Dextrina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 33:
[[Ficheiro:Dextrin_skeletal.svg|miniatura|Unha dextrina con [[enlace glicosídico|enlaces O-glicosídicos]] α-(1→4) e α-(1→6).]]
 
As '''dextrinas''' son un tipo de [[oligosacárido]]s ou pequenos [[polisacárido]]s formados por glicosa producidos pola [[hidrólise]] do [[amidón]] <ref>An Introduction to the chemistry of plants - Vol II: Metabolic processes, P. Haas and T. G. Hill, London (Longmans, Green & Co.), 1913; pages 123-127</ref> ou do [[glicóxeno]] <ref>Salway, JG. Medical Biochemistry at a Glance. Second Edition. Malden, MA (Blackwell Publishing), 2006; page 66</ref> e de peso molecular moito menor ca estes. As dextrinas preséntanse como mesturas de polímeros formados por moléculas de glicosa unidas por [[enlace glicosídico|enlaces O-glicosídicos]] α-(1→4) ou α-(1→6).
 
As dextrinas poden producirse a partir do amidón pola acción de [[encima]]s [[amilase]]s, durante a dixestión no corpo humano ou durante o malteado e maceración,<ref>Michael Lewis, Tom W. Young (2002), "Brewing"‎, Kluwer Academic, ISBN 0-306-47274-0.</ref> ou aplicando calor seca en condicións ácidas ([[pirólise]] ou [[torrado]]). Este último proceso utilízase industrialmente, e tamén ocorre na superficie do pan durante a súa cocción, contribuíndo a darlle o seu aroma, cor, e frescura. As dextrinas que se producen por quentamento denomínanse tamén ''pirodextrinas''. Durante o proceso de torrado en condicións ácidas o amidón hidrolízase, pero as cadeas resultantes, en parte, volven a formar ramificacións establecendo enlaces α-(1,6) co amidón degradado.<ref>Alistair M. Stephen, Glyn O. Phillips, Peter A. Williams (2006), "Food polysaccharides and their applications 2nd edition", p 92-99, CRC Press, Taylor & Francis Group, ISBN 0-8247-5922-2</ref>
Liña 40:
 
As dextrinas poden utilizarse para producir pegamentos.
 
 
==Aplicacións==
Liña 58 ⟶ 57:
== Outros tipos de dextrinas==
[[Ficheiro:AlphaCyclodextrin structure.png|miniatura|dereita|Ciclodextrina.]]
* [[Maltodextrina]]. É un carbohidrato de cadea curta xelatinoso derivado do amidón usado como [[aditivo alimentario]]. Tamén se orixina por [[hidrólise]] encimática do amidón xelatinizado e preséntase xeralmente como un po higroscópico de cor crema. A maltodextrina pode dixerirse facilmente, orixinando glicosa, que se absorbe rapidamente, e pode ser moderadamente doce ou non ter apenas sabor.
 
* [[Ciclodextrina]]. As dextrinas cíclicas coñécense como ciclodextrinas. Fórmanse pola degradación encimática do amidón realizada por certas [[bacteria]]s, por exemplo, ''[[Bacillus macerans]]''. As ciclodextrinas teñen estruturas toroidais formadas por de 6 a 8 residuos de [[glicosa]].
 
* [[Amilodextrina]]. É unha dextrina liñal ou unha curta cadea de [[amilosa]] de 20 a 30 residuos, que pode producirse por hidrólise encimática dos enlaces glicosídicos α-1,6 ou por desramificación da [[amilopectina]]. Tinguida con ioduros dá unha cor azul.
 
* [[Dextrina límite]] (β). A '''dextrina límite''' é o polímero que queda cando se produce a hidrólise encimática con β [[amilase]]s da [[amilopectina]]. Este encima non pode romper os enlaces α-1,6, polo que detén a hidrólise ao chegar aos puntos de ramificación, deixando o resto, a dextrina límite, sen degradar.
 
* [[Dextrina límite]] (α). É o resto que queda cando a amilopectina é atacada con α [[amilase]]s.
 
* Dextrina cíclica moi ramificada. É unha dextrina producida pola degradación encimática da amilopectina en grupos e usando encimas ramificadores para formar grandes moléculas cíclicas.<ref>T. Hiroki, K. Iwao, T. Noboru,S. Yuji, Y. Mikio, Journal: Seibutsu Kogakkaishi, Vol:84; No:2; Page: 61-66 (2006), Industrial Production of Branching Enzyme and Its Application to Production of Highly Branched Cyclic Dextrin (Cluster Dextrin)[http://sciencelinks.jp/j-east/article/200607/000020060706A0166024.php]</ref>
 
Liña 80 ⟶ 74:
===Ligazóns externas===
*[http://www.cfsan.fda.gov/~dms/eafus.html EAFUS]
 
 
 
{{Carbohidratos}}