenvolvemento de estruturas similares á heparina con utilidade farmacolóxica para tratar diversas enfermidades, ademais do uso actual como anticoagulante. <ref name=lever>{{Cita publicación periódica | author=Lever R. and Page C.P. | title = Novel drug opportunities for heparin | journal= Nat. Rev. Drug Discov. | year=2002 | volume=1 | issue=2 | pages=140–148 | pmid = 12120095 | doi=10.1038/nrd724}}</ref><ref name=coombe>{{Cita publicación periódica | author=Coombe D.R. and Kett W.C. | title = Heparan sulfate-protein interactions: therapeutic potential through structure-function insights | journal= Cell. Mol. Life Sci. | year=2005 | volume=62 | issue=4 | pages=410–424 | pmid = 15719168 | doi = 10.1007/s00018-004-4293-7}}</ref>
 
{| class="wikitable" style="text-align:left"
* Un xel de heparina (tópico) úsase ás veces para tratar mancaduras deportivas. Sábese que o forma desprotonada da [[histamina]] se une a un sitio específico da heparina.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Chuang W, Christ MD, Peng J, Rabenstein DL. | title = An NMR and molecular modeling study of the site-specific binding of histamine by heparin, chemically-modified heparin, and heparin-derived oligosacchrides | journal= Biochemistry. | year=2000 | volume=39 | pages=3542–3555 | doi= 10.1021/bi9926025 | pmid = 10736153 | issue= 13}}</ref> A liberación de histamina das [[célula mastoide|células mastoides]] no lugar onde se produciu o dano tisular contribúe á resposta inflamatoria. A razón fundamental que está detrás do uso destes xeles tópicos pode ser que bloquean a actividade da histamina liberada, e así axudan a reducir a [[inflamación]].
* A heparina adquire a capacidade de iniciar a [[anxioxénese]] cando se forma o seu sal de cobre. As moléculas de cobre libres non son anxioxénicas.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Alessandri, G. Raju, K. and Gullino, PM. | title = Mobilization of capillary endothelium ''in-vitro'' induced by effectors of angiogenesis ''in-vivo'' | journal= Cancer. Res. | year=1983 | volume=43 | pages=1790–1797 | pmid = 6187439 | issue= 4}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica | author= Raju, K. Alessandri, G. Ziche, M. and Gullino, PM. | title = Ceruloplasmin, copper ions, and angiogenesis | journal= J. Natl. Cancer. Inst. | year=1982 | volume=69 | pages=1183–1188 | pmid = 6182332 | issue= 5}}</ref> Pero, polo contrario, a heparina pode inhibir a [[anxioxénese]] cando se administra en presenza de [[corticosteroide]]s.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Folkman J. | title = Regulation of angiogenesis: a new function of heparin | journal= Biochem. Pharmacol. | year=1985 | volume=34 | pages=905–909 | pmid = 2580535 | doi= 10.1016/0006-2952(85)90588-X | issue= 7}}</ref> Este efecto anxioxénico é independente da actividade anticoagulante da heparina.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Folkman J. and Ingber DE. | title = Angiostatic steroids. Method of discovery and mechanism of action | journal= Ann. Surg. | year=1987 | volume=206 | issue=3 | pages=374–383 | pmid = 2443088 | doi = 10.1097/00000658-198709000-00016 | pmc= 1493178}}</ref>
 
* Os tubos de ensaio, [[Vacutainer]]s (marca de tubos de ensaio para a venopunción), e tubos capilares que usan o sal de [[litio]] de heparina (litio heparina) como anticoagulante márcanse normalmente con adhesivos e tapas verdes. A heparina ten a vantaxe sobre o [[EDTA]] de non afectar os niveis da maioría dos ións. Porén, os niveis de ión calcio poden decrecer se a concentración de heparina no sangue é moi alta.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Higgins, C. | title = The use of heparin in preparing samples for blood-gas analysis | journal= Medical Laboratory Observer | year=2007 | url=http://www.mlo-online.com/articles/1007/1007cover_story.pdf|format=PDF}}</ref> A heparina pode interferir con algúns [[inmunoensaio]]s. Cando se utiliza litio heparina, os niveis de litio do paciente non se poden obter deses tubos; para ese mester utilízanse Vacutainers con tapa azul que conteñen sodio heparina.
 
* Disponse de [[osixenador de sangue cuberto de heparina|osixenadores de sague cubertos de heparina]] para usalos en máquinas (bombas) corazón-pulmón. Entre outras cousas, estes osixenadores especializados están pensados para mellorar a [[biocompatibilidade]] total e a homeostase do hóspede proporcionando características similares ás dun endotelio nativo.
 
* Os sitios de unión ao [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] da [[ARN polimerase]] poden ser ocupados pola heparina, o que impide que a polimerase se una á rexión promotora do ADN. Esta propiedade aprovéitase en diversos ensaios de [[bioloxía molecular]].
 
* Os procedementos de diagnóstico máis comúns requiren a amplificación pola técnica da [[PCR]] do ADN do paciente, o cal se extre facilmente do [[glóbulo branco|glóbulos brancos]] do sangue tratados con heparina. Isto presenta un potencial problema, xa que a heparina pode extraerse xunto con ADN, e viuse que isto interfire coa reacción da PCR mesmo a niveis tan baixos como 0,002 U por 50 μL da mestura de reacción.<ref>{{Cita publicación periódica | author=Yokota M, Tatsumi N, Nathalang O, Yamada T, Tsuda I. | title = Effects of Heparin on Polymerase Chain Reaction for Blood White Cells | journal = J. Clin. Lab. Anal. | year=1999 | volume=13 | pages=133–140 | pmid = 10323479 | doi=10.1002/(SICI)1098-2825(1999)13:3<133::AID-JCLA8>3.0.CO;2-0 | issue=3}}</ref>
 
* A heparina inmobilizada pode utilizarse como un [[ligando]] de afinidade na purificación de proteínas. O formato da heparina inmobilizada pode variar amplamente desde superficies plásticas cubertas para o diagnóstico a resinas de [[cromatografía]]. A maioría dos tipos da heparina inmobilizada poden utilizarse de tres maneiras. A primeira é usala para seleccionar [[factor de coagulación|factores de coagulación]] específicos ou outros tipos de proteínas que se unen á heparina que forman parte dunha mestura complexa de proteínas que non se poden unir á heparina. Despois poden disociarse da heparina proteínas específicas utilizando diferentes concentracións de sales ou usando un gradiente salino. O segundo modo é utilizar a heparina como un cambiador catiónico de alta capacidade. Este uso aproveita o feito de que a heparina ten un grande número de grupos sulfato aniónicos. Estes grupos capturan as moléculas ou proteínas que teñen unha carga global positiva, é dicir, non interveñen na coagulación e non se unen a nucleótidos. O terceiro xeito de utilizar a heparina inmobilizada é a purificación específica de grupos de proteínas que se unen ao [[ARN]] e [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], como [[factor de transcrición|factores de transcrición]] e/ou proteínas de virus. Esta metodoloxía baséase na semellanzsa estrutural da heparina co ARN e ADN, por ser unha macromolécula formada por azucres cargados negativamente.
 
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.healthheritageresearch.com/Heparin-Conntact9608.html Historia da heparina] {{en}}
 
 
{{Carbohidratos}}
393.002

edicións