Diferenzas entre revisións de «Super Audio CD»

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
Sem resumo de edição
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
Aínda que utiliza a tecnoloxía DVD, o SACD non pode ser reproducido en calquera lector DVD (en ningún dos tipos universal, [[DVD-Video|vídeo]], [[DVD-Audio|son]]), posto que non utiliza o mesmo tipo de codificación de son do disco DVD. Tamén, aínda que está concibido só para son, permite reservar unha zona dentro do disco para outros datos e permite incluír vídeo, texto, gráficos etc.
 
O SACD utiliza un sistema de codificación de son dixital chamado [[Direct Stream Digital]] (DSD), unha [[modulación sigma-delta]] a 1 bit, feito por [[Sony]], cunha frecuencia de mostraxe de 2.822.400  Hz (2,82  MHz), o que significa que toma 2,8 millóns de mostras dun único bit ([[Modulación PDM]]) por segundo. Esta é 64 veces maior que a taxa de mostraxe do CD, que é de 44.100  Hz (44,1  kHz) e 14,7 veces maior que a da dun DVD-Audio, que vai até 192.000  Hz (192  kHz).
 
A [[resposta en frecuencia]] do SACD alcanza os 100  kHz, moi por encima dos 20  kHz (frecuencia considerada límite da audición humana). Mais é necesario ter en conta que esta tecnoloxía non mantén constante en todo o seu rango o [[ruído de cuantificación]], isto é, a relación sinal ruído de cuantificación (SNQR) deteriórase significativamente por riba da banda de audiofrecuencias. A frecuencia crítica do [[CD son]] é de 22,05  kHz (tamén por encima do límite audible), aínda que os filtros analóxicos dos reprodutores atenúan progresivamente desde os 20  kHz. En todo caso, o potencial ultrasónico dun formato de son dixital é unha característica discutible. Tamén a existencia de sinais con compoñentes ultrasónicas podería xerar distorsión por intermodulación en amplificadores normais de audiofrecuencia.
 
Proporciona un [[rango dinámico]] extenso —de 120  dB— (só na banda de audiofrecuencias) que supera os 98,01  dB do CD.
 
Un disco en formato SACD dunha capa ten maior capacidade de almacenamento (4,7 [[Gigabyte|GB]]) con respecto ao CD (700 [[Megabyte|MB]]). Isto é posible grazas a que se reduciu a anchura das pistas, o tamaño dos pits (marcas de gravación sobre a superficie do disco) e ao tipo de compresión sen perdas que emprega a tecnoloxía (DSD). Esta propiedade permítelle ao SACD chegar a ofrecer 6 canais de son, con idéntica calidade nas mesmas.
* 1 soa capa, para ler o SACD estéreo.
* 2 capas, para ler o SACD estéreo e o SACD multicanal.
* 3 capas, para ler o SACD estéreo, o SACD multicanal e o CD convencional.
 
Cada capa é lida por un [[raio láser]] cunha diferente lonxitude de onda (a maior lonxitude de onda, maior profundidade, co que se poden ler as capas inferiores). A información de cada capa resulta invisible ao láser dun reprodutor doutro formato.
Os SACD de tres capas que permiten a compatibilidade co CD, son os chamados SACD híbridos, que son máis complexos de producir que os SACD simples, máis son os máis habituais, pois teñen maior cota de mercado.
 
[[Sony]] e [[Philips]], sendo os deseñadores do formato, son os principais fabricantes de reprodutores, tanto de forma convencional, como combinados con reprodutores de DVD. A consola de videoxogos [[PlayStation 3]] (versión 60GB) permite tamén a reprodución de SACD multicanal.
393.002

edicións