Diferenzas entre revisións de «Georges-Louis Leclerc»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
 
== Biografía ==
Buffon naceu en [[1707]] no castelo de Montbart, xunto a [[Semur]], nunha familia de ricos e altos funcionarios.
 
Tras estudar no colexio de dos [[xesuíta]]s de [[Dijon]], licenciouse en [[dereito]] en [[1726]]. Preferindo as ciencias, contrariando á súa familia, foi a estudar [[matemáticas]] e [[botánica]] a [[Angers]] en [[1728]].
Alí leu a [[Newton]], e seguiu cursos de [[medicina]] pero, despois de matar nun duelo a un oficial croata, viuse obrigado a abandonar a universidade e refuxiarse en Dijon e despois en [[Nantes, Francia|Nantes]].
 
En Nantes reencontrou ao [[Duque de Kingston]], un aristócrata inglés que percorría Europa como viaxe de licenciatura xunto ao seu preceptor. *Entablou unha estreita amizade con el e decidiu seguilo no seu periplo, que os levou a [[La Rochelle]], [[Bordeos]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Béziers]] e [[Montpellier]], e despois a [[Italia]], onde pasaron por [[Turín]], [[Milán]], [[Xénova]], [[Florencia]] e [[Roma]], aproveitando a viaxe para acumular libros.
 
De volta a Francia foi elixido membro da ''Academia de Ciencias de Francia'', con só 27 años, e despois ''Gardián dos Xardíns Reais'' (máis tarde ''[[Jardin des Plantes de París|Jardin des Plantes]]'') en [[París]], desde [[1739]].
 
Daquela, contando trinta e dous anos, pedíuselle que fixera unha descrición metódica das coleccións conservadas no gabinete real, o que impulsou a súa dedicación á [[ciencia|Historia Natural]] durante os corenta e nove anos seguintes que lle quedaban de vida, distribuíndo o seu tempo entre París e Montbart.
 
Durante este período transformou os xardíns reais nun museo e centro de investigación, ampliando o parque considerabelmente coa inclusión de numerosas plantas e árbores procedentes de todo o mundo.
 
En [[1773]] foille outorgado o título de Conde de Buffon.
 
Morreu en París en [[1788]].
 
== Obra ==
A obra máis célebre de Buffon é a súa ''Historia natural, xeral e particular'' (''Histoire naturelle, générale et particulière'') en 36 volumes publicados entre [[1749]] e [[1788]] e con 8 volumes adicionais publicados á súa morte (por [[Bernard de Lacépède|Lacépède]]).
 
Esta obra engloba o coñecemento do mundo natural até aquela data, excluíndo as plantas, os insectos, os peixes e os moluscos. As descricións de animais non foron probabelmente escritas por el, xa que estas descricións aburríano e as confiaba a miúdo aos seus colaboradores, reservando para si as grandes visións de conxunto e as hipóteses acerca da estrutura do mundo e da organización gradual e as transformacións sucesivas da materia inanimada ou a vivente. O verdadeiro Buffon debe buscarse na ''Teoría da Terra'' e nas ''Épocas da Natureza''.<ref>Cf. G. Lanson e P. Truffau, ''Historia de la literatura francesa'', Barcelona: Labor S. A., 1956, páx. 388.</ref>
 
=== Xeoloxía ===
Buffon expuxo as súas ideas sobre xeoloxía en ''Historia e teoría da Terra'', publicada en [[1744]], un tratado que viña a constituír o principio da súa ''Historia natural''. Este discurso, non moi extenso, vai seguido de ''Probas'' distribuídas en dezanove artigos que constitúen unha especie de expediente xustificativo, xa que Buffon distingue entre ''teoría'' (historia onde só figuran feitos demostrados e debidamente comprobados) e ''sistema'' (hipótese incomprobábel acerca das orixes).
 
El pretende escribir só teoría. En canto á materia xeolóxica, a desorde da Terra es só aparente, xa que a terra se deposita en forma de estratos, atribuíndo esta [[estratigrafía|estratificación]] á obra da auga, tanto a do mar como a do ceo que, por medio da [[erosión]], desfai a orde estratificada pola auga mariña. Esta explicación que atribúe as modificacións da paisaxe á acción exclusiva da auga denomínase ''[[neptunismo]]''. Pero, a partir de [[1745]], data da primeira das ''Probas'', engade a esta explicación a formación polo lume, hipótese chamada ''vulcaniana'' ou ''[[vulcanismo]]''. Máis tarde recoñeceu que o lume era o axente principal das transformacións xeolóxicas e desenvolveu magnificamente esta hipótese nas súas ''Époques de la Nature'' ([[1778]]).
 
Cando Buffon publicou ''Les Époques de la Nature'' contaba xa setenta e un anos, polo que constitúe o seu testamento intelectual e unha síntese de todos os seus traballos. Na introdución afirma que quere anotar os cambios sucesivos da Natureza. Establece sete épocas segundo os feitos, os monumentos e as tradicións.
 
* Na primeira, a materia do [[Terra|globo]] estaba fundida polo lume e a Terra adquiría a súa forma, elevándose no [[Ecuador]] e achatándose nos polos a causa do [[movemento|movemento de rotación]].
 
* Na segunda, a materia achábase consolidada xa formando grandes masas de materias vitrescíbeis.
* Na terceira, o mar, que cubría a Terra actualmente habitada, alimentaba aos animais provistos de cuncha ou [[molusco]]s, cuxos despoxos formaron as substancias calcarias.
 
* Na terceira, o mar, que cubría a Terra actualmente habitada, alimentaba aos animais provistos de cuncha ou [[molusco]]s, cuxos despoxos formaron as substancias calcarias.
 
* Na cuarta produciuse a retirada dos mares que cubrían os continentes.
 
* Na quinta, os elefantes, hipopótamos e outros animais do sur habitaron as terras do norte.
 
* Na sexta, separáronse os dous continentes e apareceu o home.
 
* Na sétima época, o home se desenvolveu.
 
=== Bioloxía ===
* En [[embrioloxía]], Buffon defendeu unha teoría [[epixenetismo|epixenética]]. Fronte ao [[preformacionismo]] dominante na época, Buffon postulou a existencia de "moléculas orgánicas", entidades primitivas e incorruptíbeis que constituirían a todos os seres vivos, uníndose por "intrususcepción" ao longo da [[embrioxénese]].
* En canto á súa concepción do organismo, no seu ''Discours sur la Nature des Animaux'' Buffon distingue entre as partes animal e vexetativa dos animais, unha distinción que sería máis tarde desenvolvida por [[Xavier Bichat]] e [[Cuvier]]: as funcións vexetativas ou orgánicas están sempre actuando e son realizadas polos órganos internos, dos cales o corazón é o órgano principal; as funcións animais son realizadas polas partes externas (os órganos dos sentidos e as extremidades). Así, podería dicirse que un animal é un complexo de órganos que cumpren as funcións vexetativas (asimilación, crecemento e reprodución) cuberto por un envoltorio formado polas extremidades, os órganos dos sentidos, os nervios e o cerebro, que sería o centro deste envoltorio. Os animais poden diferir uns dos outros nas súas partes externas sen mostrar grandes diferenzas na ordenación das súas partes internas. Porén, se os órganos internos cambian, as partes externas cambiarán infinitamente.<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páxs. 25 e 26.</ref>
 
* Buffon é un dos grandes expoñentes da idea da ''[[Scala naturae]]''. Así, Buffon ordena os seres orgánicos de maneira gradual, aínda que a gradación non é de tipo morfolóxico senón funcional.<ref>Buffon (1749): ''Histoire naturelle'', i., p. 13; ii, p. 9; iv., p. 101; e xiv., páxs. 28-29.</ref>
* En canto á súa concepción do organismo, no seu ''Discours sur la Nature des Animaux'' Buffon distingue entre as partes animal e vexetativa dos animais, unha distinción que sería máis tarde desenvolvida por [[Xavier Bichat]] e [[Cuvier]]: as funcións vexetativas ou orgánicas están sempre actuando e son realizadas polos órganos internos, dos cales o corazón é o órgano principal; as funcións animais son realizadas polas partes externas (os órganos dos sentidos e as extremidades). Así, podería dicirse que un animal é un complexo de órganos que cumpren as funcións vexetativas (asimilación, crecemento e reprodución) cuberto por un envoltorio formado polas extremidades, os órganos dos sentidos, os nervios e o cerebro, que sería o centro deste envoltorio. Os animais poden diferir uns dos outros nas súas partes externas sen mostrar grandes diferenzas na ordenación das súas partes internas. Porén, se os órganos internos cambian, as partes externas cambiarán infinitamente.<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páxs. 25 e 26.</ref>
 
* Buffon é un dos grandes expoñentes da idea da ''[[Scala naturae]]''. Así, Buffon ordena os seres orgánicos de maneira gradual, aínda que a gradación non é de tipo morfolóxico senón funcional.<ref>Buffon (1749): ''Histoire naturelle'', i., p. 13; ii, p. 9; iv., p. 101; e xiv., páxs. 28-29.</ref>
 
* Buffon foi tamén un firme crente na unidade do plano estrutural dos [[vertebrado]]s. Por vez primeira, e aínda que fora a modo de hipótese, se explica a unidade do plano por unidade de orixe.<ref>Russell (1916):. ''Form and Function'', páx. 24.</ref>
* Buffon rexeita a obxectividade da [[Taxonomía|sistemática]], especialmente a [[Linneo|linneana]], á que considera totalmente artificial. Porén, propón un concepto de [[Especie (bioloxía)|especie]] moi próximo ao concepto biolóxico moderno, fundamentado na permanencia dos caracteres ao longo das xeracións e na imposibilidade de obter descendentes fecundos entre dúas especies diferentes. En opinión de Buffon, os baleiros entre especies son a única descontinuidade mostrada pola Natureza.
 
* O [[transformismo (bioloxía)|transformismo]] de Buffon está limitado ao interior das especies. Se ben Buffon especula sobre a posibilidade dun tipo orixinal de onde descenderían o resto dos animais mediante transformacións morfolóxicas, finalmente rexeita esta hipótese baseándose na constancia das especies e na infertilidade dos híbridos. A tese de que Buffon era un evolucionista convencido que corrixiu as súas opinións por medo á Igrexa non se acepta xa por ningún dos expertos na obra de Buffon. Como sinala Russell,<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páx. 25.</ref> Buffon refuta a posibilidade transformista apelando a criterios racionais e non a un acto de fe: como podería suceder que dous individuos "dexenerasen" na mesma dirección? Como é que non encontramos ligazóns intermedias entre as especies?. Para Buffon, as "dexeneracións" podería afectar tan só ao tipo orixinal dunha especie por influencia especialmente do clima. Porén, o seu cuestionamento da constancia absoluta da especie, as súas reflexións sobre a historia da Terra, a fecundidade dos híbridos, o papel do medio e a [[bioxeografía]], abrirá a vía á bioloxía [[lamarck]]iana. (Schmitt 2006: 97).
 
* En [[anatomía|anatomía comparada]], aínda que a súa obra non destaca polas súas observacións detalladas, ofrece un programa de investigación que tería unha forte influencia. Por un lado, insiste na importancia do estudo das estruturas internas (e non só da morfoloxía externa) para a comprensión do funcionamento dos organismos. Este proxecto será posto en marcha por [[Daubeton]] e [[Vicq d'Azyr]] e conducirá á gran síntese de [[Georges Cuvier]]. Por outro lado, Buffon, desconfiando da causalidade final, tende a adoptar un enfoque puramente morfolóxico, considerando as formas independentemente da súa función. Esta vía conducirá aos traballos de [[Goethe]] e [[Geoffroy Saint-Hilaire]]. (Schmitt 2006: 97)
 
 
=== Astronomía. As súas dificultades coa Igrexa ===
En ''Les Époques de la Nature'' Buffon estuda a orixe do [[Sistema Solar]], especulando que os [[planeta]]s poderían terse formado pola colisión sucesiva de [[cometa]]s contra o [[Sol]].
 
Tamén suxeriu que a idade da Terra debía de ser bastante máis elevada que os 6000 anos proclamados pola Igrexa, calculados a partir da Biblia remontándose até o Xénese. Baseándose na taxa de arrefriamento do ferro fundido, calculou que a idade da Terra sería duns 50000 anos.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
* Lanson, G & P. Truffau (1956): ''Historia de la literatura francesa''. Barcelona: Labor.
* Roger, Jacques (1989): ''Buffon: un philosophe au Jardin du Roi''. Paris: Fayard. ISBN 2-213-02265-8
* Schmitt, Stéphane (2006): ''Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution''. Paris: Ed. Belin.
 
=== Outros artigos ===
{{Historia natural}}
 
{{ORDENAR:Leclerc, Georges-Louis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Leclerc, Georges-Louis}}
[[Categoría:Arqueoloxía]]
[[Categoría:Personalidades da bioloxía de Francia]]
385.528

edicións