Diferenzas entre revisións de «Luís Antón del Olmet»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegue unha acta de deputado por [[Almería]] militando ás ordes de [[Eduardo Dato]]. Para afianzar a súa lealdade á situación funda o 1 de abril ''[[El Parlamentario]]'', do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, [[Fernández Flórez]], [[Francisco Camba]] e Basilio Álvarez. En 1916 apareceu en ''El Parlamentario'', quincenalmente a folla [[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]], dirixida polo propio Basilio.
 
Colaborou co agrarismo de Acción Gallega e en febreiro de 1917 tiña o proxecto de sacar á luz en Ourense o periódico ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'' con Basilio Álvarez como director. O seu nome soou como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista para as eleccións de febreiro de [[1918]] por Celanova, pero desistiu ante a presentación de [[Luís Porteiro Garea]] como candidato rexionalista. Descartado Celanova, barallou presentarse polo distrito de Trives. A principios de febreiro chegou a [[Ourense]] para facer campaña<ref>Noticia en ''[[El Ideal Gallego]]'', 16-2-1918, p. 1. </ref>. Finalmente optou por intentar a representación do distrito de Verín; puxo en marcha ''La Raza'' como órgano de propaganda, e fixo campaña na [[comarca de Verín]] con Basilio Álvarez e [[Heriberto Pérez Proenza]], para finalmente resultar derrotado o 24 de febreiro polo candidato conservador [[Luis Espada Guntín]]<ref>No seu libro ''Galicia, llora'' fai o relato destas andanzas como candidato popular.</ref>.
 
Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de [[Madrid]]. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28OLMET%29.DIPU. Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Anton del Olmet Lopez, Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Anton del Olmet Lopez, Luis}}
[[Categoría:Escritores de España]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
393.002

edicións