Ramnosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 46:
}}
}}
A '''ramnosa''' é un [[monosacárido]] de seis átomos de carbono [[metilación|metilado]]. Pode clasificarse como unha [[hexosa|desoxihexosa]], porque é un desoxiazucre cun [[grupo OH]] de menos, tamén denominado [[manosa|6-desoxi-L-manosa]], ou pode clasificarse como unha metilpentosa, é dicir, unha [[pentosa]] cun [[grupo metilo]] ou CH<sub>3</sub>, que está situado no último carbono (en total ten seis carbonos).
 
O [[enantiómero]] que se encontra na natureza é a L-ramnosa (ou 6-desoxi-L-manosa), xa que a forma D é extremadamente rara, o que é pouco habitual nos monosacáridos. O seu nome provén das plantas do xénero ''[[sanguiño|Rhamnus]]'' das que se illou por primeira vez <ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/rhamnose Definición]</ref>. Tamén pode obterse da especie ''[[Toxicodendron vernix]]'' ou atoparse noutras plantas en forma de [[glicósido]].
Diversas substancias biolóxicas conteñen ramnosa, como os [[polímero]]s de [[pectina]], característicos das [[parede celular|paredes celulares]] vexetais, e na parede de certos [[microorganismo]]s, como as [[micobacteria]]s, entre eles as causantes da [[tuberculose]].<ref>{{cita libro |editor=Golan, David E. |outros=Armen H. Tashjian Jr., Ehrin J. Armstrong, Joshua N. Galanter, April Wang Armstrong, Ramy A. Arnaout, Harris S. Rose |título=Principles of Pharmacology: The Pathophysiologic Basis of Drug Therapy |ano=2005 |editorial=Lippincott Williams and Wilkins |idioma=English |isbn=0-7817-4678-7 |páxinas=569 |capítulo=Chapter 35 - Pharmacology of the Bacterial Cell Wall }}</ref>
 
Extractos de ramnosa das plantas do xénero ''[[Uncaria]]'' téñense utilizado para fabricar cremas antienrugas <ref>{{Cita web|url=http://www.telegraph.co.uk/health/healthnews/8306768/Chemical-from-tropical-flower-latest-weapon-against-wrinkles.html|title=Chemical from tropical flower latest weapon against wrinkles|publisher=[[The Daily Telegraph]]|date=February 6, 2011|accessdate=January 7, 2011}}</ref>.
Liña 60:
=== Ligazóns externas ===
* [http://vir.sgmjournals.org/cgi/content/abstract/28/1/29 Utilización de L-ramnosa no estudo da adsorción irreversible do bacteriófago PL-1 á bacteria ''Lactobacillus casei''] Journal of General Virology.
 
 
{{Carbohidratos}}