Istmo de Tehuantepec: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Isthmus of Tehuantepec-aeac.jpg|miniatura|Localización do istmo de Tehuantepec]]
[[Ficheiro:Oaxraca fisico regiones.png|miniatura|Mapa da rexión do istmo]]
O '''istmo de Tehuantepec''' é unha rexión comprendida entre os estados de [[Oaxaca]], [[Chiapas]], [[Tabasco]] e [[estado de Veracruz|Veracruz]] en [[México]]. Trátase da zona máis angosta entre os dous océanos ([[océano Pacífico]] e [[océano Atlántico]]) que posúe México. É unha zona rica en petróleo e recursos forestais. Tamén é unha das rexións con maior presenza indíxena do país. Nela conviven [[huave]]s, [[zapoteco]]s e [[zoque]]s.
 
Os principais centros de poboación do istmo de Tehuantepec son [[Coatzacoalcos]], [[Minatitlán]] e [[Acayucan]] en Veracruz; e [[Juchitán de Zaragoza]], [[Matias Romero]], [[Salina Cruz]] e [[Santo Domingo Tehuantepec]], no estado de Oaxaca. Esta última poboación confírelle o nome á rexión. Aínda que se trata dun pobo fundado por zapotecos, o nome é [[náhuatl]], e significa ''Cerro do xaguar'' (de ''tecuani'' = xaguar; ''tépetl'' = ''cerro''; e ''-co'' = sufixo de lugar).
Liña 10:
O [[istmo]] de Tehuantepec é unha rexión de México onde os océanos [[océano Atlántico|Atlántico]] e [[océano Pacífico|Pacífico]] se localizan a unha curta distancia, e por esta razón é a fronteira natural entre Norteamérica e Centroamérica. Aproximadamente corresponde ás rexións Olmeca, do estado de [[Veracruz de Ignacio de la Llave|Veracruz]], e aos distritos de [[Santo Domingo Tehuantepec|Tehuantepec]] e [[Juchitán de Zaragoza|Juchitán]], que conforman a rexión do Istmo de Tehuantepec no estado de Oaxaca.
 
O istmo abrangue unha parte de México localizada entre os meridianos 94° e 96° Oeste. No seu punto máis angosto, o istmo alcanza os 200 [[km]] de distancia entre o océano Pacífico (ou máis precisamente, o [[golfo de Tehuantepec]]) e o golfo de México; ou ben, alcanza os 192  km entre o golfo e a cabeceira do lago Superior, que desemboca no golfo de Tehuantepec. En Tehuantepec, a serra [[Madre del Sur]] convértese nun paso de pouca altura e plano, apenas ondulado por algúns outeiros que se levantan na chaira.
 
=== Relevo ===
O istmo de Tehuantepec é unha rexión localizada no sueste de México. É unha zona practicamente chá, salvo pola presenza das lombas e cerros que compoñen a [[serra Atravesada]]. Esta ten uns 250  km de lonxitude, e ten o seu punto máis elevado no paso de Chivela, a uns 2.500 [[msnm]]. Máis ao oriente, preto do límite entre os estados de Oaxaca e Chiapas, atópase o cerro Azul, que alcanza unha [[altitude]] de 2.300 msnm.
 
Ao oriente da chaira do istmo de Tehuantepec, no territorio [[Chiapas|chiapaneco]], érguense as serras do Norte de Chiapas e a serra [[Madre de Chiapas]]. Ao poñente, no estado de [[Oaxaca]], atópase a [[serra Madre del Sur]] e a [[serra Madre de Oaxaca]], coñecida tamén como serra de Juárez. Ao norte, na costa veracruzana, a [[serra dos Tuxtlas]] rompe a planicie costeira meridional do [[golfo de México]].
 
=== Xeoloxía ===
O istmo de Tehuantepec está repartido entre tres das quince provincias fisiográficas nas que o Instituto Nacional de Xeografía, Estatística e Informática de México ([[Inegi]]) dividiu a República Mexicana.
 
A parte norte do istmo corresponde ás subprovincias da Chaira Costeira Veracruzana e dos Pantanos Tabasqueños, correspondentes ambas as dúas á provincia da Chaira Costeira do Golfo Sur. Esta zona caracterízase por posuír [[solo]]s profundos, de orixe aluvial, debido sobre todo á presenza dalgúns dos ríos máis caudalosos de México, como o Coatzacoalcos ou o Papaloapan.
 
Unha pequena fracción, localizada no punto onde se unen os límites dos estados de [[Chiapas]], Oaxaca e Veracruz corresponde á subprovincia da Serra do Norte de Chiapas, da provincia das Serras de Chiapas e Guatemala. Esta provincia esténdese cara [[Guatemala]], e corresponde aproximadamente coa zona que se coñece como Los Altos. Trátase dunha zona de serras baixas, que van elevándose cara ao oriente.
 
A metade sur do istmo sinala o comezo da provincia fisiográfica da cordilleira Centroamericana. Abarca a zona costeira do [[golfo de Tehuantepec]], así como a chaira do istmo. A metade norte do territorio oaxaqueño correspondente ao istmo de Tehuantepec está ocupada pola subprovincia de Serras do Sur de Chiapas, que é equivalente á serra Atravesada. A subprovincia prolóngase cara ao sueste no territorio chiapaneco. A metade sur corresponde a unha descontinuidade fisiográfica<ref>Unha ''descontinuidade xeográfica'', segundo o INEGI, é unha ''área enclavada dentro dunha provincia fisiográfica, cunha orixe e unha morfoloxía que non corresponden á mesma e que cumpre os requisitos para construír en si unha provincia fisiográfica á parte, pero que non pode ser considerada como tal por non ter a extensión nin a diferenciación internas suficientes para poder ser dividida en subprovincias.''</ref> das Chairas do Istmo. A provincia da Cordilleira Centroamericana emerxeu na [[zona de subdución]] da [[placa de Cocos]], e trátase dun conxunto de serras de rochas graníticas, unha paisaxe ben diferente á chaira istmeña.
Liña 31:
[[Ficheiro:Istmo de Tehuantepec hidro.png|miniatura|200px|Hidroloxía do istmo de Tehuantepec.]]
 
Os ríos do istmo de Tehuantepec poden ser agrupados en dúas vertentes. No norte, no territorio veracruzano, atópase a vertente do [[golfo de México]]. Nesta vertente desembocan os ríos que forman parte da Rexión Hidrolóxica 29 de Coatzacoalcos. Pertence a esta rexión a cunca do [[río Coatzacoalcos]], na que se encontran numerosos afluentes deste, que é un dos ríos máis caudalosos de México. Case todos eles baixan das ladeiras norteñas da serra Madre de Oaxaca. Destaca o río Uxpanapa en territorio veracruzano, e os ríos Alana, Puxmetacán-Trinidad, El Corte e Aguacatenango-Jaltepec, en Oaxaca. A cunca do río Coatzacoalcos ten unha superficie de case 18 mil [[km²]] e o curso que lle dá o nome alcanza unha lonxitude de 325 &nbsp;km. Desauga no golfo de México un total 32 mil 752 [[hm³]]/[[Segundo|s]]. Con estes números, o Coatzacoalcos é o cuarto río máis caudaloso da vertente do golfo mexicano, despois do [[río Grijalva]], o [[río Papaloapan]] e o [[río Pánuco]].
 
Outra cunca pertencente a esta rexión [[hidroloxía|hidrolóxica]] é a do [[río Tonalá]], río que sinala o límite entre os estados de Veracruz e Tabasco, e que ademais comprende os pantanos tabasqueños nos que se localiza [[La Venta]]. Aínda que de dimensións máis modestas, a cunca do Tonalá desauga máis de 11 mil hm<sup>3</sup>/s, tamén no golfo de México.
 
No oriente do istmo, a zona da serra Atravesada forma parte da Rexión Hidrolóxica 30 do Usumacinta-Grijalva, aínda que non hai correntes de agua de importancia na rexión.
 
Practicamente toda a rexión das chairas istmeñas forma parte da Rexión Hidrolóxica 22 de Tehuantepec. A rexión comprende dúas cuncas: a do [[río Tehuantepec]] propiamente dito, río que nace na serra Madre del Sur no noroeste do istmo; e a da Laguna Superior.
 
A cunca do río Tehuantepec ocupa máis da novena parte da superficie do estado de [[Oaxaca]]. É dicir, máis de 10 mil km². O principal río da cunca é o río Tehuantepec, de 240 &nbsp;km de lonxitude. Desauga 950 hm<sup>3</sup>/s no golfo de Tehuantepec. Pouco antes da súa desembocadura recibe as augas do río Tequisistlán. Na confluencia de ambas correntes localízase a presa Benito Juárez. A outra cunca que conforma a rexión hidrolóxica 22, a da Lagoa Superior, comprende case toda a rexión da chaira ístmica. A lagoa Superior recibe as augas de pequenos ríos que baixan principalmente da serra Atravesada. Entre eles están os ríos Perros, Espíritu Santo e Ostuta. A lagoa Superior desemboca na lagoa Inferior, que á súa vez desauga no golfo de Tehuantepec.
 
A cunca do mar Muerto, na Rexión Hidrolóxica 23 da Costa de Chiapas comprende o oriente da chaira istmeña, nos límites de Oaxaca e Chiapas. Caracterízase pola presenza do lago chamado [[mar Muerto]], paralelo á costa do golfo de Tehuantepec. A cunca deste lago abrangue case 900 &nbsp;km de superficie do estado de Oaxaca.
 
=== Climatoloxía ===
A rexión enteira pertence a unha zona de clima tropical cálido, excepto as elevacións da serra Atravesada, onde os ventos provenientes do Pacífico proporcionan un clima comparativamente máis cálido. O promedio anual de pluviosidade na vertente atlántica do istmo de Tehuantepec (a costa do golfo de México) é de 3.960 &nbsp;mm, en tanto que as temperaturas alcanzan os 35&nbsp;°C. A vertente do Pacífico ten un clima máis seco e menos cálido.
 
== Xeografía humana ==